Vous êtes sur la page 1sur 48

O R I E N TA C I N S E R E S P O S TA S E D U C AT I V A S

Alumnado con problemas de conduta

P R E S E N TA C I N

convivencia un obxectivo fundamental do proceso educativo que reclama actitudes respectuosas e de consenso por parte de todos os sectores da comunidade educativa. Nos centros educativos un reflexo da convivencia na sociedade, coas contradicins e problemas que se dan nela.

Actualmente na sociedade e nas familias estase a dar unha elevado nivel de permisividade, consumismo e crise de valores que dificultan a adquisicin de actitudes de desenvolvemento persoal e social, polo que cmpre volver a vista cara algns valores elementais como o respecto aos demais, a tolerancia, a convivencia e a solidariedade entre as persoas para progresar cara unha visin ampla e complexa da convivencia e a disciplina positiva no marco da calidade dos procesos educativos.

A prevencin e intervencin nestes problemas debe implicar a toda a sociedade e dun xeito especial s familias e aos centros educativos, que deben poer en marcha estratexias contextualizadas dun xeito coordinado.

O obxectivo deste documento o de aportar s familias e centros educativos un achegamento aos problemas de conduta e dotalos de estratexias para axudar aos rapaces e rapazas, transformando as relacins e as consecuencias das condutas. Queremos, as, dar continuidade a outros nmeros desta coleccin dirixidos alumnado con necesidades educativas especficas que teen idntico fin. Agardamos que sexa de interese para as escolas e que proporcione recursos para unha resposta educativa mis axustada alumnado dos nosos centros.

Ao igual ca nos nmeros anteriores, contamos neste coa colaboracin da Escola de Arte Pablo Picasso, que se encargou do seu deseo e ilustracins. Unha vez mis, o noso agradecemento.

Celso Currs Fernndez


CONSELLEIRO DE EDUCACIN E ORDENACIN UNIVERSITARIA

NDICE

PROBLEMAS DE CONDUTA Que entedemos por problemas de conduta? INDENTIFICACIN Como podemos detectar os problemas de conduta?

10

AVALIACIN E MODALIDADE DE ESCOLARIZACIN Para que, quen, como e cando avaliar e orientar? 16 PREVENCIN E INTERV E N C I N NO MBITO FA M I L I A R Que podemos facer as familias? 20 PREVENCIN E INTERV E N C I N NO MBITO ESCOLAR Que podemos facer os centros educativos? 28 BUSCANDO AXUDA Por onde empezo? PARA SABER MIS 33

40 44

PROBLEMAS DE CONDUTA
Que entedemos por problemas de conduta?

Entendemos por pro b l e mas de conduta os comp o rt a mentos que afectan negativamente a un mesmo e ao contorno no que un vive (familia, escola, traballo, vecios) por romper as normas de convivencia e deteriorar o desenvolvemento persoal e social. Para consideralos como tales, hai que avaliar a intensidade, duracin, frecuencia e idade que se presentan e o medio sociocultural. Son trastornos mis estables e, polo tanto, mis resistentes intervencin que os trastornos situacionais transitorios, pero menos persistentes que os trastornos estruturais, como os trastornos de personalidade e a psicose. As caractersticas fundamentais dos problemas de conduta son:
I

Fan referencia a un conxunto de condutas que, pola sa intensidade, frecuencia e duracin deterioran significativamente o proceso de desenvolvemento persoal e social. O comportamento avaliado como alterado en referencia a unha norma de idade ou evolutiva. O que xoga un papel adaptativo nunha idade pode resultar alterado noutra. A norma para avaliar unha conduta como patolxica debe ter en conta as caractersticas do medio educativo, social e cultural ao que pertence a persoa, xa que a conduta altamente influenciable polo contorno. O comportamento alterado supn unha pauta condutual relativamente estable.

8
I

A conduta alterada afecta de maneira significativa a relacin do suxeito co medio social.

A gravidade ou importancia dos trastornos de conduta mdese pola deterioracin ou polo grao de incapacidade que ocasionan na vida afectiva, social e laboral das persoas. No mbito educativo, os alumnos con problemas de conduta presentan necesidades educativas especiais que requiren de aprendizaxes e recursos excepcionais para adquirir as estratexias e habilidades sociais que lles permitan integrarse creativamente na sociedade.

IDENTIFICACIN
Como podemos detectar os problemas de conduta?

Dende unha perspectiva interd i s c i p l i n a r, que integra a visin educativa, sanitaria e social, os problemas de conduta mis frecuentes son:
I

Trastorno por dficit de atencin con hiperactividade (TDAH) Comportamentos oposicionistas desafiantes Conduta disocial Violencia entre iguais Trastorno de ansiedade Problemas dos sistemas familiar, escolar e social

Os pro b l e mas de conduta poden ser explosivos, que chaman poderosamente a atencin, como o trastorno disocial; ou imp l osivos, que se rompen cara a dentro e que, anda que non chamen tanto a atencin, causan un sufrimento persoal importante, como ocorre coa ansiedade. Nas causas e na evolucin dos pro b l e mas de conduta interaccionan moitos factores xenticos, n e u roqumicos, familiares, escolares, sociais e da propia personalidade. As mesmo, os trastornos de conduta son multisituacionais, dicir, manifstanse nos distintos escenarios onde se relaciona a persoa: a casa, a escola, a ra, o grupo de iguais.

11

As caractersticas mis relevantes que nos poden servir como indicadores para detectar os problemas de conduta antes citados son as seguintes: Dficit de atencin con hiperactividade (TDAH), caracterzase pola presenza de tres sntomas fundamentais:
I

Dficit de atencin. Incapacidade ou gran dificultade para concentrar a atencin o tempo suficiente para ematar unha tarefa. Manifstase na interrupcin prematura das tarefas, deixando as actividades a medio facer e cambiando frecuentemente dunha a outra. Impulsividade. Escasa resistencia frustracin, actuacin sen anticipar as consecuencias da conduta, falta de precaucin en situacins de perigo, interrupcin da actividade doutras persoas, respostas prematuras a preguntas sen rematar e imposibilidade de agardar a quenda. Hiperactividade. exceso de actividade motriz, inquietude excesiva en situacins que requiren calma, imposibilidade de estar sentado cando necesario, tendencia a saltar e a correr sen rumbo fixo.

Negativismo desafiante, caracterzase pola existencia dun patrn re c o rrente de comportamento negativista, desafiante, desobediente e hostil, dirixido s figuras de autoridade: pais, pro f e s o re s. O rapaz ou rapaza encolerzase e ten rabechas frecuentes, desafa os adultos, molesta continuamente, non asume a sa responsabilidade e btalles as culpas aos demais dos seus erros. Trastorno disocial un patrn de comportamento persistente no que se violan os dereitos bsicos dos outros e importantes normas sociais axeitadas idade do suxeito, reiterando comportamentos agresivos e re t a d o re s. Para a sa diagnose teen que darse varios

12

dos seguintes sntomas: agresin e crueldade con persoas ou animais; graos excesivos de pelexas ou intimidacins; destrucin grave de pertenzas alleas, incendio, roubo; mentiras reiteradas; faltas escola e fugas do fogar; rabias frecuentes e graves; provocacins, desafos e desobediencias graves e persistentes. Agresin entre iguais ou intimidacin, a violencia mantida, mental ou fsica, guiada por un individuo ou por un grupo e dirixida contra outro individuo que non capaz de defenderse por si mesmo nesa situacin, e que se desenvolve no mbito escolar. Pode ser fsica (atacar, roubar, danar) ou verbal (poer alcumes, insultar, difundir ru mores, favorecer a exclusin social). As actitudes machistas, racistas, de intolerancia e de envexa xogan un papel importante no acoso entre iguais. Ten certa analoxa co acoso psicolxico no traballo dos adultos. Trastorno de ansiedade, a ansiedade unha resposta que xorde cando a persoa se sente ameazada ou en perigo, sexa este real ou imaxinario. unha resposta normal e adaptativa que prepara o organismo para actuar diante dunha situacin ameazante. A ansiedade convrt e s e nun problema cando xorde en momentos nos que non hai perigo real ou cando contina despois de desaparecer a situacin ameazante. Os trastornos de ansiedade mis frecuentes na clnica infantil e nas escolas son a ansiedade xeneralizada, as fobias especficas, especialmente a escolar, a ansiedade de separacin e o re t r a e mento social con aversin a falar ou o mutismo selectivo. A fobia un medo diante dunha situacin que vai moito mis al da precaucin razoable que representa

14

o perigo. Non pode ser nin explicada nin razoada. Est fra do cont rol voluntario e conduce evitacin ou fuxida da situacin temida. Este estado de constante tensin manifstase en inquietude, fatiga precoz, dificultades para concentrarse, irritabilidade, tensin muscular, e/ou trastornos do sono. O mutismo selectivo atopmolo cando o rapaz demostra a sa capacidade lingstica nalgunhas circunstancias, pero deixa de falar noutras. O trastorno aditase manifestar na primeira infancia. O tpico que o neno fale na casa e cos amigos ntimos, pero que deixe de falar e permaneza mudo na escola e diante de descoecidos. A diagnose presupn un nivel de comp rensin da linguaxe n o rmal ou case normal, capacidade de expresin da linguaxe suficiente para a comunicacin social e constatacin de que o rapaz pode falar e fala normalmente nalgunhas situacins concretas. Os comp o rt a mentos caractersticos asociados ao mutismo selectivo son a timidez excesiva, o illamento e retraemento sociais, o oposicionismo e a deterioracin da actividade escolar e social. Problemas dos sistemas familiar, escolar e social. Hai caractersticas dos sistemas sociais nos que se desenvolven os rapaces que favorecen a presenza de pro b l e mas de conduta ou matizan a sa frecuencia, intensidade e duracin. Os mis importantes son:
I

No mbito familiar: clima familiar desestruturado ou soporte familiar inadecuado, que se pode manifestar nas seguintes caractersticas: falta de normas e lmites, estilos educativos autoritarios ou permisivos, non asumir conxuntamente a responsabilidade educativa por parte dos pais, falta de autonoma e responsabilidade, escasa comunicacin e dilogo, situacins de crise cronificada, falta de estratexias de solucin de conflitos para formar fillos resilientes, dicir, capaces de desenvolverse en condicins adversas.

15
I

No mbito escolar: desenvolver un currculo inadecuado para o alumno. necesario afondar nos seguintes aspectos: uso da autonoma para contextualizar e diversificar o currculo segundo as necesidades educativas dos alumnos, a educacin en valores, consensuar normas de convivencia, emprego de metodoloxa cooperativa, mellorar a coordinacin entre os centros educativos e as familias, formacin especfica do profesorado en actitudes integradoras e estratexias de solucin e mediacin de conflitos, conexin entre o mundo escolar e laboral. No mbito social: problemas relacionados co desemprego, a vivenda e condicins econmicas; exclusin e rexeitamento social; situacins de risco. necesario facer plans integrais de intervencin nos que colaboren de xeito interinstitucional as distintas administracins e grupos para resolver estes problemas complexos.

Moitos dos rapaces poden presentar algns dos sntomas dos que falamos; non obstante, s hai un problema de conduta importante cando a frecuencia e a intensidade destes sntomas provocan unha incapacidade ou deterioracin imp o rtante na vida familiar, escolar e social. Non debemos patoloxizar todo trazo diferenciador, nin psiquiatrizar a diversidade, pero tam pouco sufrir diante dun problema importante sen buscar axuda profesional para atopar unha sada. Cando detectamos a presenza dos problemas anteriormente citados, que deterioran o desenvolvemento do alumnado, debemos solicitar que o orientador ou orientadora do centro educativo realice a avaliacin psicopedagxica correspondente.

AVALIACIN E MODALIDADE DE ESCOLARIZACIN


Para que, quen, como e cando avaliar e orientar?

Dado que nos pro b l e mas de conduta inflen mltiples variables, tanto de tipo biolxico e constitucional como psicolxico e ambiental, necestase facer unha avaliacin global e interdisciplinar que p e rmita integrar a informacin biopsicosocial da complexidade humana. A mirada complexa dos problemas de conduta supn o cambio dos modelos mentais simplificadores, que s nos deixan ver a causalidade lineal e a culpabilidade, por unha visin integradora da complexidade, que nos transforma en corresponsables da construcin compartida de solucins creativas.

AVALIACIN INTERDISCIPLINAR A visin sistmica dos conflitos resalta a necesidade de facer unha avaliacin global da conduta dentro do sistema onde se pro d u c e . A conduta problemtica cump re unha funcin, busca un obxectivo. A avaliacin funcional utilzase para coecer a finalidade da conduta. Necesitamos reflexionar sobre o que pasa antes da conduta disruptiva, que pasa durante a conduta problemtica e que pasa despois da conduta ou das consecuencias que ten ese comp o rt a mento. A reaccin social dos adultos e do grupo de iguais diante dunha conduta explica, en gran medida, a sa extincin ou consolidacin. Se un rapaz ten unha rabecha e consegue o que quere, repetir esa conduta cada vez que queira pedir algo.

17

O obxectivo da intervencin non simplemente a supresin da conduta problemtica, senn a educacin, a mellora do estilo de vida saudable, entendendo por sade o estado de benestar e o desenvolvemento persoal e social. A intervencin implica cambiar o modo en que interactan as persoas, con e sen pro b l e mas e, polo tanto, a intervencin implica cambiar sistemas sociais para que poidan evolucionar as persoas. Os problemas poden ser unha oportunidade para que os sistemas familiar, escolar e social se transformen en organizacins que aprenden a usar novos modelos mentais, estratexias e recursos para mellorar o estado de benestar das persoas. A expulsin do alumno supn o recoecemento do fracaso do sistema escolar e das medidas de atencin diversidade. A observacin e a entrevista son as estratexias de avaliacin cualitativa mis importantes. Se se considera necesario, poden complementarse con outras probas: psicomtricas, de valoracin neurolxica, cuestionarios, etc. A avaliacin psicopedagxica determina as capacidades e necesidades educativas que presenta o alumnado, os recursos necesarios e as estratexias educativas para facilitar o seu desenvolvemento integral. Correspndelle realizala ao orientador ou orientadora do centro educativo, coa colaboracin do especialista en trastornos de conduta do equipo de orientacin especfico, se se estima necesaria a axuda dun profesional externo ao centro. A coordinacin con sade mental e servizos sociais, cando necesaria, optimiza a avaliacin e a intervencin. A avaliacin clnica de sade mental define a diagnose, establecendo o tratamento farmacolxico e teraputico, se fose necesario. A avaliacin sociofamiliar analiza o contexto sociofamiliar, establecendo a axuda necesaria para introducir cambios sistmicos que faciliten a evolucin positiva.

18

MODALIDADE DE ESCOLARIZACIN O alumnado con problemas de conduta debe escolarizarse, sempre que sexa posible, nos centros educativos ordinarios. Estar integrado na aula ordinaria, na que recibe o apoio necesario para o seu desenvolvemento intelectual, emocional e condutual. Cando o alumno/a con pro b l e mas de conduta ten asociado un atraso escolar, deber recibir a axuda necesaria mediante medidas de reforzo ou de adaptacin curricular. S en casos moi excepcionais, e unha vez esgotadas as medidas de atencin diversidade no mbito ordinario, poder valorarse a modalidade de escolarizacin nun centro educativo especfico e interdisciplinar que, polas sas caractersticas excepcionais, poida introducir cambios relevantes na evolucin integral do alumno. Non hai receitas mxicas que funcionen en todos os casos para solucionar os problemas. Como consecuencia, temos que ir pro b a n d o as estratexias que dun xeito sistemtico se consideran mis eficaces.

PREVENCIN E INTERV E N C I N NO MBITO FA M I L I A R


Que podemos facer as familias?

Cando os pais e as nais se senten desbordados e perdidos diante dos problemas de conduta, hai que recuperar a esperanza nos fillos/as e a confianza nas estratexias contextualizadas que enumeramos a continuacin. A mellor intervencin sobre os pro b l e mas de conduta a prevencin. A estratexia preventiva mis eficaz o estilo educativo creativo, no que se establecen as consecuencias axeitadas s condutas, integrando normas, dilogo e autonoma. Estilo educativo creativo supera o permisivismo e o autoritarismo integrando n o rm as, dilogo e autonoma. Os pasos que se han seguir son: establecer claramente as normas, establecer as consecuencias, ser coherente co que se di, aplicando as consecuencias con tranquilidade, seguridade e constancia. moi importante non ceder chantaxe e manipulacin dos rapaces, unificando o estilo educativo entre a parella e os demais adultos que conviven na casa. O dilogo e a pro g resiva responsabilidade dos fillos/as farannos confiar na sa capacidade para tomar decisins eficaces con autonoma. Amor incondicional e desenvolvemento positivo: cando contemplamos a globalidade dos nenos e nenas e non s os aspectos negativos, semp re veremos mis calidades que fallos. Destacando as sas capacidades, podemos facilitar o seu desenvolvemento. Aceptalos e querelos tal como son o prime i ro paso para poder axudalos. O amor non est rifado coa disciplina positiva. Porq u e cremos e confiamos neles aplicamos as estratexias que favorecen o seu potencial de desenvolvemento positivo. Ademais de establecer normas, moi importante: felicitar e premiar as condutas positivas; destacar as calidades que ten o rapaz; non ridiculizar as sas dificultades; coecer e facilitar a relacin co grupo de iguais; favo-

21

recer a participacin en actividades deportivas, re c reativas, viaxes; compartir o tempo de lecer e diversin; deixarnos axudar por eles. Normas de convivencia familiar, poer normas e lmites o primeiro paso para desenvolver unha disciplina positiva. Podemos utilizar o seguinte proceso:
I

Establecer regras e lmites claros e aterse a eles. Se necesario, podemos escribilos e poelos nunha cortiza da habitacin (hora de levantarse e deitarse, horario de estudo e de TV, axudas nas tarefas domsticas, sadas, hora de volver casa, control de gastos e consumismo, preparar a mochila para o da seguinte). Previr os problemas antes de que se produzan. Darlle ao fillo sinais cando empeza a portarse mal. a mellor maneira de ensinarlle a autocontrolarse. Ser modelo de conduta reflexiva, tanto no fondo como nas formas. Non activar os fillos con tons agresivos que poden desencadear crises. Evitar a confrontacin sobre as regras: unha vez consensuadas hai que respectalas. Cando non se respecta a norma ou o lmite establecido, aplicar de inmediato a consecuencia axeitada. Ser coherente e facer exactamente o que se dixo. Cando un castigo sexa necesario, aplicalo reflexivamente. Asegurarse que garda relacin e proporcin coa conduta desaxustada. Definir o comportamento positivo, reforzando con eloxios e afecto a boa conduta e ignorando a conduta que s busca chamar a atencin. Valorar o esforzo, vendo as normas como guas para o desenvolvemento persoal, non como regras absolutas.

22
I

Ensinar a enfrontarse ao fracaso, aprendendo das dificultades para superarse e ser resiliente, capaz de desenvolverse en condicins adversas. Dedicar un tempo a falar cos fillos sobre os valores, normas, expectativas. Recuperar o sentido do humor que nos axuda a non perder a esperanza no medio da incerteza. Evitar as comparacins entre irmns para non favorecer os celos. Procurar que pasen menos tempo xuntos, pero mis agradable, facendo cousas de xeito cooperativo e non competitivo. Crear un ambiente de traballo e hbitos de estudo, establecendo horarios e lugares que faciliten a aprendizaxe. Establecer contratos de conduta sinalando os aspectos que cmpre mellorar e as consecuencias positivas ou negativas segundo a evolucin observada.

Formato de dilogo familiar, a comunicacin cos fillos imprescindible para crear un clima saudable e aprender xuntos a solucionar conflitos. Un formato de dilogo eficaz pode ser o seguinte:
I

Pensar, antes de reunirse co fillo/a, o que temos que dicirlle e preparar con coidado o encontro: hora, lugar, contido e orde dos aspectos que cmpre tratar. Sentar nunha atmosfera tranquila e relaxada, liberados da presin do tempo. Describir o problema dunha maneira concreta, precisa, tranquila e neutral. Darlle ao fillo/a a oportunidade de contar a sa propia versin dos feitos.

23
I

Recoecer os sentimentos dos fillos/as diante do problema. Expresar os propios sentimentos. Facer xuntos unha proposta de alternativas sobre posibles solucins. Seleccionar xuntos unha ou das ideas para solucionar o problema, establecendo as consecuencias do seu cumprimento ou incumprimento. Poer en marcha o acordo consensuado. Revisar o cumprimento e tomar as medidas acordadas.

Aceptacin e transform a c i n, cando aparece un problema de importancia cos fillos ou fillas, adoitamos seguir un proceso semellante ao dolo por un ser querido. Pasamos polas etapas de negacin (re x e i t a mento a falar do tema, non pasa nada), culpabilizacin (sentirse responsable do pro b l e ma), hostilidade (cara ao rapaz ou profesionais que o atenden), aceptacin (tristeza e alivio ao recoecer o problema e buscar o apoio axeitado) e t r a n s f o rm acin (cambiar as estratexias e os recursos para transformar o estilo de vida). Temos que ser conscientes da existencia desas etapas e favorecer o proceso de aceptacin do problema, que ocasiona unha carga de sufrimento importante para a familia. Non obstante, me n t re s non aceptemos que temos un problema, non estamos en condicins de poernos a solucionalo coa axuda p rofesional necesaria. Esta aceptacin debe ser un proceso vivido conxuntamente pola parella, sen que a maior parte da responsabilidade recaia sobre un deles, frecuentemente as nais, que adoitan asumir o protagonismo case en solitario. Aplicar as consecuencias: premios e castigos. Aos fillos temos que dicirlles porque te quero poche lmites. Moitos fillos teen todo menos o que necesitan. O non tamn axuda a medrar. Os

25

castigos son un sinal para chamar a atencin de que excedeu o lmite. hora de establecer as consecuencias das condutas, temos que ter en conta as seguintes orientacins:
I

Para que sexan efectivos, os reforzos negativos ou castigos teen que cumprir certas condicins: poelos o mis prximo posible mala conduta e antes de que esteamos enfadados, para que non sexan desproporcionados. Deben ter relacin coa infraccin, ser consistentes e non caprichosos, combinalos con premios, asegurarnos de que realmente un castigo e respectar sempre a dignidade e o afecto cara persoa. Hai que aplicalos con tranquilidade, coherencia e de forma sistemtica. Non se deben modificar ou levantar sen motivo unha vez anunciados. Cando non teen efecto pode ser axeitado premiar a conduta contraria. Algns dos inconvenientes da mala utilizacin dos castigos son: un castigo desmesurado produce odio cara ao que o aplica, abusar dos castigos fai que perdan efecto e se habite a eles, utilizar exclusivamente o castigo sen combinalo cos premios fai que perda eficacia. Sufrir unha experiencia continuada de castigo fai que esa persoa aprenda ese patrn de conduta e que o aplique cando tea oportunidade (persoas que sofren malos tratos son maltratadores potenciais nun futuro prximo). Para que sexan efectivos os premios deben ter as seguintes caractersticas: ser desexados, deben aplicarse de inmediato conduta, sobre todo canto mis pequeno sexa o fillo, non teen porque ser caros, hai que lles dar prioridade aos premios internos e sociais, como prestar atencin sobre os externos e materiais.

Unificacin de criterios. moi importante que os adultos que conviven cos rapaces tean o mesmo criterio hora de educar os

26

fillos. necesaria a colaboracin entre a familia e o centro educativo para ter os mesmos obxectivos educativos. m oi conveniente que se unifiquen os criterios de intervencin entre os distintos profesionais que axudan ao rapaz para evitar diagnoses e interv e ncins contraditorias e contraproducentes. Buscar apoio psicolxico familiar. Os problemas de conduta frecuentemente ocasionan unha carga de sufrimento imp o rt a n t e para todos os membros do sistema familiar. Moitas veces, tanto os pais como os irmns necesitan recibir tamn axuda profesional, para superar o desgaste psicolxico e fsico que lles provoca o conflito diario. A terapia do sistema familiar beneficia todos os me mbros que interaccionan na familia. Estratexias de solucin de conflitos. Cando xorden os conflitos, debemos exercitarnos en: manter a calma, escoitar activamente, expresarse respectuosamente, empatizar cos fillos, definir o problema, desear alternativas, valorar as consecuencias de cada unha, elixir a mis beneficiosa, actuar e avaliar os resultados. Estratexias de contencin e extincin. Para favorecer que as condutas problemticas sexan substitudas por outras mis axustadas podemos utilizar progresivamente as seguintes estratexias:
I

Retirar a atencin: ignorar as condutas inadecuadas favorecer a sa desaparicin. Retirar a atencin mirar para outro lado, non se debe mostrar ningunha expresin de desaprobacin, falar ou mirar para o fillo/a. Sar da situacin: a simple presenza dos pais moitas veces serve para reforzar a conduta problema e non suficiente o retiro da atencin. Nestes casos, os pais poden optar por extinguir as condutas inadecuadas sando da situacin, explicndolle por que o deixamos s e dicndolle que cando estea tranquilo nos busque para falar.

27
I

Castigos: facer seguir a unha conduta problema algo desagradable ou eliminar algo agradable para o rapaz. Tempo fra: cando un rapaz berra, chora, arremete contra o irmn, insulta os pais ou entra en crise, hai que retiralo da situacin onde est, mandndoo s para un sitio neutro, como o seu cuarto, o dos pais ou o estudio. Un sitio no que, non sendo incmodo, non tea nada que o poida distraer: televisin, msica, revistas ou compaa. Non debe estar afastado de onde estamos, nin pode conter nada con posibilidade de perigo para o rapaz. Debemos controlar que est al pero ignoralo por completo, sen falar con el. Non momento para sermns. Trtase de que se tranquilice e de que se aburra para desexar incorporarse de novo ao g rupo familiar. A duracin do illamento debe ser breve, pero suficiente para que se calme. Pode seguirse a regra dun minuto de tempo fra por ano de idade do neno. Reforzar as condutas alternativas e positivas: a estratexia de extincin da conduta problema debe ir acompaada do reforzo da conduta positiva alternativa. Os pais como modelo de conduta reflexiva: gran part e da conduta humana (desexable e indesexable) aprndese a travs da observacin. Os rapaces tenden a imitar aos seus pais e a outras persoas que lle resulten modelos atractivos. As, non debemos activar as condutas problemticas con tons de voz elevados ou agresivos, non dar demasiadas ordes ao mesmo tempo, non repetirse de maneira excesiva. Debemos manifestarnos reflexivamente e non responder de xeito mecnico s condutas provocadoras. Pero, sobre todo, temos que esforz a rnos por ser cada vez mis comprensivos e creativos, xa que o cambio contaxioso e cando estamos cheos de enerxa e felicidade contaxiamos a esperanza e o entusiasmo aos que nos rodean.

PREVENCIN E INTERV E N C I N NO MBITO ESCOLAR


Que podemos facer nos centros educativos?

A prevencin e intervencin dos problemas de conduta nos centros educativos debe facerse dende unha perspectiva global, buscando unha escola inclusiva que vexa a diversidade como unha fonte de enriquecemento e superando as barreiras mentais simplificadoras. Os conflitos son unha oportunidade para que as organizacins educativas aprendan a construr novos modelos mentais, adaptando o currculo, as estruturas e os recursos s necesidades educativas do alumnado. A titora e a orientacin deben, entn, ter maior protagonismo, acadar maior formacin especfica e dedicar mis tempo para desenvolver o Plan de Accin Titorial, no que se integran as seguintes ideas eixo: Educacin en valore s. Hai que lle dar prioridade no curr c u l o escolar educacin en valores: habilidades sociais e de comunicacin, a tolerancia, a igualdade de xnero, a educacin interc u l t ural, a solucin de conflitos. A educacin en valores faise dun xeito implcito en tdalas reas curr i c u l a res, segundo o estilo educativo e o talante que utilice o profesorado. A sa escala de valores e a do alumnado manifstase especialmente na forma de pensar, sentir e actuar diante dun conflito. Estilo educativo asert i v o. A superacin do autoritarismo e perm isivismo esixe un estilo educativo que integre normas, dilogo e autonoma. Hai estratexias do profesorado que melloran a conduta

29

dos alumnos e alumnas: conversacin particular eloxiosa e estimulante, recoecemento pblico de que o alumno est mellorando, eloxio pblico, correccin privada. Outros procedementos tenden a empeorar a conduta: manifestacin pblica de que o alumno ou alumna est empeorando, sarcasmo pblico ou privado, recriminacin pblica reiterada. En xeral, debemos corrixir en privado e felicitar en pblico. A conduta mellora se, ademais da razn, atendemos tamn s emocins e aos sentimentos do alumnado. Adaptacin do currculo. A adaptacin do currculo o primeiro factor de prevencin da violencia nos centros educativos. O alumnado con problemas de conduta poden presentar atraso escolar, dada a sa escasa motivacin pola aprendizaxe. Nestes casos, conveniente avaliar a necesidade de tomar medidas de reforzo educativo ou de adaptacin curricular, segundo o seu nivel de competencia curricular. En todo os casos hai que adaptar a tarefa escolar s sas caractersticas persoais. As, cos rapaces e rapazas con dficit de atencin teremos que dividir as tarefas en subtarefas sinxelas e curtas, proporcionarlles descansos peridicos e darlles apoio e reforzo cando pasen dun tarefa a outra, coa finalidade de ir prolongando o tempo de atencin a unha actividade. A titora: unificacin de criterios. Ao profesorado titor, asesorado polo departamento de orientacin, correspndelle a unificacin de criterios de actuacin de todo o equipo docente. m oi imp o rtante que as consecuencias das condutas sexan sempre as mesmas con todo o profesorado. As discrepancias entre o mesmo facilitan as condutas manipuladoras do alumnado. O traballo colaborativo do equipo docente a m ellor ferr a menta de prevencin dos problemas dos alumnos e alumnas e da sndrome do profesor queimado. Se unificamos os criterios do centro educativo e da familia, a sa evolucin empezar a ser mis relevante. A travs do depart amento de orientacin ou equipo de orientacin especfico, podemos coordinar a nosa intervencin cos profesionais de sade mental e servizos sociais que lle poden estar axudando ao alumno.

30

Consensuar normas de convivencia. A prevencin busca que o alumnado sexan capaces de analizar e prever as consecuencias das sas accins e que cheguen a interiorizar as normas de convivencia consensuadas cos seus compaeiros, compaeiras e profesorado. Este proceso pode coordinalo o profesorado titor e estru t u r a l o nas seguintes fases:
I

Traballo por grupos e posterior posta en comn para elaborar as normas da clase. Establecer as consecuencias positivas ou negativas, segundo o seu grao de cumprimento. Reunin do equipo docente para negociar as propostas do alumnado sobre as normas e as posibles consecuencias. Integracin da opinin do alumnado e profesorado a travs do grupo de traballo. Redaccin por parte do alumnado das normas consensuadas e correspondentes consecuencias. Podern figurar na cortiza da aula, asinadas polos seus representantes. Seguimento peridico, nas sesins de titora, e aplicacin das consecuencias axeitadas segundo a sa evolucin.

Medidas flexibles de organizacin da aula. A prctica confirma a bondade das seguintes medidas:
I

aconsellable que o rapaz ou rapaza con problemas estea sentado en fronte da mesa do profesor para poder prestarlle mis atencin. Na mesa do alumno s debe estar o material imprescindible para realizar a tarefa escolar e dbese evitar a presenza de mis obxectos cos que o alumno se poida distraer e montar un taller.

31
I

Sempre que se poida, aconsellable o traballo cooperativo entre o alumnado como estratexia preventiva das condutas conflitivas. A distribucin do espazo importante: mesas en forma de U, mesa redonda. O traballo de dous profesores na aula facilita a atencin diversidade do grupo de alumnos e alumnas. O profesorado de apoio evitar sentar sempre ao lado dos que teen dificultades, para que non se estableza unha relacin de dependencia ou manipulacin do profesorado por parte do alumno ou alumna en cuestin. A redistribucin das persoas conflitivas noutras aulas, xunto co cambio de estratexias educativas, pode axudar a cambiar a dinmica do sistema, cando se esgotaron anteriormente outras medidas.

Non estigmatizar nin marxinar: a titora entre iguais. Unha persoa con pro b l e mas de conduta pode ser unha fonte de apre ndizaxe para as demais se colaboran nas estratexias de contencin e integracin. imp o rtante facerlles ver isto aos demais rapaces e rapazas, aos seus pais e ao profesorado, cando se observa o perigo de estigmatizar a algun con dificultades. O profesorado titor dar as orientacins para que o grupo de iguais ignore as condutas que buscan chamar a atencin e se impliquen na integracin do alumno ou alumna no grupo. Unha persora valorada, admirada e querida pola que ten problemas, poder sentar ao seu lado para axudarlle, realizando unha titora entre iguais. Contratos de conduta. Establecer contratos de conduta asinados polo rapaz ou rapaza, o profesorado titor e a familia, no que se especifiquen as condutas que cmpre cambiar as como as consecuencias das condutas positivas ou negativas. Hai que ser re a l i s t a s nas propostas de cambios, xa que as novas aprendizaxes faranse dando pequenos pasos e con lentitude.

32

E n t re vistas de titora e axenda escolar. aconsellable re a l i z a r frecuentes entrevistas entre o profesorado titor e a familia para unificar os criterios de actuacin. Neste sentido, resulta moi til levar unha axenda ou caderno no que se anoten diariamente as orientacins ou suxestins do profesorado titor e da familia sobre o traballo e a conduta do rapaz ou rapaza, destacando os aspectos positivos e non s os negativos. Control das crises. Cando se presenta unha crise non podemos responder de forma mecnica s sas provocacins. Temos que utilizar estratexias de contencin, previas intervencin educativa, tendo en conta os seguintes aspectos:
I

Non activar as condutas problemticas do alumno con tons de voz elevados. Utilizar un ton de voz tranquilo e seguro. Ignorar a conduta problemtica cando sexa posible. Dar sinais que favorezan o autocontrol, interrompendo a conversacin ou actividades e tranquilizndose. Conter momentaneamente o alumno durante a crise. Manter a calma e actuar con seguridade. Proporcionar sinais que susciten unha conduta alternativa axeitada. Pasada a crise, non se ceder chantaxe, terase que facer o que se dixo, comprobando que coa crise non se conseguiu nada.

Estratexias antiviolencia entre iguais. Diante da agresin entre alumnado temos que desenvolver un programa integral contra a violencia, que vai dende a contencin educacin en valore s . Temos que contemplar dun xeito integrado as seguintes actuacins:

33
I

Concienciar e informar ao profesorado das caractersticas das agresins entre iguais. Facer propostas globais antiviolencia como: mellorar o clima da aula a travs de debates e asembleas nas titoras, consensuar normas de convivencia cos alumnado, utilizar a metodoloxa do traballo cooperativo para superar a competitividade, escoitar ao alumnado para avaliar o proceso de ensinoaprendizaxe. Falar coa familia da persoa agresora e da vtima, para mellorar o estilo educativo familiar e unificar as pautas de actuacin entre o centro educativo e as familias. Estratexias coa vtima: adestrala en habilidades sociais, mellorar a sa autoestima e confianza, implicala en traballos de grupo e responsabilizala de actividades da aula, non descartar o cambio de grupo. Estratexias coa persoa agresora: tcnicas de control do comportamento agresivo, establecer contratos de conduta e supervisalos, reparar o dano causado, sancionar a conduta agresiva e desenvolver a conduta desexada, posible cambio de grupo. Programa conxunto para vtima e agresor ou agresora: superada a fase crtica, ver a posibilidade de facer traballos conxuntos e compromisos de cambios posibles. Programa co grupo clase: aumentar a cohesin do grupo, estimular a actitude activa de desaprobacin da conduta agresiva.

Fomentar a autoestima. A autoestima consiste en vernos capaces de facerlles fronte aos desafos da vida e sentirnos mere c e d ores da felicidade. Ningun que se desprece a si mesmo pode ser

35

feliz. Hai que evitar tanto a sobre p roteccin como a falta de atencin aos rapaces e rapazas. Integrando as seguintes actuacins:
I

Eloxiar sempre que haxa ocasin. Ensinar a eloxiar aos outros. Evitar as crticas cidas globalidade da persoa, centrarse na conduta. Non proxectar os nosos desexos de adulto nas metas do neno ou nena. Corrixir os erros construtivamente, dando alternativas. Estimular a consecucin do xito, valorando o esforzo tanto como o logro. Mostrarse interesado polas sas cousas. Facerlle saber que se lle acepta e quere tal como . Axudarlle a propoerse metas realistas, non crear expectativas inalcanzables. Ensinarlle a respectar as normas e asumir responsabilidades. Facerlle ver as sas propias calidades e valores. Evitar comparacins, especialmente cos irmns. Facelo consciente de que ningun perfecto e de que todo se pode mellorar. Axudarlle a recoecer, aceptar e superar as sas dificultades.

Mediacin en conflitos. A mediacin un mtodo de resolucin de conflitos no que as das partes enfrontadas recorren voluntariamente a unha terceira persoa imparcial, o mediador, para chegar a

36

un acordo satisfactorio. Temos que exercitar ao profesorado e ao propio alumnado no proceso de mediacin, que se estrutura nas seguintes fases:
I

Premediacin: crear condicins previas falando coas partes por separado. Presentacin e regras do xogo: quen somos e como vai a ser o proceso. Cntame: que cada un conte o que pasou e se desafogue. Aclarar o problema: onde estamos, en que consiste o conflito. Propoer solucins: como samos desta situacin, busca de alternativas. Chegar a un acordo: que facemos, quen o fai, como, cando e onde. Seguimento, verificacin e avaliacin dos resultados.

Aprender a superar a ansiedade. As tcnicas de interv e n c i n para superar a ansiedade e as fobias podmolas integrar no seguinte proceso:
I

Hai un nivel de ansiedade que podemos experimentar con certa frecuencia como resultado das circunstancias complexas da vida. A ansiedade pode ser unha fonte de aprendizaxe excepcional se a superamos utilizando as seguintes tcnicas: Mtodo de relaxacin profunda: para neutralizar a somatizacin da ansiedade (taquicardias, sudoracin, tremores, mareos) e mellorar a integracin da mente e do corpo.

37

Reestruturacin cognitiva: para transformar os pensamentos distorsionantes de perfeccionismo, comparacin ou culpabilidade, en pensamentos complexos positivos, que liberan a nosa creatividade. Exposicin progresiva s situacins que nos xeran ansiedade para superar a evitacin.
I

Axuda profesional. Para aplicar as estratexias anteriores dun xeito eficaz necesitamos a orientacin dun profesional. Pero, sobre todo, se o malestar e sufrimento continan, necesaria a consulta en sade mental para clarificar a diagnose e o tratamento farmacolxico e/ou teraputico oportunos. Terapia sistmica: non abonda con que cambie a persoa, temos que cambiar as relacins desaxustadas no sistema familiar, escolar ou social para que a persoa poida superar a sobrecarga e consolidar un proceso de benestar. Apoios escolares: para superar a ansiedade e a fobia escolar necesario o apoio do orientador ou orientadora como mediadores ou estrutura intermedia entre a casa e a aula. Cando se disparan os sntomas pode utilizar o departamento como un espazo de transicin entre a casa e a aula. A coordinacin entre o profesorado, a familia e os distintos profesionais axudar ao desenvolvemento dun currculo ptimo para que melloren os seus logros e autoestima.

Estratexias diante do mutismo selectivo. Unha vez realizada a avaliacin interdisciplinar do mutismo selectivo, o pro g r a ma de i n t e rvencin na aula debe basearse nos seguintes puntos xerais, contemplando sempre a peculiaridade de cada persoa:

38
I

Dar a impresin de que o problema non lle chama a atencin ao adulto, falarlle normalmente e sen darlles importancia aos seus silencios. Evitaranse as situacins que esixan unha resposta verbal. Cando lle toque falar ao alumno ou alumna, se non responde, pasarase a quenda a outra persoa como se non pasase nada, sen manifestar preocupacin que reforce os beneficios do mutismo. Se fose preciso, habera que adaptar a avaliacin dos obxectivos docentes ao hndicap do que se trate. Non interesa que isto angustie ao profesorado ou familia e sexa observado polo alumno ou alumna. O profesorado poder comprobar que o neno ou nena le correctamente se se lle trae unha cinta gravada coa lectura. Os comentarios sobre a sa evolucin non se farn diante del/a. Na casa os pais non lle farn preguntas sobre o colexio relacionadas co seu mutismo. Se favorecemos a sa comunicacin non verbal e integracin, evitando que os iguais falen por el, non tardaremos en olo falar, primeiro baixio e logo cun ton de voz normalizado. Cando isto empece a acontecer, reaccionaremos con normalidade, tanto o profesorado como os compaeiros e compaeiras, evitando darlle excesiva importancia. contraproducente forzar a falar.

Estratexias de contencin, extincin e re f o rz o. No proceso de t r a n s f o rmacin de condutas disruptivas en condutas creativas podemos dar os seguintes pasos no mbito escolar:
I

Retirar a atencin: ignorar e retirar a atencin s condutas inadecuadas.

39
I

Corrixir as condutas disruptivas no momento no que se producen, pero evitar a reiteracin das correccins en pblico. Pospoer para mis tarde unha entrevista persoal co alumno para reflexionar sobre a conduta e as sas consecuencias, sen que consiga interromper a clase. Introducir cambios dentro da aula para a contencin. Poder cambiarse a actividade que se a realizar ou o lugar que ocupa, para favorecer que reflexione e se tranquilice. Reforzar as condutas alternativas e positivas. En canto se aproxime conduta desexada, prestarlle atencin e reforzalo positivamente. Tempo fra: cando o alumno ou alumna faga imposible poder dar a clase, sair da aula para ir a unha titora onde estar atendido por unha persoa adulta que o ignorar ata conseguir que se aburra tanto que desexe incorporarse ao grupo. Entn, ser o momento de comprometerse a respectar as normas. O profesorado como modelo de conduta reflexiva: o profesorado infle no alumnado polo que din, pero sobre todo polo que fan. O profesor educador harmoniza o dominio da sa materia coa empata co alumnado para construr o saber compartido e a conduta reflexiva, crtica e comprometida coa recreacin dun mundo mis humano e sostible. Ver arquitectos de utopas realistas pode espertar nos mozos e mozas a esperanza de ser felices loitando por mellorar o mundo, cun proxecto de vida solidario.

BUSCANDO AXUDA
Por onde empezo?

Debemos buscar unha diagnose precoz dos problemas de conduta para evitar o efecto de bla de neve que arrastre ao alumnado a maiores dificultades persoais, familiares, escolares e sociais. Cando probamos a poer en marcha as estratexias anteriormente relacionadas, e vemos que a situacin non mellora, provocndonos un sufrimento cada vez maior, o momento de pedir axuda profesional. Podemos utilizar os seguintes camios: Va sanitaria : a familia pode solicitarlle ao mdico pediatra ou mdico de familia unha consulta en sade mental infantil para clarificar as dbidas que tea sobre os pro b l e mas de conduta que observa na casa ou que lle manifestan dende a escola. Va educativa: a familia e/ou o profesorado titor, de mutuo acordo, solicitan unha avaliacin psicopedagxica ao orientador ou orientadora do centro, que pode pedir a colaboracin do especialista en trastornos de conduta do equipo de orientacin especfico. Equipo de orientacin especfico de A CORUA Ra Pepn Rivero, s/n 15011 A Corua Tel. 981 251 403 981 251 406 Equipo de orientacin especfico de L U G O Ra Dr. Yez Rebolo, 31 27004 Lugo Tel. 982 251 126

41

Equipo de orientacin especfico de O U R E N S E Ra da Universidade, s/n 32005 Ourense Tel. 988 246 261 Equipo de orientacin especfico de P O N T E V E D R A Paseo de Montero Ros, s/n 36001 Pontevedra Tel. 986 805 937 Va interd i s c i p l i n a r:que pode promover o profesional da educacin, sanidade ou servizos sociais, co permiso da familia, para facilitar a evolucin positiva dos rapaces e rapazas, integrando a visin clnica, psicopedagxica e sociofamiliar.

PA R A S A B E R M I S

REFERENCIAS LEXISLAT I VA S
Orde do 6 de outubro de 1995 (DOG do 7 de novembro), pola que se regulan as adaptacins do currculo nas ensinanzas de rxime xeral. Decreto 320/1996, do 26 de xullo (DOG do 6 de agosto), de ordenacin da educacin de alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais. Orde do 31 de outubro de 1996 (DOG do 19 de decembro), pola que se regula a avaliacin psicopedagxica dos alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais que cursan as ensinanzas de rxime xeral, e se establece o procedemento e os criterios para a realizacin do ditame de escolarizacin. Decreto 120/1998, do 23 de abril (DOG do 27 de abril), polo que se regula a orientacin educativa e profesional na Comunidade Autnoma de Galicia. Orde do 24 de xullo de 1998 (DOG do 31 de xullo), pola que se establece a organizacin e funcionamento da orientacin educativa e profesional na Comunidade Autnoma de Galicia, regulada polo Decreto 120/1998. Lei orgnica 10/2002, do 23 de decembro (BOE do 24 de decembro), de calidade da educacin.

45 Orde do 27 de decembro de 2002 (DOG do 30 de xaneiro de 2003), pola que se establecen as condicins e criterios para a escolarizacin en centros sostidos con fondos pblicos do alumnado do ensino non universitario con necesidades educativas especiais. Resolucin do 22 de decembro de 2004, da Direccin Xeral de Centros e Ordenacin Educativa, pola que se ditan instrucins para os departamentos de orientacin dos centros de educacin especial.

REFERENCIAS BIBLIOGRFICAS
ARMAS, M. (2005). Ver o invisible nos problemas de conduta. Estratexias para familias e centros educativos. Xerais. Vigo. ARMAS, M. e SNCHEZ, L. (2004). La mirada compleja en las organizaciones que aprenden. En VILLA, A. (coord.). Direccin para la innovacin: apertura de los centros a la sociedad del conocimiento. IV Congreso Internacional sobre Direccin de Centros Educativos. ICEUniversidad de Deusto. Bilbao. CARRASCOSA, M J.J. e MARTNEZ, B. (1998). Cmo prevenir la indisciplina. Escuela Espaola. Madrid. CONSELLO ESCOLAR DE GALICIA (1999). A convivencia nos centros escolares de Galicia. Cursos 9697 e 9798. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela.

46 CONSELLO ESCOLAR DE GALICIA (2001). A convivencia nos centros escolares como factor de calidade. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela. CYRULNIK, B. (2002). Los patitos feos. La resiliencia: una infancia infeliz no determina la vida. Gedisa. Barcelona. DAZAGUADO, M J. (1996). Programas de educacin para la tolerancia y prevencin de la violencia en los jvenes. Pirmide. Madrid. JARES, X.R. (2001). Educacin y conflicto. Gua de educacin para la convivencia. Popular. Madrid. MACI, D. (2002). Problemas cotidianos de conducta en la infancia. Pirmide. Ojos Solares. Madrid, MEC (1999). Convivir es vivir. Estrategias para la solucin de conflictos. MEC. Madrid. MORIN, E. (2001). Los siete saberes necesarios para la educacin del futuro. Paidos. Barcelona. ORJALES, I. (1999). Dficit de atencin con hiperactividad. Manual para padres y educadores. CEPE. Madrid. TORREGO, J.C. (2003). Mediacin de conflictos en instituciones educativas. Manual para la formacin de mediadores. Narcea. Madrid.

Vous aimerez peut-être aussi