Vous êtes sur la page 1sur 5

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

DESENVOLVEMENTO DO PLAN DE CONVIVENCIA


ACTIVIDADES CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ 2011
EDUCACION INFANTIL
1. Presentación do tema cun diálogo sobre o que para os nenos significa
"PAZ".
2. Aprendemos a poesía de Gloria Fuertes sobre a paz e/ou as que
propoñemos para recitar o día da Paz.
"Una paloma llegó Ella quería la PAZ

una paloma muy blanca La PAZ jugando y


cantando.

en una nave espacial Por eso trajo un


tambor con cuatro ruedas muy anchas. que
nos está acompañando"

3. En papel de cores, recortado ou en papiloflexia, facemos as pombas


da paz para intercambiar con compañeiros/as.
4. Na aula de informática e na pizarra dixital traballamos os LIM do
“SORRISO” E “ OS SAÚDOS”
5. Memorizamos a canción " Un millón de amigos ” vemos o vídeo e o
karaoke.

6. Facemos, ( con diversas técnicas ) unha cadea humana de amigos para


adornar os corredores do noso andar.

7. Participamos na actividade de gran grupo no salón de actos


recitando os pareados da canción por grupiños e despois
cantamos todos xuntos.

8. Preparamos as follas en papel continuo, pintadas con témpera e


recubertas con alkil, para engadir no gran mural exterior do
colexio.

9. Tamén participamos cantando NO PATIO a canción con todos os nenos


e nenas do cole que nos ensina a mestra de Música.

Outras que se suxiran………..


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
DESENVOLVEMENTO DO PLAN DE CONVIVENCIA
ACTIVIDADES CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ 2011
1º CICLO

1. Lemos e aprendemos poesías referentes ó tema. Para os de 1º pode


ser “ O país das bolboretas” e “A terra durmida “ de Antón García
Teixeiro . Para os de 2º “Amigos de colores “
2. Escribir as poesía (ou parte delas ) e facer un traballo plástico referente
ás mesmas.
3. Facer a actividade de unir por puntos.
4. Pintar o corazón da PEACE.
5. Memorizar as poesías por estrofas para facer no escenario.
6. Na aula de informática e na pizarra dixital traballamos os LIM do
“SORRISO” E “ OS SAÚDOS” .... (enlaces na Web do cole)

7. Damos suxestións de cómo mellorar a convivencia e as


recollemos en pequenos carteis que poremos pola clase.

10. Memorizamos a canción " Un nuevo bosque ” vemos o vídeo

11. Refexionamos sobre as palabras: “ TEÑO DEREITO A COMPARTIR O


AMOR, A PAZ E O RESPETO POLO PLANETA, CON CADA SER HUMANO
QUE O HABITA, CON CADA ANIMAL QUE O RECORRE, CON CADA
PLANTA QUE O ALIMENTA. “ Tengo derecho a ser niño de E. Blume) .

12. Facemos, ( con diversas técnicas ) unha cadea de árbores para adornar
o 1º andar.

13. Preparamos as flores en papel continuo, pintadas con témpera


e recubertas con alkil, para engadir no gran mural exterior do
colexio.

14. Participamos na actividade de gran grupo no salón de actos


recitando os pareados da canción por grupiños e despois
cantamos todos xuntos.

15. Tamén participamos cantando a canción NO PATIO con todos os nenos


e nenas do cole que nos ensina a mestra de Música.

Outras que se suxiran………..


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
DESENVOLVEMENTO DO PLAN DE CONVIVENCIA

Día da Paz 2011.- ACTIVIDADES PROPOSTAS: 2º CICLO

1. Debate en clase: ¿Qué podemos facer cada un de nós para sementar


PAZ ó noso arredor máis cercan?. ( Ver bibliografía dispoñible) Recoller
as opinións nunhas sinxelas normas. ( Poden estar xa feitas e postas na
clase )
2. Analizar, aprender por estrofas, facer composicións plásticas alusivas ó
tema coas estrofas de “UN NUEVO BOSQUE”. Ver o Youtoube da
canción .
3. Facer algunha greca para adornar os corredores.
4. Buscar e ler outras poesías ou cancións sobre A PAZ. ( en Internet) .
Centrarse nas que se relacionan coa temática dos bosques, como por
exemplo “ Rosa de la paz” de Amaral.
5. En 4º poden lerse artigos de xornais ou buscar en Internet
noticias ou vídeos sobre OS NENOS SOLDADO e comentalos.
Reflexionar sobre os seus xeitos de vida e os nosos
6. Traballar os LIM , repasar os de sorrir e saudar (1º ciclo) e en
2º C, Dar as gracias e pedir favores, sentimentos e emocións .....
(enlaces na páxina web do cole)
7. Na hora de lectura, aproveitamos para ler contos e relacionadas
cos valores e pensar como podemos colaborar en construír un
mundo de xustiza e paz.
8. Buscar e colorear a palabra PAZ, PEACE, coa maior diversidade posible.
9. Os de 4º poderán facer un traballo plástico e de recitado sobre os
dereitos dos nenos en relación coa paz e as guerras ( Ver libro “Tengo
derecho a ser niño de Ed. Blume. ) Este traballo tamén o farán no salón
de actos.
10. En papel continuo, preparamos os animais: peixes, aves ...para
pintalos con témpera e recubertos con alkil, para engadir no
gran mural exterior do colexio.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
DESENVOLVEMENTO DO PLAN DE CONVIVENCIA
11. Tamén participamos cantando a canción NO PATIO con todos os nenos ,
nenas e as familias do cole que nos ensina a mestra de Música.

Outras que se suxiran………..

ACTIVIDADES PROPOSTAS
DÍA DA PAZ 2011
TERCER CICLO DE E. PRIMARIA.

1. Comezar lendo artigos buscados por grupos sobre OS NENOS


SOLDADO e comentalos . Facer comparacións dos nosos e os
seus xeitos de vida. Obter conclusións
2. Analizar, aprender por estrofas, facer composicións plásticas alusivas ó
tema coas estrofas de “Celebra la vida ” de Axel . Ver o vídeo da
canción .
3. Traballar poesías relacionadas co tema : Por ex., memorizar
algunha (poden buscarse en Internet a traveso da páx. web do cole .
Propoñemos en castelán “Que se callen los cañones”.
O mesmo traballo, pode facerse con cancións : Podemos repasar a
letra da canción “Verdad que sería estupendo” de Cómplices.
Traballar os distintos significados das palabras , como uns se relacionan
coa paz e outros coa violencia. Ver en vídeo a montaxe fotográfica.
4. Outras poden ser: “ROSA DE LA PAZ” (Amaral) e IMAGINE (Lennon)
“QUEREMOS PAZ” (Maná) Traballar as letras por grupos e se é posible
escoitar a música en Internet. Reflexionar sobre a importancia de que as
letras das cancións teñan mensaxe. Buscar datos sobre as actividades
pacifistas de John Lennon. En Internet, buscar estas e outras cancións
con mensaxes pacifistas (Por ex: “ Dejame vivir “ de Jarabe de Palo ten
vídeo)
5. Visionamos o PDF do libro “ La vida nocturna de los árboles”.
Reflexionamos e elaboramos composicións relacionadas cos seus
contidos.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
DESENVOLVEMENTO DO PLAN DE CONVIVENCIA
6. Por grupos, lemos os apartados do documento en PDF da FAO “ Los
bosques y la paz” e procuramos sacar conclusións que recollemos non
breve manifesto que podemos ler no acto central do día da paz.
7. Comentar as frases : A paz empeza por un mesmo. A paz se constrúe
día a día….Buscar outras. Facer etiquetas con mensaxes de paz.
8. Pensar por grupos conflitos que teñen habitualmente na súa vida diaria
e como os poden solucionar pacificamente. Traballar os LIM ,
especialmente o de resolución de conflitos ( enlaces na web do cole)
9. Razoar o subdesenvolvemento e a pobreza, o armamento, os intereses
armamentísticos , a explotación do petróleo .…. con situacións non
pacificas e a multiculturalilade a diversidade...co contrario.
10. Reflexionar e obter conclusións sobre os contidos que se recollen nas
“Piruletas de Filosofía”. (ver bibliografía)
11. Para a actividade de gran grupo: Contribuír ó mural exterior
pintando en papel continuo con témpera e alkil as persoas.
12. Os de 6º poden preparar con monicreques un pequeno diálogo
sobre esta temática para representar no salón de actos.
13. Averiguar porque o 30 de Xaneiro é o día escolar pola paz.
14. Averiguar biografía de persoas loitadoras por lograla: Martin Luter King,
Gandi.. e outros Premios Nobel da PAZ (Escoller algún que non se teña
traballado en anos anteriores.
15. Averiguar que son as ONGS. Tomar datos dalgunhas. Como contribúen
a manter a paz. Cales coñeces….Unha acadou o premio Nobel da paz
¿cal?
16. Buscar os moitísimos debuxos que pintou Picasso relacionados coa paz e
facer unha composición
17. Visionaremos un breve vídeo sobre os efectos das guerras.
18. Tamén participamos cantando a canción NO PATIO con todos os nenos ,
nenas e as familias do cole que nos ensina a mestra de Música.

Outras que se suxiran………..

Vous aimerez peut-être aussi