Vous êtes sur la page 1sur 8

AVALIACIN DO PROXECTO DE REGULAMENTO ESPECFICO DOS PROCEDEMENTOS DE DESPEDIMENTO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL AO SERVIZO DAS ADMINISTRACINS PBLICAS.

Gabinete Tcnico Confederal Luis Burgos

Contidos:

ANTECEDENTES ........................................................................ 1 CONTIDO ................................................................................. 2 O carcter colectivo ................................................................. 2 As causas de despedimento ..................................................... 2 Inicio do procedemento ........................................................... 3 Perodo de consultas ................................................................ 4 Plano de re-colocacin externa ................................................ 4 Finalizacin do procedemento ................................................. 4 AVALIACIN ............................................................................ 5

PROXECTO DE REGULAMENTO ESPECFICO DOS PROCEDEMENTOS DE DESPEDIMENTO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL AO SERVIZO DAS ADMINISTRACINS PBLICAS.

ANTECEDENTES.
A disposicin adicional vixsima do E.T., despois da reforma laboral, establece: O despedimentos por causas econmicas, tcnicas, organizativas ou de producin do persoal laboral ao servizo dos entes, organismos e entidades que forman parte do sector pblico, de acordo co artigo 3.1 do texto refundido da Lei de Contratos do Sector Pblico, efectuarase conforme ao disposto nos artigos 51 e 52.c) do E.T. e as sas normas de desenvolvemento e no marco dos mecanismos preventivos e correctivos regulados na normativa de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira das Administracins Pblicas. A efectos das causas destes despedimentos nas Administracins Pblicas a que se refire o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Pblico, entenderase que concorren causas econmicas cando se produza nas mesmas unha situacin de insuficiencia orzamentaria sobrevida e persistente para o financiamento dos servizos pblicos correspondentes. En todo caso, entenderase que a insuficiencia orzamentaria persistente si se produce durante tres trimestres consecutivos. Entenderase que concorren causas tcnicas, cando se produzan cambios, entre outros no mbito dos medios ou instrumentos da prestacin do servizo pblico de que se trate e causas organizativas, cando se produzan cambios, entre outros, no mbito dos sistemas e mtodos de traballo do persoal adscrito ao servizo pblico En xuo de 2012, a Direccin Xeral de Traballo elaborou un borrador de Regulamento dos Despedimentos Colectivos que non inclua nada ao respecto do procedemento no caso do persoal laboral ao servizo do sector pblico. En agosto, deuse a coecer por parte desa Direccin Xeral un novo titulo III, dentro dese borrador de Regulamento, coas normas especficas para o despedimento nas Administracins Pblicas. Actualmente, o proxecto de Regulamento para o procedemento dos despedimentos colectivos, de suspensin de contratos e de reducin de xornada, est a ditame do Consello de Estado e a punto de sar publicado no BOE. Sobre o Regulamento, o Gabinete Tcnico xa fixo un documento de avaliacin a finais do mes de xuo. Compre agora, completar esa avaliacin en relacin ao novo engadido especfico para o persoal laboral das administracins pblicas.

Gabinete Tcnico Confederal da CIG

Pxina 1

CONTIDO.
En primeiro lugar debemos aclarar que este procedemento especfico non abrangue ao persoal laboral ao servizo dos entes, organismos e entidades que, formando parte do sector pblico, non tean a consideracins de Administracins Pblicas, que se rexern polo procedemento xeral. Afecta entn ao persoal laboral da Administracin Xeral do Estado, da autonmica e da local, das entidades xestoras da Seguranza Social, dos Organismos Autnomos, das Universidades Pblicas, das Entidades de Dereito Pblico que non operen no mercado nin se financien maioritariamente con ingresos obtidos pola producin de ben ou prestacins de servizos, das entidades pblicas empresariais estatais, autonmicas ou locais.

O carcter colectivo.
Considrase que o procedemento colectivo cando afecte a: Dez persoas no Departamento ministerial, autonmico ou local de que se trate, as como nos organismos ou entes dependentes que ocupen a menos de 100 traballadores e traballadoras. O 10% do nmero de persoas empregadas nos mesmos cando no departamento de que se trate ocupe entre cen e trescentas persoas. Trinta persoas no departamento que ocupe a mis de trescentos traballadores e traballadoras.

As causas de despedimento
As causas econmicas veen determinadas pola insuficiencia orzamentaria. E esta queda definida, ao menos e entre outros nos seguintes casos: Cando as subvencins nominativas do departamento, consellera ou entidade local, ente ou organismo, diminuran, ao menos nun 10% con respecto ao exercicio anterior. Cando as transferencias de capital correspondentes s entidades citadas diminuran ao menos un 10% respecto do exercicio anterior. Cando a achega orzamentaria ao convenio ou ao contrato programa que tivera concertado o ente, organismo ou entidade de que se trate diminura ao menos un 10% respecto do exercicio anterior Cando se adoptara un acordo de non dispoibilidade que afecte ao departamento, consellera, entidade local, ente ou organismo de que se trate.

Entenderase que concorren causas tcnicas cando se produzan cambios, entre outros, no mbito dos medios ou instrumentos da prestacin do servizo pblico ou actividade de interese xeral de que se trate. Entenderase que concorren causas organizativas cando se produzan cambios, entre outros, no mbito dos sistemas e mtodos de traballo do persoal adscrito ao servizo pblico ou actividade de interese xeral. Gabinete Tcnico Confederal da CIG Pxina 2

Inicio do procedemento.
O procedemento iniciarase por escrito mediante a comunicacin da apertura do perodo de consultas. A documentacin comn a todos os procedementos constar dunha memoria explicativa das causas e da sa relacin cos principios de estabilidade e suficiencia establecidos na Lei Orgnica 2/2012 de estabilidade orzamentaria. Tamn se aportar os criterios tidos en conta en relacin coa prioridade de permanencia do persoal laboral fixo que adquirise esa condicin de acordo cos principios de igualdade, mrito e capacidade a travs dun procedemento selectivo de ingreso convocado ao efecto. Cando se trate de causas econmicas, debern aportar a seguinte documentacin: Memoria explicativa das causas econmicas que acrediten a situacin de insuficiencia orzamentaria Os orzamentos dos dous ltimos exercicios, onde consten os gastos de persoal e, no seu caso, as modificacins dos cretos orzamentarios. Certificacin do responsable da oficina orzamentaria ou rgano contable onde conste que concorre a causa de insuficiencia aludida. Relacin de postos de traballo ou cadro de persoal do departamento,consellera, etc, de que se trate. Plano de Ordenacin de Recursos Humanos no caso de que este se houbese tramitado. Calquera outra documentacin que xustifique a necesidade extintiva

Deberase comunicar o inicio do procedemento autoridade laboral, simultaneamente a sa comunicacin aos representantes sindicais. Tamn comunicar informacin sobre a composicin da representacin do persoal, as como da comisin negociadora do procedemento de despedimento colectivo. Igualmente, deber comunicarse toda esa documentacin Secretara de Estado de Administracins Pblicas ou autoridade equivalente no mbito das Comunidades Autnomas, cando se trate de procedementos que afecten ao persoal laboral da Administracin Xeral ou s CCAA. Estas autoridades debern emitir informe sobre o procedemento, sobre as causas e sobre o resto das circunstancias derivadas do mesmo, as como aplicar a prioridade de permanencia do persoal que adquirise a sa condicin a travs dun proceso selectivo convocado ao efecto. No caso das entidades locais estas autoridades non interveen nin emiten informe algn.

Gabinete Tcnico Confederal da CIG

Pxina 3

Perodo de consultas.
O perodo de consultas ter como finalidade chegar a un acordo. A consulta versar, como mnimo, sobre as posibilidades de evitar ou reducir os despedimentos e de atenuar as sas consecuencias, sempre que sexan compatibles coa natureza e rxime xurdico da Administracin de que se trate. A intervencin neste perodo corresponder s seccins sindicais cando estas as o acorden, sempre que tean a representacin maioritaria nos comits de empresa ou entre os delegados de persoal, no seu caso.

Plano de re colocacin externa.


O Plano de colocacin externa ser elaborado polos correspondentes Servizos Pblicos de Emprego, e deber ser presentado, ao finalizar o perodo de consultas, polo departamento, consellera, entidade local, ente ou organismo de que se trate

Finalizacin do procedemento.
Finalizado o perodo de consultas, o resultado do mesmo debe de ser comunicado ao rgano competente en materia de Funcin Pblica para que este emita informe previo e vinculante, sendo nulas de pleno dereito as decisins ou acordos que se acadaran sen a concorrencia deste requisito. O resultado pode ser de desacordo ou de acordo; neste caso deber acompaarse o pre acordo acadado que non ser firme ata que o devandito informe o valide. No caso da Administracin Xeral do Estado o rgano competente para emitir dito informe previo e vinculante corresponder ao Ministerio de Facenda No caso das CCAA. efectuarase a travs da Direccin Xeral competente en materia de funcin pblica ou a travs do rgano que estas determinen. Obtido o informe, procederase a formalizar o acordo acadado no prazo mximo de dez das desde que este fose emitido. Tamn se comunicar o resultado do perodo de consultas autoridade laboral e entre a documentacin remitida deber obrar sempre o informe do rgano competente en materia de Funcin Pblica. No Administracin local, como non se require ese informe previo e vinculante, finalizado o perodo de consultas comunicarase o resultado do mesmo autoridade laboral competente. A entidade local comunicar aos representantes do persoal e autoridade laboral a decisin sobre o despedimento colectivo que realiza. Esta comunicacin realizarase no prazo de quince das a contar desde a data da ltima reunin celebrada no perodo de consultas. Establcese tamn unha finalizacin do procedemento por desestimento. Unha vez transcorrido o prazo de dez das, no caso das Administracins xeral e autonmica, ou de Gabinete Tcnico Confederal da CIG Pxina 4

quince das no caso das entidades locais, sen que se comunicara a decisin de despedimento colectivo, producirase a terminacin do procedemento por desestimento.

AVALIACION.
En primeiro lugar hai que sinalar un posible conflito de competencias. O artigo 72 do Estatuto Bsico do Empregado Pblico (EBEP) di que no marco das sas competencias de auto organizacin, as Administracins Pblicas estruturan seus recursos humanos de acordo coas normas que regulan a seleccin, promocin profesional, mobilidade e distribucin de funcins e conforme ao previsto neste captulo. O artigo 7 deste texto legal establece que o persoal laboral rxese, ademais de pola lexislacin laboral e convenios, polos preceptos deste Estatuto que as o dispoan. E o artigo 69.3 prescribe que cada administracin pblica planificar seus recursos humanos de acordo cos sistemas que establezan as normas que lles sexan de aplicacin. Na Galiza, hai que ter en conta a Lei da Funcin Pblica pero iso en modo algn se contempla nesta regulacin especfica, que pretende abranguer cos seus preceptos a todas as administracins, independentemente do marco legal aplicable a cada unha delas, sen invocacin de ttulo competencial algn. Tampouco se entende- ou mellor dito entndese perfectamente- por qu o proxecto de regulamento deixa sen efecto a competencia da Inspeccin de Traballo e Seguranza Social (ITSS) para intervir no procedemento de despedimentos colectivos nas administracin pblicas, cando o artigo 4 da Lei reguladora da Inspeccin di claramente que ese un dos seus campos de actuacin. O obxectivo desta regulacin non outro que consagrar como algo normal, e non excepcional, o despedimento do persoal laboral das administracins pblicas, prohibindo ademais que se tomen outras medidas de menor dano como a suspensin ou reducin de xornada. O procedemento establecido puro fume, xa que as causas que xustifican o despedimento estn predeterminadas polos polticos xestores das distintas administracins, que son xuz e parte. Eles poden fabricar as causas que xustifican o despedimento e despois tomar a decisin correspondente. Tern, iso si, que seguir un procedemento no que se fai mencin formal negociacin, pero materialmente esa negociacin non vai a existir porque o despedimento est previamente determinado, con amparo na lei de estabilidade orzamentaria, e supervisado e avalado pola autoridade de alto nivel, en Facenda e Funcin Pblica, que emite informe previo e vinculante. Na prctica vulnrase a negociacin colectiva, exclese a lexislacin laboral e os convenios e acordos pasan a ser papel mollado en todo o que se refire s condicins do emprego, includa a extincin do contrato de traballo. As causas establecidas para xustificar os despedimentos non estn amparadas na obxectividade e servizo aos intereses xerais, como esixe a constitucin espaola. De ser as, habera que tratar de chegar a un acordo e elaborar un Plano de Emprego para ver na situacin actual que emprego pblico racional e obxectivamente necesario e prioritario para o interese xeral e cal non. Esta negociacin, segundo o EBEP sera comn ao persoal Gabinete Tcnico Confederal da CIG Pxina 5

funcionario e ao laboral, porque o emprego pblico un. Pero nada deso, ptase por poer no punto de mira ao persoal laboral, deixndoo totalmente indefenso ante as decisins de despedimentos das distintas administracins pblicas. Na determinacin destas causas vaise mis al do que a lei, na disposicin adicional vixsima do E.T. dispn. Cando se concreta que se entende por insuficiencia orzamentaria non desenvolve o establecido legalmente, senn que crea un novo concepto ao establecer unha serie de supostos concretos (en relacin s subvencins, transferencias de capital, contrato programa, ou simplemente a non dispoibilidade,) totalmente aberta , xa que utiliza a expresin ao menos e entre outros tipicamente arbitraria. Quen decide o orzamento ou quen ten nas sas mans a capacidade de subvencionar, facer transferencias de capital ou contratos programa, quen vai a determinar os despedimentos. Cunha porcentaxe tan reducida do 10% respecto do ano anterior pode cociar os despedimentos que lle vea en gana, constitundose en xuz e parte nun procedemento de despedimento colectivo que outorga s Administracins un enorme poder arbitrario e incontrolable. E non digamos xa cando se trate dun acordo de non dispoibilidade que afecte ao departamento, consellera, entidade local, ente ou organismo do que se trate. Pero esta arbitrariedade inda empeora si se trata de causas tcnicas ou organizativas, porque aqu nada se desenvolve con respecto lei e ademais utilzase tamn a expresin entre outras. Interesa, est claro, a maior indeterminacin e inseguridade xurdica ao servizo da decisin arbitraria dos responsables polticos das distintas administracins. Nesta lia hai que facer notar o feito de que a comunicacin do despedimento omite a inclusin de medidas sociais de acompaamento. Para qu si o que se trata de non negociar e facilitar o despedimento. Por outra parte, tampouco se di nada sobre os criterios para escoller quen son as persoas afectadas polo despedimento dentro da correspondente RPT, ags a preferencia no emprego daquelas que accederan a travs dun proceso selectivo de acordo cos principios de igualdade, mrito e capacidade.

Luis Burgos Gabinete Tcnico Confederal da CIG

Gabinete Tcnico Confederal da CIG

Pxina 6

Vous aimerez peut-être aussi