Vous êtes sur la page 1sur 1

Aire negro, Agustín Fdez.

Paz

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ (Vilalba, 1947). Vive


en Vigo, onde imparte clases nun instituto. Mestre e
Licenciado en Ciencias da Educación, estivo
vencellado a movementos de renovación pedagóxica e
impartiu numerosos cursos relacionados coa didáctica
da lingua. É autor de recoñecidas obras de literatura
infantil e xuvenil pertencentes a todos os xéneros e
algunhas delas galardoadas con prestixiosos premios,
como As flores radiactivas, Contos por palabras,
Trece anos de Branca, Cartas de inverno ou Cos pés
no aire, entre outras. Confésase un apaixonado da
lectura, do cine, dos cómics, da música... Entre as súas
afeccións cóntanse os paseos polo monte, andar en
bicicleta ou escribir cartas.

Esta novela foi recoñecida como:


- 6º Premi de Literatura Protagonista Jove 2002,
escollido polos adolescentes dos institutos e das
bibliotecas de Catalunya.
- Finalista do Premio Nacional de Literatura
Xuvenil 2002.
- Lista de Honra do IBBY 2002.

GUIÓN DO TRABALLO
1. Resumo do argumento.
2. Describe os personaxes centrándote na súa evolución ao longo da novela e nas
súas reaccións e actitudes ante os acontecementos.
3. Analiza o suspense na novela. Como crea o autor o clímax de misterio?
Conségueo?
4. Na novela están moi presentes as supersticións, cales son? Fai un comentario
deste tema relacionándoo co que ti observas no teu propio contorno.
5. Como se explica o título? Propón outro título e argumenta a túa escolla?
6. Comenta as reaccións da protagonista. Como reaccionarías ti ante unha
experiencia semellante?
7. Crea o teu propio relato de medo baseado nunha experiencia propia.

Vous aimerez peut-être aussi