Vous êtes sur la page 1sur 7

http://www.sendadobarragan.

com/

Senda da fraga do Barragn - Unha andaina de 17 km


http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=3623808 Existen catro entradas distintas para acceder o sendeiro dende as catro parroquias polas que transcorre, estando sinalizadas nas estradas principais: En Calvos na estrada PO-250, a altura do cruce de acceso a dita parroquia, coller un camio de terra que nuns 200m. nos leva a senda. Entrada por Moscoso, dende a estrada PO-250.Partindo do centro desta localidade, coller a estrada PO-252 direccin Mondariz e a tan s 150m. pode estacionar a beira da estrada. Nese lugar tomar un camio a esquerda, direccin Eirado-As Lombas, que nos leva a senda nuns 200m. En Freaza o roteiro cruza a estrada PO-2803 en dous puntos. En Xunqueiras en estrada PO-252 existe unha sinal que conduce a torreiro. - - Este torreiro o consideramos como entrada principal, e conta con un amplo aparcamento . - Recomendamos o percorrido comezando no torreiro de Xunqueiras en direccin a Freaza, de este xeito se suavizan as poucas subidas que existen.

As comunidades de Calvos e Traspielas (Fornelos de Montes) e Moscoso e Xunqueiras (Pazos de borbn).. Conscientes da necesidade de proteccin da fraga do Barragn e da sa riqueza, tanto natural como cultural, no ano 2009, xuntronse para sumar forzas e tras moitos esforzos conqueriron dar un primeiro paso: a realizacin do proxecto : "Posta en valor da Fraga do Barragn", a finais do ano 2012. A seguinte fase a de constituir unha asociacin cuxo fin sexa a proteccin do noso ro, a nosa fraga e a nosa cultura. Neste traballo estamos e necesitamos a colaboracin de todas as persoas que sintan o mesmo.

Unha andaina de 17 km que non deixa indiferente ao camiante. Historia, auga, pedras, moitas cores e unha infinidade de sensacins. VEN E SINTE!

Recorrido:

Anda que o sendeiro conta con varias posibilidades de acceder a el, nesta ocasin eliximos o torreiro de Xunqueiras como comezo e remate da andaina. Este lugar o mis axeitado pola facilidade para acceder a el, e polo amplo aparcadoiro co que conta. Faremos todo o percorrido en sentido contrario s agullas do reloxo. Comezamos a camiar cara ao sur por un camio pavimentado e completamente plano. Deixamos atrs este tramo e seguimos nunha pista forestal en principio en terreo tamn plano, ata comezar o descenso que nos levar s proximidades do ro Barragn ou Taboada, do que pouco a pouco xa escoitamos o rumor das sas augas. Deixamos a pista forestal, xa que utilizaremos o que foi unha levada de regado coecida como As de Maruxa. Discorremos 500 m completamente planos, que conforman un magnfico e cmodo balcn que discorre paralelo ao ro e que nos leva Ponte de Pau, un lugar este con moito valor sentimental para as xentes do lugar, xa que neste punto se atopou ata os anos setenta unha ponte de madeira que era vital para as comunicacins dos vecios de Freaza coas outras parroquias. Varias dcadas despois pdese cruzar o ro pola nova ponte reconstruda no 2012. Agora, a tan s douscentos metros espranos o lugar de Freaza, despois dun pequeno tramo de subida algo esixente xa avistamos as primeiras vivendas. Freaza, una pequena aldea de casas bastante agrupadas pola que tamn pasaremos volta. Nesta ocasin o sendeiro discorre pola parte baixa do lugar por un camio no que as edificacins estn a ambos os dous lados. Vecios traballando en labores agrcolas, gando, un lavadoiro, canastros... Unha tpica estampa do xenuno rural galego. Logo de deixar atrs as vivendas, o camio discorre novamente prximo ao ro, e pouco a pouco achegmonos parte alta deste. O ascenso moderado con moitos tramos suaves e a medida que avanzamos a paisaxe asemellas mis d montaa. Grandes pedras e o arborado na sa maiora salgueiros, bidueiros e carballos, que esta vez se atopan s beira do ro. Neste lugar, ao contrario do que acontece na fraga xa podemos avistar de lonxe o primeiro muo que atopamos pola zona, coecido co nome De Agosto. Continuamos ascendendo xunto as movidas augas que saltan de pedra en pedra ata atopar un fermoso e relaxante lugar. O seu conxunto forma un merendeiro con mesas, unha ponte de madeira e dous muos, que destacan dos outros que atoparemos no ro polo seu cubo, construdo con aros de pedra de considerables dimensins e superpostos, sen dbida un dos principais expoentes dos dificultosos traballos de cantera en canto a muos se refire. Retomamos logo o sendeiro para percorrer os ltimos centos de metros de ascenso durante os cales paga a pena deterse a divisar a longa valgada que deixamos atrs e que nos levou ao corazn do monte.

Xa rematada a subida, atopamos unha paraxe de monte moi aberto beira dun val coecido como As Chas de Queirn. Estamos situados no punto mis ao sur de todo o sendeiro, aqu conflen os dous regueiros mis importantes que lle dan vida ao ro, e atpanse os lindes entre os concellos de Mondarz e Fornelos de Montes. Dende aqu comezamos o retorno fraga, afastndonos do ro durante un bo treito. Unha pista forestal conduciranos aldea de Freaza novamente. Esta vez pasamos pola parte alta do lugar xunto casa da cultura, que se atopa no Torreiro da festa, e na sada deste vemos unha pequena capela que honra a san Antonio. Deseguido deixamos esta poboacin para comezar un suave descenso, que, pouco a pouco, nos ir levando extensa fraga na que nos internaremos durante varios quilmetros, entre veigas, muros, e os nosos amigos inseparables, os carballos que xa comezan a aparecer. Seguimos baixando e dentro de pouco atopamos de novo o ro que xa non abandonaremos ata a sa desembocadura no encoro de Eiras. Os pasos chamados Dos Campos e Dos Barcos axudarn acruar as ugas en das ocasins e un pouco mis adiante unha ponte de pedra pola que pasamos outra beira para achegarnos a un importante conxunto etnogrfico pertencente a Xunqueiras, composto por tres muos, presas e levadas ao carn das cales camiaremos durante este tramo, atopando deseguido o Muo Vello restaurado na sa totalidade, logo xa o de Muo Novo e o do Abade, xunto ao que se atopan unhas mesas de pedra. Seguimos percorrendo un suave descenso que se manter ata que cheguemos ao encoro .. km mis abaixo. Uns pasos de pedra nosa dereita serven de enlace derivacin do sendeiro dende o lugar de Pardalongas, se o seguimos a uns trescentos metros podemos visitar a fermosa fervenza chamada do Pozo Machado, situada no ro Pielas, e un pouco mis adiante o muo de Pieiro, restaurado na sa totalidade. Se decidimos continuar o sendeiro circular non temos mais que seguir beira do ro, sempre rodeados por unha vexetacin abraiante. Logo divisamos os restos do muo de Perico, e pasamos a presa do Triquilln e a sa levada, pola cal circulamos ata chegar ao muo, nada mis pasar este atopamos outro muo, o de Herdeiros e seguiremos camiando ao carn da presa do Carrilln, e a sa levada ata atopar o muo e a ponte do mesmo nome. Cruzamos o ro pola ponte de pedra que une as parroquias de Moscoso e Traspielas, e seguimos camiando entre a espesura da Carballeira, pola beira da presa de Barragn, que a mis extensa e fonda de todo o ro. Novamente unha ponte permitiranos cruzar outra beira. A partir de aqu o sendeiro discorre paralelo levada que conduce a auga ao muo de Barragan, este muo destaca por contar con das moas. Continuamos a carn do ro, sempre envoltos pola espesa e frondosa vexetacin de ribeira onde conviven un bo numero de especies vexetais. Mis adiante, pasado un suave desnivel descendente, descubrimos outro valioso conxunto etnogrfico, esa os pasos e o muo do Portacavada. Pasamos xunto a presa do Portarramil e chegamos beira das tranquilas augas da presa de Eiras, que lle serve de subministro cidade de Vigo. O camio transcorre uns cen metros mis xunto a fermosa paisaxe do encoro, inmerso na carballeira.

altura dos pasos do Portaramil, no linde entre os concellos de Pazos e Fornelos, comezamos a ascender e afastmonos do ro durante varios quilmetros, para visitar as poboacins de Moscoso e Xunqueiras. Unha vez mis inmersos na carballeira, descubrimos un mxico lugar, de speto presntase ante ns un antigo e impoente acueduto de pedra que aparenta unha fortaleza, onde un arco oxival nos permite a entrada aos restos dun antigo poboado que se agocha entre carballos e musgo. Este lugar cocese como A Cidade, un antigo castro no que posiblemente un pobo agrogandeiro aproveitou o foxo e as pedras para construr un curioso poboado formado por pequenas casias semisoterradas. Se camiamos ao longo do foxo, deixamos voar a imaxinacin e lle buscamos unha explicacin ao que ollamos, atopmonos unha desas antigas casias reconstruda. Trtase da coecida como A Casa da Raa, que nos d unha idea do que puido ser A Cidade tempos atrs. Seguimos o percorrido abraiados polo encanto do fermoso lugar, e anda podemos ver a ambos os lados do camio mis restos de edificacins, pero agora xa mis illadas. Uns douscentos metros mis e xa nos atopamos no extremo situado mis ao norte de todo o sendeiro. Al, nun outeiro sen vexetacin de rbores chamado O Coto do Castro, gozamos dunhas magnficas vistas dos arredores. Seguindo a ladeira Este do Monte da Cidade retornamos ao acueduto, pasamos pola sa parte superior, e temos a oportunidade, dende aqu, de despedirnos deste enigmtico lugar. Seguimos avanzando e aproveitamos a levada que conduca a auga a ese punto para andar uns catrocentos metros e atopamos o Muo do Rabelo, totalmente eturad e situado a arn dun pequeno regueiro do mesmo nome e rodeado de carballos e bidueiros. Continuamos pola levada deste muo e de seguido pasamos por varios portelos de pedra, ata atopar un camio entre muros e cun suave ascenso que nos levar vila de Moscoso, ao barrio do Eirado, no que anda se manteen xunto ao camio mostras da arquitectura popular. Agora o percorrido transcorre por algns tramos pavimentados. Achegndonos ao lugar das lombas vemos unha poza de regado e outra que se usaba como lavadoiro a carn do camio, e logo pasamos xunto s ultimas vivendas. Retomamos o camio de terra en direccin fraga do Barragn. Canles de regado construdas en pedra, muros e varios tipos de cercados nas veigas, amsannos o duros, que ata hai poucos anos, foron os labores agrcolas nesta zona minifundista. Deixamos atrs Moscoso e continuamos descendendo achegndonos unha vez mis exuberante e extensa carballeira.
A partir de aqu unha pista forestal que se mantn a carn da fraga, danos a oportunidade de camiar por un tendido terreo e poder admirar o esplendor da gran carballeira. Unha moderada subida lvanos a un estreito camio entre muros, que nos conduce parroquia de Xunqueiras. No lugar de Cabo da Raa atopamos o adro onde horas antes comezaramos o percorrido, e dende o cal observamos a Igrexa de san Salvador, rodeada por un singular camposanto, onde algns dos seus pantens labrados en pedra son verdadeiras obras de arte. http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=3623808

MAPAS

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=3623808

Vous aimerez peut-être aussi