Académique Documents
Professionnel Documents
Culture Documents
Carme López rexeitou tamén que non se teñan abordado no marco do Consello Xeral de
Muface estas mudanzas e adiantou que a central nacionalista levará unha proposta á xuntanza
do Pleno (sen data concretada) para que este se posicione en contra da reforma.
Pola súa banda, Anxo Louzao subliñou que a CIG “non vai quedar de brazos cruzados” e
lembrou que o vindeiro 5 de abril a central nacionalista, xunto coa maioría sindical vasca, ten
convocada unha manifestación en Madrid en contra da reforma das pensións e da negociación
colectiva e na defensa do emprego. Do mesmo xeito, lembrou que a CIG-Ensino ten
organizado diversas campañas a prol da consolidación do dereito do profesorado á xubilación
anticipada e adiantou que non se descarta convocar novas mobilizacións en toda a
administración.