Vous êtes sur la page 1sur 14

A viaxe de Mido.

Concerto didctico
A. Moreiras

CONCERTOS PARA ESCOLARES


A
AV
AX
XE
ED
EM
VIIA
DO
O
DE
MIID

AUDITORIO DE GALICIA
CURSO 2010/2011

PROPOSTA DIDCTICA

Amalia Moreiras

A viaxe de Mido. Concerto didctico


A. Moreiras

NDICE DE CONTIDOS

Introducin

O concerto

Actividades anteriores ao concerto:


O pas da msica
O protagonista
A viaxe
Os personaxes

Actividades posteriores ao concerto:


Identificar e recoecer
Lugares de msica

Anexos:
Imaxes
Signos musicais
Internet

A viaxe de Mido. Concerto didctico


A. Moreiras

INTRODUCIN

Na sa oferta didctica de Concertos Escolares do Auditorio de Galicia inclese


o concerto titulado A viaxe de Mido. Os materiais que se presentan a continuacin
estn pensados como actividades musicais para traballar na aula antes e despois da
asistencia ao concerto, adaptadas ao nivel do alumnado habitual. Porn, cada docente
pode modificar as actividades aqu propostas, cambialas de orde ou escoller cales
traballar coa sa clase, dependendo do seu criterio, do seu alumnado e das
posibilidades de tempo e recursos das que dispoa.

O CONCERTO
Este concerto didctico ten forma de conto musical, no que se escoita unha
narracin acompaada da msica, que forma parte do argumento. A continuacin
presentamos unha breve ficha informativa cos datos mis relevantes do concerto:
o
o
o
o

Ttulo: A viaxe de Mido


Forma: conto musical
Intrpretes: narrador e grupo instrumental mixto (viola, contrabaixo,
fagot, trompeta, trompa, trombn, tuba e piano)
Repertorio: seleccin musical variada de msicas diversas:
Brahms: Cancin de berce
Popular: Oh when the saints go marching in
Ted Nichols: Os picapedra
G. Pascual Falc: Paquito chocolatero
K. J. Arfold: Marcha do coronel Bogey
Annimo: Greensleeves
Saint-Sans: Elefante
Biber: Gato
Saint-Sans: Cisne
Popular infantil
Terry Gilkyson: Bare Necessities (O mis vital)

Para poder iniciar as actividades, haber que informar ao alumnado do esencial


da narracin. A continuacin mostramos un pequeno resumen do argumento, que
poder ser lido na clase no momento e na forma que cada docente decida: todo
enteiro antes de empezar o traballo, por fragmentos a medida que se desenvolven as
actividades, despois de finalizar todas as propostas de traballo... pero procurando que
a sorpresa siga presente o da do concerto.
Argumento:
No pas da msica, vive un rapaz de oito anos chamado Mido, que enche de
msica todas as actividades da sa vida. Un da, debido a un feitizo, a msica
desaparece do pas. Unha fada ofrece a Mido a solucin para desfacer o feitizo: deber
completar unha meloda que romper a maxia. Mido emprende entn unha viaxe onde
atopar diversos personaxes que lle axudarn na sa labor. Finalmente, entre todos,
conseguirn completar a meloda mxica, romper o feitizo e devolver a msica ao pais.

A viaxe de Mido. Concerto didctico


A. Moreiras

____________________________ACTIVIDADES ANTERIORES AO CONCERTO


a) O pas da msica
Aqu e agora, vouvos contar
a historia dun neno que ides lembrar.
Viva nun pas onde reinaba a ledicia.
O nome do reino era...Musicia
Deste xeito comeza a narracin do
concerto que, como pode observarse,
versificada, tal como sucede con moita da
literatura oral infantil (rimas, adivias,
cancins, xogos...) Queda a criterio de cada
docente desvelar este feito antes do concerto
ou ben deixar que sexa un descubrimento dos
propios rapaces. De calquera xeito, a primeira
actividade consistir en contar o lugar onde
se sita o conto; poden lerse os versos
anteriores (sen dicir o nome de Musicia) ou
ben pdese directamente contar o alumnado
as caractersticas do pas. A idea que eles
mesmos propoan un nome para un pas onde a Msica sexa protagonista. Iremos
anotando as sas respostas no taboleiro, s que engadiremos finalmente o nome real
do pas do conto: Musicia.
A continuacin, iniciaremos unha actividade creativa onde o alumnado deber
imaxinar como ser o aspecto dun pas tan musical. Podemos axudarlles con algunha
das imaxes includas aqu e nos anexos ou ben incitar sa imaxinacin por medio de
preguntas:
o
o
o
o
o
o

como ser un ro en Musicia?


que cantan os paxaros en Musicia?
que forma teen as rbores en Musicia?
como asuba o vento en Musicia?
quen habita en Musicia?
como son as estradas en Musicia?

Ademais de imaxinar un pas musical, o obxectivo da actividade ser a representacin


grfica das sas respostas. Para iso, pediremos ao alumnado que cadaqun debuxe
como imaxina o pas de Musicia. Se o profesorado o considera conveniente, pode
dividirse a tarefa debuxando s un aspecto do pas: os habitantes, a paisaxe, os
animais, as plantas, os medios de transporte, etc.
b) O protagonista
O personaxe principal do conto musical un neno de oito anos chamado Mido.
Faremos ver ao alumnado que o seu nome est formado por das notas musicais,
como corresponde a un habitante de Musicia. A actividade seguinte ser un xogo
lingstico cos nomes das notas. Igual que o nome de Mido, haber que buscar
palabras que poidan ser construdas a partir do nome das notas. Por exemplo: soldo,
lado, etc. 1 Se saen palabras de significado descoecido para o alumnado, ser unha
ocasin para aprender novo vocabulario.
1

As posibilidades non son demasiadas, pero como mnimo saen relamido, resol, fado,
fala, falado, soldo, solfa, solla, lado, e algunha forma verbal: mire, sido.

A viaxe de Mido. Concerto didctico


A. Moreiras

Seguindo co xogo das notas, trataremos de contestar seguinte cuestin: se o


neno protagonista se chama Mido cal sera o nome se fose unha nena protagonista? 2
O obxectivo ser buscar posibles nomes femininos construdos tamn a partir das
notas musicais. Iremos anotando as respostas no taboleiro para elixir o nome mis
bonito, a criterio do grupo. Se o profesorado o considera procedente, tamn poderan
buscarse outros nomes de neno, aparte de Mido.
Finalmente, pasaremos a falar do aspecto externo de Mido.
Como un habitante de Musicia, podera estar feito de signos
musicais. Esta vez tern que crear o seu personaxe a partir do
material proporcionado nos anexos, que deber ser fotocopiado,
ampliado e recortado segundo as necesidades. O obxectivo ser
combinar os distintos signos musicais de xeito que poidan formarse
figuras diferentes, como se fose un tangram musical. Ao final,
debera haber varios retratos posibles dun Mido musical.
c) A viaxe
Durante o concerto, escoitaremos varias veces unha meloda cada vez que Mido
emprende a sa andaina e recorre novos territorios. unha especie de leitmotiv da
viaxe, que corresponde coa msica principal da pelcula Ponte sobre o ro Kwai, unha
marcha titulada Marcha do coronel Bogey. Esta msica non foi composta polo autor da
banda musical da pelcula, M. Arnold, senn que xa exista previamente e foi adaptada
para o filme. A sa caracterstica principal a de ser asubiada, en vez de cantada ou
tocada con instrumentos. Podemos facer escoitar ao alumnado a versin orixinal da
pelcula (ver anexos) 3 e intentar aprender a meloda, que pode ser que lles resulte
coecida. O ideal sera tamn interpretala asubiando pero probablemente os nenos
pequenos anda non saiban ben, polo que pode ser unha ocasin para tratar de
aprender. Partiremos da posicin de facer
silencio, para mostrar como o aire soa
ao pasar rozando a lingua. Retiramos
logo o dedo e probamos a facer silencio
en distintas alturas, mis grave ou mis
agudo, para finalmente intentar conseguir
a meloda siseando. A outra maneira de
asubiar, poendo os beizos en posicin de
dicir U posiblemente resulte moito mis
difcil de aprender, anda que pode
intentarse igualmente. Como conseguir
asubiar non algo que se aprenda nun
momento, despois das diversas probas na aula mis ou menos exitosas, podemos
encargar esta tarefa como deberes para casa. O que si deberemos aprender na aula
a meloda da marcha, que podemos tararear ou cantar sen letra. A msica a
seguinte 4 :

Posiblemente o alumnado pense moitos mis nomes, pero entre os posibles estaran
Mila, Mim, Lala ou Sis, por exemplo.
3
Cada docente decidir se conveniente para o seu grupo ver as imaxes (trtase dun
filme blico) xunto coa msica ou se preferible escoitar soamente o audio orixinal.
4
No penltimo comps, as notas reais son as graves, pero engadronse notas
alternativas para que poida ser interpretada coa frauta.

A viaxe de Mido. Concerto didctico


A. Moreiras

Xa que esta a musiquia de Mido, podemos engadir o seu nome no momento


en que saen estas notas (compases 2 e 10) de maneira que, mentres se interpreta a
meloda, tocada, tarareada ou asubiada, se cante Mido no momento preciso. Como
o intervalo tpico da chamada do cuco, 3 descendente, ser moi sinxelo que o
alumnado recoeza o momento onde deben chamar a Mido 5 . Tamn podemos traballar
outras actividades a partir desta mesma msica, como contar cantas veces sae o
nome de Mido na meloda, palmear nos espazos de silencio, camiar pola aula ao
tempo da msica, como nunha marcha ou desfile 6 , ou calquera outra actividade que o
docente considere axeitada.
Finalmente, unha recomendacin ao profesorado para o da do concerto. Como
esta msica sae varias veces, en ocasins cos msicos tocando entre o pblico,
previsible que o alumnado empece a dar palmas para acompaar. Haber que
comentar en clase este feito e aconsellar que, no lugar das palmas, se queren
acompaar o fagan cantando, tarareando, asubiando, se conseguiron aprender, ou
chasqueando os dedos (pitos) Evidentemente, tamn haber que explicarlles a
razn, facndolles ver que moitas persoas palmeando vez fan demasiado rudo como
para poder escoitar a msica, que non leva amplificacin.

Anda que na meloda aparecen tamn outros intervalos de 3 descendente,


preferible utilizar s o que corresponde coa altura real das notas MI-DO.
6
Nun dos vdeos includos nos anexos pode verse unha banda militar tocando esta
marcha ao tempo que realiza un desfile, que pode servir de modelo.

A viaxe de Mido. Concerto didctico


A. Moreiras

d) Os personaxes
Aparte do protagonista, Mido, que estar
interpretado polo fagot, haber na historia
outros personaxes, cada un representado por
un instrumento diferente. A relacin completa
en orde de aparicin a seguinte: fagot,
piano, contrabaixo, viola, trompeta, trompa,
trombn e tuba. Para non desvelar a sorpresa
da historia, non falaremos ao alumnado das
relacins entre personaxes e instrumentos
antes do concerto senn que ser unha
actividade para traballar posteriormente.
Agora, o obxectivo ser mostrar os
instrumentos que participan no concerto e
aprender o seu nome, aspecto e son. Unha
maneira de traballar pode ser en forma de
xogo: necesitaremos unhas ilustracins de cada un dos instrumentos anteriores, que
estarn vista do alumnado e numeradas, sen dicir nada sobre o seu nome ou
caractersticas. O xogo consistir en ir dando pistas para que o alumnado trate de
averiguar de que instrumento se trata. Estas pistas tern que ir dende o mis xenrico
ata o mis especfico; por exemplo: est feito de metal, dourado, tes que soprar
para que soe, moi grande... Como os instrumentos estarn numerados, haber que
contestar co nmero da ficha que corresponda ao instrumento. Despois chegar o
momento de explicar o seu nome, escoitar algn exemplo e ver outras imaxes do
mesmo instrumento. Pdese repetir o proceso varias veces, para explicar todos os
nomes e instrumentos. Outra posibilidade clasificar primeiro a serie de instrumentos
atendendo a criterios diversos, como por exemplo:

a
o
a
o
o

cor: os que son marrns, os que son dourados


tamao: os mis grandes, os mis pequenos
posicin: os que se tocan sempre sentados, os que non
nome: os que empezan por T, os que non
mecanismo: os que se sopran, os que non

Unha nova variante de xogo, unha vez que estn feitas todas estas clasificacins, ser
adiviar o nome do instrumento que responda s pistas dadas segundo estes criterios.
Por exemplo: marrn, moi grande, tcase de p, non empeza por T, non se sopra...
contrabaixo!

O obxectivo destas actividades aprender os nomes dos instrumentos que


escoitarn no concerto e podelos recoecer visualmente. Haber que prestar atencin
a que as imaxes que se empreguen mostren os instrumentos tanto ailladamente como
sendo tocados, para que poidan verse na proporcin e posicin correcta. O
recoecemento auditivo destes instrumentos traballarase mellor despois do concerto.

A viaxe de Mido. Concerto didctico


A. Moreiras

___________________________ACTIVIDADES POSTERIORES AO CONCERTO


De volta aula despois do concerto, ser o momento de completar a
experiencia con actividades de reforzo e ampliacin que contriban a fixar os
elementos do concerto.
a) Identificar e recoecer
Primeiro haber que facer un exercicio de memoria para recordar cantos
personaxes saron no conto e anotalos na pizarra segundo vaian sendo nomeados. A
lista completa comprende 8 personaxes: Mido e a Fada, os principais, e os personaxes
secundarios que van atopando e os axudan. A continuacin, haber que seguir
recordando para asignar a cada personaxe o instrumento que o identificaba. A relacin
completa a seguinte:
o Mido: fagot
o Fada e Fado: piano
o Carballo: contrabaixo
o Gato: viola
o Galo: trompeta
o Cisne: trompa
o Pato:trombn
o Elefante: tuba
Como o traballo cos nomes e a identificacin visual dos instrumentos xa foi realizado
antes de asistir ao concerto, haber que incidir agora na sonoridade de cada un destes
instrumentos. Faremos escoitar algunha das msicas includas no concerto 7 , como por
exemplo, a coecida peza de Saint-Sans O elefante, ou O gato, de Biber. Novamente
haber que facer memoria para recordar que personaxe da historia tocaba estas
msicas (carballo e gato, respectivamente) Estas pezas, ademais, servirn para
comparar as sonoridades dos dous instrumentos de corda fretada, contrabaixo e viola,
e ir recoecendo o seu timbre. Para contrastar co timbre do vento, podemos pasar a
escoitar algunha das pezas interpretadas polo conxunto de metais, como a famosa Oh
when the saints, ou calquera outra peza. Atopar o mesmo repertorio do concerto pode
non resultar doado, pero servirn tamn outras msicas, sempre que estean
interpretadas polos instrumentos que queremos traballar. O obxectivo desta actividade
que o alumnado poida recoecer auditivamente os instrumentos do concerto. Unha
variante, mis difcil para o profesorado porque ser complicado atopar os exemplos,
sera a de escoitar a mesma msica interpretada por instrumentos diferentes. Por
exemplo, no concerto puidemos escoitar O cisne de SainT-Sans tocado pola trompa
no lugar do violonchelo orixinal. Buscando un pouco na discografa ou en internet,
poderemos atopar versins instrumentais diferentes desta e doutras msicas tamn
coecidas para o alumnado e escoitadas no concerto (Os picapedra ou a Nana de
Brahms, por exemplo)
Despois de escoitar e recoecer os instrumentos,
tocar o turno das melodas principais que se interpretaron
no concerto. Unha xa foi traballada anteriormente, a da
viaxe de Mido (a marcha do coronel Bogey) que poderemos
recordar novamente. A outra forma parte da pelcula de
Disney O libro da selva, e no concerto foi a meloda mxica
que Mido deba completar. Preguntaremos ao alumnado se
algun recorda como era esa msica e logo escoitarmola
na sa versin orixinal, a includa na pelcula, para
aprendela. Podemos aproveitar para comentar o contido da
letra e cantala mentres vemos as imaxes.
7

Ver anexos, seccin internet

A viaxe de Mido. Concerto didctico


A. Moreiras

b) Lugares de msica

Durante a sa viaxe, Mido chega a diversos lugares onde tamn atopa msica.
O primeiro deles o Bosque Encantado, onde as rbores falan e os gatos mallan con
msica. No concerto, este bosque est representado pola meloda annima
Greensleeves, que podemos recordar ao alumnado escoitando, por exemplo, a Fantasy
on Greensleeves de R. Vaughan Williams, ou calquera outra versin das mltiples
existentes. Tamn podemos aproveitar para practicar un pouco de ingls, xa que esta
meloda leva un texto, que podemos intentar que cante o alumnado sobre a meloda,
anda que s sexa no refrn. As primeiras estrofas desta cancin son:
1. Alas, my love, you do me wrong,
To cast me off discourteously.
For I have loved you well and long,
Delighting in your company.
Chorus:

Greensleeves was all my joy


Greensleeves was my delight,
Greensleeves was my heart of gold,
And who but my lady greensleeves.

2. Alas, my love, that you should own


A heart of wanton vanity,
So must I meditate alone
Upon your insincerity.
Chorus
3. Your vows you've broken, like my heart,
Oh, why did you so enrapture me?
Now I remain in a world apart
But my heart remains in captivity.
Chorus
4. If you intend thus to disdain,
It does the more enrapture me,
And even so, I still remain
A lover in captivity.
Chorus
Finalmente, podemos realizar unha nova actividade de audicin e movemento
sobre esta msica. Na obra de Gustav Holst titulada St. Pauls Suite, op. 29 n 2 se
incle unha viva e animada meloda no seu ltimo movemento (The Dargason) que vai
ser mesturada coa meloda de Greensleeves. Esta fusin aparece por das veces
durante os 3 minutos que dura o movemento. Podemos pedir ao alumnado que
improvise un pequeno baile ou simplemente que se desprace pola aula mentres soa a
meloda rpida, pero prestando atencin aparicin da segunda meloda, xa coecida
por eles. O mecanismo ser como no xogo das estatuas: cando escoiten que aparece a
meloda de Greensleeves haber que quedar detido e inmbil, prestando atencin para
continuar o movemento cando deixe de escoitarse. Un proceso similar, mis sinxelo,
pode realizarse atendendo estrutura orixinal da propia cancin: mentres soa a
estrofa poden moverse, e no estribillo deben pararse. Nesta variante, pode

A viaxe de Mido. Concerto didctico


A. Moreiras

empregarse calquera versin gravada da msica ou ben ser tocada polo propio
docente. Unha adaptacin para a frauta sera a seguinte:

O segundo dos lugares musicais que Mido visita no seu percorrido o Reino de
Algarabico. Preguntaremos ao alumnado se recordan a quen atopaba al Mido e que
suceda. As respostas teran que falar do enredo musical que formaron o pato, o cisne
e o galo, o que nos servir para explicar a palabra algaraba, que xustifica o nome do
reino. Tamn pediremos que recorden os instrumentos que tocaron e escoitaremos
algn exemplo de fanfarra similar que serviu de presentacin deste lugar no
concerto. Podemos empregar, por exemplo, a Fanfarra para un home corrente, de A.
Copland, a Toccata inicial do Orfeo de Monteverdi, o inicio do 1 movemento da 3
sinfona de G. Mahler ou a fanfarra inicial do tema de Supermn, de J. Williams.
Finalmente, podemos ampliar o espazo
dos
lugares
musicais
visionando
unha
curtametraxe de Walt Disney titulada MusicLand,
onde os personaxes son instrumentos musicais, e
s con msica, sen palabras, se conta a historia
do enfrontamento entre o pas da sinfona e a illa
do jazz que, afortunadamente, remata felizmente
coa construcin da ponte da harmona. unha
curiosa animacin, con exemplos musicais ben
escollidos, que seguro fai as delicias do
alumnado.

A viaxe de Mido. Concerto didctico


A. Moreiras

ANEXOS
Imaxes de axuda para pensar en Musicia

A viaxe de Mido. Concerto didctico


A. Moreiras

Imaxes dalgns dos instrumentos que interveen no concerto

A viaxe de Mido. Concerto didctico


A. Moreiras

Signos musicais para combinar e crear

% &*, : ; >? B C E
F H I MP Q S T X Z ^
bc e f h m ipquv w
x ~ fi U ^
/ @ ~ e |

A viaxe de Mido. Concerto didctico


A. Moreiras

Internet
http://www.zappinternet.com/video/SaBzXoyGiq/Zurich-Chamber-Orchestra
Video onde se realiza unha viaxe musical nun pentagrama, a semellanza dunha
montaa rusa. unha promocin da orquestra de cmara de Zurich, que pode servir
como complemento aos comentarios sobre o reino de Musicia.
www.youtube.com/watch?v=dzWRlTgEB5Q
Vdeo co fragmento da pelcula orixinal Ponte sobre o ro Kwai onde se escoita a
Marcha do coronel Bogey.
www.youtube.com/watch?v=xvWLMkxSwIo
www.youtube.com/watch?v=b6A4zobTD0A
www.youtube.com/watch?v=vWAVgVKNaVQ
Enlaces para ver e escoitar a famosa Marcha do coronel Bogey interpretada por
diferentes bandas.
http://cosimoelbaronrampante.blogspot.com/2008/01/el-coronel-bogey.html
Pxina con informacin curiosa sobre a msica orixinal da marcha includa na pelcula
Ponte sobre o rio Kwai.
www.lastfm.es/music/Biber/Sonata+Violin+Solo+Representativa+Musica+Antiqua
http://www.amazon.com/Biber-Violin-Sonatas/dp/B000QQRF38
http://www.emusic.com/album/Romanesca-Biber-Violin-Sonatas-MP3Download/10906894.html
Pxinas para escoitar O gato de Biber ( o corte nmero 7 da Sonata representativa)
http://www.youtube.com/watch?v=RiR260elxwM
Vdeo do grupo Bmoes Brass Band interpretando Oh when the saints go marching in,
inclundo o texto cantado, para ver e escoitar con detalle os instrumentos de metal.
http://www.youtube.com/watch?v=Ls0z-ZE47So
Enlace para ver o fragmento da pelcula O libro da selva de Disney, onde aparece a
cancin O mis vital
http://www.heavenlyharpist.com/mp3/greensleeves.htm
Versin da clebre peza Greensleeves interpretada na arpa
http://www.youtube.com/watch?v=ZOZqbBp_UiM
Versin vocal a cappella da clebre Greensleeves, interpretada polo coro masculino
The Kings singers.
http://www.youtube.com/watch?v=MlABnm6g4fI&feature=related
Vdeo con imaxes da natureza sobre a msica de Greensleeves na versin de Vaughan
Williams
http://www.youtube.com/watch?v=YJ0DABlbQAk
Enlace para ver enteira a curtametraxe de Disney titulada Music Land (1935)
profmusicamalia@gmail.com
Enderezo electrnico para enviar valoracins deste material didctico (variedade,
adecuacin ao nivel, dificultade, etc.) ou calquera outro tipo de comentarios,
preguntas e/ou suxerencias sobre esta gua didctica.

Vous aimerez peut-être aussi