Vous êtes sur la page 1sur 2

Acta nº 6

ACTA DA XUNTA DIRECTIVA

Reunidos na Casa-Escola de Lanzós, a 22 de Xuño de 2008,


coa asistencia de toda a Xunta Directiva a excepción do vogal D.
Antonio Teijero Gesto, ás 21:00 h., a presidenta declara aberta a
sesión conforme ao seguinte orde do día:

Orde do día:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.


2.- Asuntos xerais.

Desenrrolo da Sesión e Acordos adoptados:

1.- O Secretario da lectura á acta anterior, que se aproba por


unanimidade.

2.- O vogal D. Antonio Teijeiro Gesto presentou unha carta á


Xunta Directiva en data sete de xullo de dous mil sete, na que
renuncia expresamente ao cargo de vogal en devandita Xunta,
aducindo motivos persoais e de desacordo coa maioría da Xunta
Directiva.

Tras debatir o asunto, acórdase aceptar a dimisión do Sr.


Teijeiro Gesto por unanimidade, con efecto na data sinalada, e
quedando liberado de todos os dereitos e obligacións de dito
cargo.
Tamén se acorda sustituir no prazo mais breve posible ao Sr.
Teijeiro, buscando unha persoa (a ser posible, do barrio de
Moreda) que ocupe o posto que deixou vacante.

Sen mais asuntos que tratar, dase por concluída a sesión ás


21:30 horas.

Vº e prace A Presidenta Asdo. O Secretario


Dna. Mª Teresa Ramil Ramudo D. Xesús M. Ares Fraga

Vous aimerez peut-être aussi