Vous êtes sur la page 1sur 3

MOCIÓN

D. Francisco Mareque León, portavoz municipal do PSdG-PSOE no Concello de


Ribeira, ao amparo do disposto no artigo 97/3 do Reglamento de Organización,
Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta ante este Pleno
Corporativo a seguinte Moción:

Tal e como afirmábamos fai exactamente un ano neste mesmo pleno municipal,
o concello de Ribeira é un dos referentes turísticos da Ría de Arousa para un importante
número de persoas que todos os anos acuden ó noso municipio coa finalidade de
disfrutar das súas vacacións estivais. Este fenómeno provoca un aumento significativo
da poboación, especialmente durante os meses de Xullo e Agosto. A estes, debemos
engadirlle a presencia de numerosos visitantes durante a última quincena de Xuño e a
primeira de Setembro.

Todo isto conforma un fluxo de poboación que dinamiza e enriquece a economía


dos negocios asentados no noso municipio. Por tanto, podemos afirmar que o sector
turístico é certamente unha fonte de ingresos significativa para este concello durante
estes meses.

De todos é sabido que un dos focos de interese para estes visitantes e para todos
os vecinos e veciñas de Ribeira son os numerosos e envexables arenais que posuimos ao
longo do noso litoral. Para poder disfrutar deles en condicións sanitarias e de seguridade
adecuadas, este concello vén ofrecendo un servizo de salvamento acuático que nos
últimos anos realizou innumerables intervencións en prol do benestar de todas as
persoas que acoden a estes arenais.

Non obstante, cabe resaltar o reiterado e inadecuado proceso de contratación que


sobre este servizo se produce tódolos anos. Somos un dos concellos que mais tarde
inicia dito proceso, o que deriba en varios inconvintes entre os que destaca que o servizo
non se comeza a prestar nas nosas praias de modo continuado ata o mes de Xullo, ou
que moitos dos mozos e mozas mellor cualificados do noso concello marchan a traballar
a outros municipios da nosa comunidade por ofertarlles unhas mellores condicións
laborais e salariais.
Coa finalidade de evitar posibles desgrazas e prestar un servizo o máis axeitado
posible a todas as persoas que acuden ás nosas praias, fai un ano instábamos a este
Pleno Municipal a que que o servizo de socorrismo acuático deste concello comece a
traballar cando menos o día 15 de Xuño e se extenda ata o 15 de Setembro, tal e como
ocorre xa noutros concellos galegos, e a que os nosos arenais se atopen en perfectas
condicións para o seu desfrute coa limpeza das zoas de area, colocación dos balizados,
duchas e papeleiras a 15 de Xuño.

Atopámonos a finais do mes de maio e ainda non se comezou co proceso de


contratación, planificación, e moito menos execución do plan de salvamento acuático
nas nosas praias.

Por todo elo, instamos ao Pleno Municipal á adopción do seguinte acordo:

• Que se inicie con urxencia o proceso de contratación dos profesionais


que van a realizar o servizo de salvamento acuático.

• Que o proceso de vixilancia se exerza inenterrumpidamente dende o 15


de Xuño ó 15 de Setembro ca finalidade de que toda a xente que xa
acude xa ás nosas praias o faga ca máxima seguridade.

• Que se dote ós profesionais contratados de todos os recursos necesarios


para desenvolver a súa tarefa dende o primeiro día de traballo.

Asdo.: O Portavoz Municipal do Grupo Socialista

Francisco Mareque León

En Ribeira a 19 de Maio de 2010


SR. ALCALDE-PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL

Vous aimerez peut-être aussi