Vous êtes sur la page 1sur 4

LAS ÁGUILAS DE ROMA

FICHA TÉCNICA
LAS ÁGUILAS DE ROMA VOL 1
Autores: Enrico Marini
Colección: MARINI
Series: LAS ÁGUILAS DE ROMA
Formato: Cartoné
Tamaño: 22 x 29,5
Páginas: 60
Color: Color
ISBN: 978-84-9847-495

LAS ÁGUILAS DE ROMA 2


Autores: Enrico Marini
Colección: MARINI
Series: LAS ÁGUILAS DE ROMA
Formato: Cartoné
Tamaño: 22 x 29,5
Páginas: 60
Color: Color
ISBN: 978-84-679-0087-3

CUESTIÓNS SOBRE O TEXTO

Cuestións xerais
1. Le atentamente os dous volumes e fai un breve resume do sucedido nas súas
páxinas.
2. Crea un índice dos personaxes máis relevantes cunha breve descrición dos mesmos:
nome, relación cos demais, profesión, clase social, apariencia física, idade, etc. Indica
tamén se son reais o de ficción.
O exército
3. O feito de capturar como reféns a fillos de xefes bárbaros e logo levalos a Roma para
a súa educación, foi un feito común na Antigüidade. Intenta explicar as razóns deste
costume. Investiga un pouco e corrobora, cun exemplo real, o dito anteriormente.
4. Ná páxina 12 do primeiro volume o texto cita a batalla de Actium, decisiva na historia
de Roma. Describe en breves liñas onde tivo lugar, quen foron os seus protagonistas e
cal foi o desenlace final e as consecuencias políticas posteriores.
5. Enumera, con termos latinos, as partes do campamento e do equipamento militar que
aparecen ao longo das páxinas 49 e 50 do v.I.

1
6. Nas viñetas finais do
volume I fálase dun
guerreiro que poida
conseguir a unión das
tribus da Xermania
contra o invasor, algo
nunca feito antes. Algo
similar sucedeu na
Galia, no século I a.C.
Como se chamaba o
líder galo que foi quen
de unir ao seu pobo
contra Roma? Cal foi
o s e u a n ta g o n i s ta
romano?
7. En varias ocasións ao longo da obra, como na páxina 49 do v.II, fálase do corpo dos
pretorianos. Quen eran, cales eran as súas funcións? En que época se crea? Que
personaxes da obra están relacionados con eles?
8. Que premios ou recompensas militares son citadas no texto? En que escena?
9. En que consistía o rango de Primus Pilus, que acadou o avó de Marco, tal e como llo
conta o seu pai na páxina 57 do v.II?
Urbanismo, a casa romana
10.Que tipo de vivenda aparece nas páxinas
18 e seguintes do v.I? Que nome recibía en
latín?
11.Na páxina 20 do v.I, como se denomina a
estancia que ocupan os personaxes na viñeta
inferior esquerda? E os mobles onde están
deitados?
12.Como se denomina a estancia que
aparece nas primeiras viñetas da páxina 24
do primeiro volume, e que tamén podes ver
nas últimas viñetas da 31 do v.II?
13.Como se denomina a estancia que
aparece nas primeiras viñetas da páxina 22
do segundo volume? Describe as partes da
mesma.
14. Como se denomina a estancia que aparece nas primeiras viñetas da páxina 30 do
segundo volume? Cal era a súa función?
15. Que nome recibe en latín a lámpada das últimas viñetas da páxina 33 do v.II? Explica
como funcionaban.
16. En que parte de Roma estaba situado o templo das Vestais? A quen estaba
consagrado? cal era a labor das sacerdotisas? E os seus votos? Que podía sucecer
se os rompían?

2
Ocio

17. Describe os elementos do Circo que se poden aprezar na páxina 7 do v. II. Cales eran
as cores dos distintos equipos?
18. Que xogos de azar se practicaban na antiga Roma? Cita un par de exemplos e dime
en que escena da obra saen.
19. Na páxina 19 do v. II Marco emprega as palabras falócrata e misóxino. Explica o seu
significado etimolóxico.
Matrimonio
20. Era o amor o motivo principal para contraer matrimonio en Roma? Razoa a túa
resposta tendo en conta os avatares dos diferentes personaxes da obra.
Educación e sociedade
21.A que etapa da educación corresponde
o narrado na páxina 26 do v.I? Como se
chamaba o mestre e en que consistían as
clases? Que material escolar aparece nas
imaxes?
22.Na escena anterior, Arminio non
comprende moi ben o significado de
analfabeto, poderías axudalo, dando unha
definición etimolóxica do termo?
23.Pon en latín o nome completo de
Marco e explica os seus compoñentes.

3
24. Comenta o que ocorre nas últimas
viñetas da páxina 18 do v.I., onde se
fala da bulla e do fin da pueritia. Neste
caso semella que non están para
moitas celebracións, pero, se fosen
outras as circunstancias, como se
celebraría este momento nunha
familia romana?
25. Que lle reprocha o pai de Marco, na
páxina 45 do v.II cando lle di que o
nome da súa familia quedará maldito?
Que era exactamente o que Marco
deixaría de facer coa súa fuxida? Por
que era tan importante para o pai de
Marco que o seu fillo seguise ese
camiño? Que conseguiría socialmente?
26. A que clase social pertencen Marco e Arminio? E Lépido? Cal era o nome completo
deste último?
Excravitude
27. Describe as relacións entre o dominus, o pai de Marco, e os seus escravos.
28. Unha escrava morre no parto (v.I). Comenta as distintas reaccións dos personaxes
que contemplan a escena.
Relixión e Mitoloxía
29. Arminio parece non comprender as advertencias de Marco na páxina 32 do v.I cando
fala da “nai de tódolos romanos”. A que se refire?
30. D e s c r i b e b r e v e m e n t e á s
divindades citadas no texto,
indicando en qué paxina ou
contexto aparecen.
31. Na páxina 53 do v.I fálase das
bruxas de Tesalia, de moita sona
na Antigüidade, e das Danaides.
Que foron estas últimas? A que
personaxe se lle aplican estes
calificativos? Cal sería o risco
que correrían entón Marco e
Arminio?
32. A quen representa a estatua que
aparece na páxina 22 do v. II?
Por que o sabes?
Literatura latina
33. Ao comezo do v.II Marco fai alusión a un poeta latino moi célebre que sufriu un castigo
polas súas obras. A quen se refire? En que consistiu dito castigo? Cal ou cales das
súas obras poderían ser as culpables? Por que?
34. Que autor se cita na páxina 26 do v.I? A cal das súas obras fai referencia?

Vous aimerez peut-être aussi