Vous êtes sur la page 1sur 18

2.

Lírica medieval

1. Orixe da lírica medieval galego-portuguesa


1.1.A lírica provenzal
Parte da lírica medieval galego- portuguesa deriva da lírica culta escrita en
lingua d’oc que se deu na Provenza a comezos do século XII. Esta lírica supuxo
unha revolución cultural por ser unha lírica culta escrita en romance e, ademais,
dáse nunhas condicións sociais que favorecen a aparición do chamado amor cortés.
Esta lírica estenderíase por Europa, feito ao que axudaría a guerra contra
os cátaros que se produciu neste territorio e que provoca o exilio de moitos
trobadores a diferentes cortes europeas. Espállase por diferentes áreas:
1) Áreas máis achegadas á Provenza (Catalunya e norte de Italia): escríbese en
provenzal.
2) Áreas afastadas, coma Alemaña, nas que se escribe ao estilo provenzal pero
non en lingua d’oc (minnesanger alemán).
3) Áreas máis afastadas (occidente da Península Ibérica e Sicilia), nas que as
diferenzas con respecto á Provenza non se aprecian só na lingua, senón tamén
na organización social. A lírica galego-portuguesa é moi complexa
retoricamente pero os seus moldes temáticos son moi limitados e, aínda así,
mantense durante século e medio (século III – primeira metade do XIV).

A distinción de xéneros na lírica galego-portuguesa tamén ten


semellanzas coa provenzal:
Provenzal Galego-portuguesa
temática amorosa: cantiga de amor e
temática amorosa: cansó
cantiga de amigo
temática satírica: cantiga de escarnio e
temática satírica: sirventés
maldizer
xéneros menores (menos ca na lírica
xéneros menores
provenzal)

1.2.As orixes da cantiga de amigo


A cantiga de amigo é un xénero autóctono, que se relaciona con:
a) Un lirismo pretrobadoresco existente en Galiza do que non conservamos
máis ca datos indirectos, pero do que sobreviviría a cantiga de amigo e o
feito de ser o galego-portugués a lingua da lírica.
b) As carxas mozárabes, composicións breves cuxa voz lírica era feminina,
mais que se inscribían en composicións máis extensas escritas en árabe ou
hebreo.
c) A chanson de toile (canción de tear), posterior.

2. Trazos formais
Nas 1679 cantigas conservadas podemos apreciar unha grande
homoxeneidade formal. Cómpre ter en conta que ningún trazo formal é definitorio
dun determinado xénero, aínda que hai trazos que son máis frecuentes nuns xéneros
ca noutros. As principais características formais das cantigas galego-portuguesas son:

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
2. Lírica medieval

a) Dimensión dos textos: caracterízanse pola súa brevidade xa que arredor de


1000 cantigas están compostas por 3 cobras e unhas 400 por 4 cobras. As
cantigas restantes presentan posibilidades diversas.
b) Cobras:
I) Arredor dunhas 1000 cantigas están construídas sobre tres fórmulas
estróficas que dan como resultado un total de sete esquemas:
a) Sete versos e tres rimas (máis común nas cantigas de mestría):
abbacca ababcca
tetrástico de rima abrazada + dístico + retorno á rima inicial tetrástico de rima alterna + dístico + retorno á rima inicial
abbaccb ababccb
tetrástico de rima abrazada + dístico + retorno á rima inicial tetrástico de rima alterna + dístico + retorno á rima inicial

b) Seis versos e tres rimas (máis común nas cantigas de refrán):


abbaCC1 ababCC
tetrástico de rima abrazada + dístico + retorno á rima inicial tetrástico de rima alterna + dístico + retorno á rima inicial

c) Tres versos e dúas rimas (máis común na cantiga de amigo paralelística):

aaB
dístico monoasonantado ou monoconsonantado+ 2ª rima

Neste senso temos que lembrar que a rima se dá a partir da última vogal
acentuada e que pode ser asonante ou consonante. Cando se mestura a asonancia e
a consonancia nunha composición diremos que esta é asonante.
II) Segundo a relación que manteñen entre elas en canto á súa estrutura e
realización fónica, as cobras poden ser:
Exemplo de cobras singulars:
Falei un dia, por me baralhar a
con meu amigo, con outr’ , u m’ el visse b
e direi-vos qui lhi dix’ , u m’ el disse b
porque lhi fezera tan gram pesar: a
se vos i, meu amigo, pesar fiz, C
1) Cobras singulars: danse cando
non foi por al, se non porque me quix. C as cobras dunha cantiga teñen o
mesmo esquema estrófico pero
Por baralhar con el e por al non a
falei con outr’ , en tal que provasse, b
con realizacións fónicas
e pesou-lhi mais ca se o matasse b diferentes. Aínda que se
e preguntou-m’e dixi-lh’eu enton:
se vos i, meu amigo, pesar fiz,
a considera que teñen menos
C
non foi por al, se non porque me quix.
C
dificultade, son as máis
Ali u eu con outr’ ant’ el falei
frecuentes na lírica galego –
a
preguntou-m’ ele porque lhi fazia b portuguesa.
tan gran pesar ou se o entendia b
e direi-vos como lhi salvei: a
se vos i, meu amigo, pesar fiz, C
non foi por al, se non porque me quix. C
Johan Soarez Coelho

1
Na métrica medieval non se usan as maiúsculas e as minúsculas para adistinción entre versos de arte
maior e de arte menor, xa que non se fai tal distinción. Neste caso as maiúsculas refírense aos versos de
refrán, que normalmente aparecen nestes dous esquemas posíbeis (abbaCC e ababCC).

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
2. Lírica medieval

Exemplo de cobras unissonans:

Se eu podesse desamar a
a quen me sempre desamou, b
e podess' algun mal buscar a
a quen mi sempre mal buscou! b
Assy me vingaria eu, c
se eu podesse coyta dar, a
a quen mi sempre coyta deu. C
2) Cobras unissonans: repetición do
Mays sol non posso eu enganar a mesmo esquema e a mesma
meu coraçon que m' enganou, b
per quanto mi faz desejar a realización fónica.
a quen me nunca desejou. b
E per esto non dormio eu, c
porque non poss' eu coita dar, a
a quen mi sempre coyta deu. C

Mays rog' a Deus que desampar a


a quen mh' assy desamparou, b
ou que podess' eu destorvar a
a quen me sempre destorvou. b
E logo dormiria eu, c
se eu podesse coyta dar, a
a quen mi sempre coyta deu. C

Vel que ousass' en preguntar a


a quen me nunca preguntou, b
per que me fez en ssy cuydar, a
poys ela nunca en min cuydou. b
E por esto lazero eu, c
porque non poss' eu coyta dar, a
a quen mi sempre coyta deu C

Pero da Ponte
(A 289 / B 980 / V 567)

Exemplo de cobras
alternas:

Mandad' ey comigo a
ca ven meu amigo: a
E irey, madr', a Vigo! B

Comigu' ey mandado a
3) Cobras alternas ou alternadas: dentro ca ven meu amado: a
E irey, madr', a Vigo! B
do mesmo esquema estrófico dáse unha
alternancia da realización fónica. Ca ven meu amigo a
e ven san' e vivo: a
E irey, madr', a Vigo! B

Ca ven meu amado a


e ven viv' e sano: a
E irey, madr', a Vigo! B

Ca ven san' e vivo a


e d' el-rey amigo: a
E irey, madr', a Vigo! B

Ca ven viv' e sano a


e d' el-rey privado: a
E irey, madr', a Vigo! B

Martin Codax
(B 1279 / V 885 / N 2)

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
2. Lírica medieval

Exemplo de cobras dobras: 4) Cobras dobras: a


realización fónica repítese,
Os que non amam nen saben d' amor a
fazen perder aos que amor am. b pero de xeito non alterno,
Vedes porque: quand' ant' as donas vam, b podéndose dar os seguintes
juram que morren por elas d' amor, a
e elas saben poys que non é 'ssy; c
casos:
e por esto perç' eu e os que ben D  Unha realización nas
lealmente aman, segundo meu sén. D dúas primeiras estrofas e
Ca sse elas soubessen os que an a outra nas dúas últimas.
ben verdadeyramente grand' amor, b  Unha realización na
d' alguen sse doeria ssa senhor, b
mays, por aqueles que o jurad' am, a primeira e cuarta cobra
cuydan-ss' elas que todus taes son; c e outra na segunda e
e por esto perç' eu e os que ben D
lealmente aman, segundo meu sén. D
terceira.
 Unha realización nas
E aqueles que ja medo non an a dúas primeiras e outra
que lhis faça coita sofrer amor, b
vÊen ant' elas e juran melhor b na última.
ou tan ben come os que amor an, a
e elas non saben quaes creer; c
e por esto perç' eu e os que ben D
5)
Cobras ternas: unha
lealmente aman, segundo meu sén. D realización nas tres
primeiras cobras e outra nas
E os ben desanparadus d' amor a
juram que morren con amor que an, b tres últimas. Son moi raras
sseend' ant' elas, e menten de pran; b xa que non son moitas as
mays, quand' ar vÊen os que an amor, a
ja elas cuydan que vÊen mentir; c cantigas de 6 cobras.
e por esto perç' eu e os que ben D 6) Sistemas mixtos: son moi
lealmente aman, segundo meu sén. D
frecuentes dada a
complexidade formal das
Johan Baveca cantigas. Así, pódense dar
(B 1108 / V 699)
casos de cobras singulars
pola rima b, dobras pola rima b e á vez unissonans pola rima c.

III) Outros recursos retóricos son:


Exemplo de cobras capdenals:

Ai, dona fea, fostes-vos queixar


que vos nunca louv[o] en meu cantar,
mais ora quero fazer un cantar
en que vos loarei toda via;
e vedes como vos quero loar:
dona fea, velha e sandia! 1) Cobras capdenals: repetición dunha
palabra ou secuencia de palabras que se
Dona fea, se Deus mi pardon,
pois avedes [a]tan gran coraçon
sitúa en inicio de verso noutra cobra da
que vos eu loe, en esta razon composición na mesma altura
vos quero já loar toda via;
e vedes qual será a loaçon:
estrutural. Esta repetición non ten
dona fea, velha e sandia! porque darse ao longo de toda a
composición e, ademais, o refrán non
Dona fea, nunca vos eu loei
en meu trobas, pero muito trobei; participa deste fenómeno.
mais ora já un bon cantar farei,
en que vos loarei toda via;
e direi-vos como vos loarei:
dona fea, velha e sandia!

Johan Garcia de Guilhade


4

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
2. Lírica medieval

Exemplo de cobras capfinidas:


2) Cobras capfinidas: recurso que serve
Ai, dona fea, fostes-vos queixar
para ligar cobras consecutivas. que vos nunca louv[o] en meu cantar,
Consiste na aparición dunha palabra mais ora quero fazer un cantar
en que vos loarei toda via;
ou palabras no verso inicial dunha e vedes como vos quero loar:
cobra que xa aparecían no verso final dona fea, velha e sandia!
da cobra anterior. Esa palabra pode Dona fea, se Deus mi pardon,
ser derivada e nas cantigas de refrán pois avedes [a]tan gran coraçon
o fenómeno pódese dar sobre o último que vos eu loe, en esta razon
vos quero já loar toda via;
verso do corpo da cobra, sobre o e vedes qual será a loaçon:
último do refrán ou sobre os dous. dona fea, velha e sandia!

(...)
Johan Garcia de Guilhade

Exemplo de cobras 3) Cobras capcaudadas: recurso que liga


capcaudadas: cobras sucesivas mediante a rima, xa que
(...) consiste en que o primeiro verso dunha
cobra teña a mesma rima có último da
Bem soub', amigo, por certo
que o pesar d' aquel dia anterior.
vosso, que par nom avia;
mais pero foi encoberto,
Exemplo de mordobre e rima derivada
e porem seede certo
(▪):
que nom foi o vosso pesar
(...)
que s' ao meu podess' iguar.
E pois vos vós da coita non nembrades
Ca o meu nom se pód' osmar nen do afán que mi o Amor faz sofrer,
nem eu nom o pudi negar. por meu mal vivo máis ca vós cuidades,
e por meu mal me fezo Deus nacer
Don Denis e por meu mal mon morrí u cuidei
(B 553 / V 156) como vos viss', e por meu mal fiquei
vivo, pois vós por meu mal ren non dades.
4) Mozdobre ou mordobre2: repetición
Desta coita en que me vós tẽedes,
de palabras da mesma familia léxica en que hoj'eu vivo tan sen sabor,
con derivación (o máis frecuente é que que farei eu, pois mi a vós non creedes?
Que farei eu, cativo pecador?
se dea sobre o verbo). É un recurso moi Que farei eu, vivendo sempre assí?
frecuente, mais que está relacionado co Que farei eu, que mal día nací?
Que farei eu, pois me vós non valedes?
contido, coa intencionalidade que teña
E pois que Deus non quer que me valhades
o autor de lle dar énfase a certos nen me queirades mia coita creer,
aspectos conceptuais. Se esta repetición que farei eu? Por Deus, que mi o digades!
Que farei eu, se logo non morrer?
se dá en posición de rima, o fenómeno Que farei eu se máis a viver hei?
denomínase rima derivada3. Que farei eu, que conselh'i non hei?
Que farei eu, que vós desemparades?

Martin Soarez

2
É o que denominamos figura etimolóxica nos textos actuais.
3
Os provenzais facían un uso moi frecuente deste recurso, como acontece na cantiga de Pero da Ponte
(“Se eu podesse desamar”).
5

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
2. Lírica medieval

Exemplo de palabra rima:

Se eu podesse desamar
a quen me sempre desamou,
e podess' algun mal buscar 5) Palabra rima: repetición da mesma palabra en
a quen mi sempre mal buscou!
Assy me vingaria eu,
posición de rima en diferentes cobras e á mesma
se eu podesse coyta dar, altura estrutura. Se esta repetición se dá ao longo
a quen mi sempre coyta deu.
de toda a cantiga falaremos de palabra rima
Mays sol non posso eu enganar perfecta, senón de palabra rima imperfecta. Non
meu coraçon que m' enganou,
per quanto mi faz desejar se ten en conta o refrán
a quen me nunca desejou.
E per esto non dormio eu,
porque non poss' eu coita dar,
a quen mi sempre coyta deu.

(...)
Pero da Ponte
(A 289 / B 980 / V 567) Exemplo de palabra volta:

(...)
6) Palabra volta (mot tornat): é o mesmo
Ca non vej' eu, pero vej' eu:
fenómeno có anterior, pero sen se dar á mesma quanto vej' eu non mi val ren;
altura estrutural, polo que tamén se pode dar ca perdí o lume por en,
porque non vej' a quen mi deu
dentro da mesma cobra. esta coyta que oj' eu ey,
que ja mays nunca veerey,
se non vir o parecer seu.

Ca ja ceguey, quando ceguey;


de pran ceguey eu logu' enton,
e ja Deus nunca me perdon,
se ben vejo, nen se ben ey;
pero, se me Deus ajudar
e me cedo quiser tornar
u eu ben vi, ben veerey.

Johan Garcia de Guilhade


Exemplo de dobre: (A 231 / B 421 / V 33)

Pero que eu mui long' estou


da mha senhor e do seu bem,
nunca me dê Deus o seu bem,
pero que m' eu tam long' estou,
se nom é o coraçom meu 7) Dobre: é un recurso sen correlato na lírica
mais preto d' ela que o seu.
provenzal é que consiste na repetición da
E pero long' estou d' ali
d' u agora é mha senhor,
mesma palabra inalterada dentro da cobra e
nom aja bem da mha senhor, que na mesma altura estrutural se repita
pero m' eu long' estou d' ali,
se nom é o coraçom meu outra palabra en cada cobra. Ten que se dar
mais preto d' ela que o seu. en toda a composición.
E pero longe do logar
estou, que nom poss' al fazer,
Deus nom mi dê o seu bemfazer,
pero long' estou do logar,
se nom é o coraçom meu
mais preto d' ela que o seu.

C' a vezes tem em al o seu,


e sempre sigo tem o meu.

Don Denis
(B 515 / V 98)

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
2. Lírica medieval

Exemplo de palavra perduda:


8) Palavra perduda: verso que queda libre
Os que non amam nen saben d' amor
fazen perder aos que amor am. en canto á rima, non rima con ningún outro
Vedes porque: quand' ant' as donas vam, da estrofa. Non se ten en conta o refrán e
juram que morren por elas d' amor,
e elas saben poys que non é 'ssy; pódense dar dúas situacións:
e por esto perç' eu e os que ben
lealmente aman, segundo meu sén.
 que as palavras perdudas non rimen
entre si
Ca sse elas soubessen os que an
ben verdadeyramente grand' amor,  que as palavras perdudas rimen entre
d' alguen sse doeria ssa senhor,
mays, por aqueles que o jurad' am,
si
cuydan-ss' elas que todus taes son;
e por esto perç' eu e os que ben
lealmente aman, segundo meu sén.

E aqueles que ja medo non an


que lhis faça coita sofrer amor, Exemplo de cantiga de atehuda até a
vÊen ant' elas e juran melhor fiinda:
ou tan ben come os que amor an,
e elas non saben quaes creer; Ay eu coitado! e quand' acharei quen
e por esto perç' eu e os que ben me dé consello como possa ir
lealmente aman, segundo meu sén. a un logar u eu querria ir?
e non posso! nen ar poss' achar quen
me dé consello como possa ir
E os ben desanparadus d' amor
veela dona que por meu mal vi,
juram que morren con amor que an, mais fremosa de quantas donas vi,
sseend' ant' elas, e menten de pran;
mays, quand' ar vÊen os que an amor, E por que moiro, querendo lle ben;
ja elas cuydan que vÊen mentir; ca tan fremosa dona nunca fez
e por esto perç' eu e os que ben Nostro Sennor de quantas donas fez,
lealmente aman, segundo meu sén. nen tan comprida de tod' outro ben.
Por esta moiro, que Deus atal fez,
e non llo disse, se me valla Deus!
Johan Baveca 9) ca non ousei, assi me valla Deus!
(B 1108 / V 699)
Cantiga de Ca me quis ante mia coita 'ndurar
ca me perder con tan bÔa sennor
atehuda: son aquelas cantigas nas que a que deu tanto ben Nostro Sennor,
e quero m' ante mia coita 'ndurar.
non se interrompe o pensamento ou Mais rogarei tanto Nostro Sennor
contido desde o comezo até o final (ten que el me lev' u a possa veer,
ca muit' á ja que non pude veer
que se dar en toda a cantiga). É típica do
Niun prazer, ca non fuy a logar
trobadorismo galego-portugués u a eu viss', e por aquesto non
vi nunca mais prazer, nen ja mais non
(preocupación pola unidade do poema) o mi ar veerei, se non for a logar
que conséguese mediante dous u veja ela, ca sei eu que non
verei prazer e sempr' averei mal,
procedementos: se non vir ela que vi por meu mal.

 Encabalgamento das estrofas, E meus amigos, se non est' assi,


non me dé Deus dela ben, nen de si!
procedemento ao que se fai
referencia na Arte de Trovar e o E se non, leve Deus u son os seus,
estes meus ollos que vejan os seus!
único a ter en conta para algúns
E se os viren, veran gran prazer,
teóricos. ca muit' á que non viron gran prazer!
 A presenza de partículas ilativas ao Leve os Deus cedo, que pod' e val,
comezo das cobras (e, ca, pois, u veran ela que tan muito val!

quando).
Pero Garcia Burgalês
()

Se a cantiga ten fiinda diremos que é unha cantiga de atehuda até a fiinda.

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
2. Lírica medieval

Exemplo de paralelismo
10) Paralelismo: é moi importante na estrutura das
literal: cantigas. Pode ser de tres tipos:
Mandad'hei comigo  Paralelismo literal: dáse en pares de
ca ven meu amigo: estrofas e durante toda a cantiga. Consiste
e irei, madr', a Vigo!
na repetición literal de gran parte do
Comigu'hei mandado,
ca ven meu amado:
verso, presentando variación a parte final
e irei, madr', a Vigo! do mesmo, unha variación que se pode
Ca ven meu amigo articular de dous modos:
e ven san'e vivo:
e irei, madr', a Vigo!
 Mediante termos ou expresións
sinónimos (paralelismo conceptual).
Ca ven meu amado
e ven viv'e sano:  Mediante o uso de termos alterados de
e irei, madr', a Vigo! orde, é dicir, un quiasmo (paralelismo
Ca ven san'e vivo conceptual).
e del-Rei, amigo:
e irei, madr', a Vigo!

Ca ven viv'e sano


e del-Rei privado:
e irei, madr', a Vigo!

Martin Codax
 Paralelismo estrutural: atinxe a elementos
estruturais coma os tempos verbais ou a Exemplo de paralelismo
estrutural (formas verbais):
estrutura introdutora do refrán.
O que foi passar a serra
e non quis servir a terra,
é ora, entrant’a guerra,
que faroneja?
Pois el agora tan muito erra,
maldito seja!

O que levou os dinheiros


e non troux’os cavaleiros,
é por non ir nos primeiros
Exemplo de paralelismo estrutural que faroneja?
(estrutura introdutora do refrán): Pois que ven cõnos prestumeiros
maldito seja!
Ai, dona fea, fostes-vos queixar
que vos nunca louv[o] en meu cantar, O que filhou gran soldada
mais ora quero fazer un cantar e nunca fez cavalgada
en que vos loarei toda via; é por non ir a Graada
e vedes como vos quero loar: que faroneja?
dona fea, velha e sandia! Se é ric’omen ou á mesnada,
maldito seja!
Dona fea, se Deus mi pardon,
pois avedes [a]tan gran coraçon O que meteu na taleiga
que vos eu loe, en esta razon pouc’aver e muita meiga,
vos quero já loar toda via; é por non entrar na Veiga
e vedes qual será a loaçon: que faroneja?
dona fea, velha e sandia! Pois chus mol[e] é que a manteiga,
maldito seja!
Dona fea, nunca vos eu loei
en meu trobas, pero muito trobei; Afonso X, O Sabio
mais ora já un bon cantar farei,
en que vos loarei toda via;
e direi-vos como vos loarei:
dona fea, velha e sandia!

Johan Garcia de Guilhade

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
2. Lírica medieval

 Paralelismo conceptual: repetición de conceptos en dúas estrofas como


mínimo e na mesma altura estrutural, o que provoca habitualmente unha
estrutura conceptual bipartita na cantiga.

Exemplo de leixa-pren (con


11) Leixa - pren: repetición literal do último paralelismo literal):
verso dunha estrofa como primeiro doutra. Mandad'hei comigo
Poden darse dous casos: ca ven meu amigo:
e irei, madr', a Vigo!
 Que se dea en combinación co
paralelismo literal, polo que é necesario Comigu'hei mandado,
ca ven meu amado:
deixar unha cobra no medio. Por e irei, madr', a Vigo!
exemplo, repetiríase o último verso da Ca ven meu amigo
primeira cobra como primeiro da terceira. e ven san'e vivo:
e irei, madr', a Vigo!
 Que non se dea canda o paralelismo
literal, polo que pode producirse entre Ca ven meu amado
e ven viv'e sano:
estrofas contiguas. e irei, madr', a Vigo!

Ca ven san'e vivo


e del-Rei, amigo:
e irei, madr', a Vigo!

Ca ven viv'e sano


e del-Rei privado:
e irei, madr', a Vigo!

Martin Codax

c) Versos:
 Case a metade das composicións son monométricas decasílabas, as
demais poden ser monométricas ou polimétricas (até 113 combinacións
diferentes). Debemos ter en conta que o decasílabo era o metro preferido
dos provenzais. Neste senso, non debemos esquecer:
 que na Idade Media domina o mantemento dos hiatos, polo que non
son frecuentes as sinalefas. Con todo, ás veces é necesario facer
algunha sinalefa:

(...)

E pois vos vós da coita non nembrades


nen do afán que mi o Amor faz sofrer,
por meu mal vivo máis ca vós cuidades,
e por meu mal me fezo Deus nacer
e por meu mal mon morrí u cuidei
como vos viss', e por meu mal fiquei
vivo, pois vós por meu mal ren non dades.

(...)
Martin Soarez

 para que os versos non resultasen hipermétricos elidíanse algunhas


das vogais en contacto (nas edicións actuais indícase isto cun
apóstrofo).

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
2. Lírica medieval

 O ictus está na última sílaba (actualmente na penúltima). É dicir, se


un verso ten como palabra de rima unha palabra grave non se
contaría a última sílaba. Exemplo:
Senhor fremosa, pois me non queredes 10’4
10
creer a coita'n que me ten Amor, 10’
10
por meu mal é que tan ben parecedes 10
10
e por meu mal vos filhei por senhor, 10’
e por meu mal tan muito ben oí
dizer de vós, e por meu mal vos vi:
pois meu mal é quanto ben vós havedes.

(...)

Martin Soarez

En relación a isto temos que dicir que a rima tamén pode ser:
• Masculina: palabra aguda.
• Feminina: palabra grave.
Cómpre ter en conta tamén que non riman vogais nasais con orais non
abertas con fechadas.
Cómpre dicir que a primeira cobra marca a estrutura de toda a
composición, de aí que a música so se transcriba na primeira cobra (por exemplo, no
Pergamiño Vindel).

 Esteticamente hai autores que tanto elaboran composicións isosilábicas


(máis rigorosas) coma anisosilábicas (menos rigorosas). Nas cantigas de
amigo paralelísticas a medida do verso non é importante e nelas tamén é
posíbel que se dea rima asonante.
Algúns recursos formais importantes son:
a) Refrán: repetición literal dun ou máis versos, sempre no mesmo lugar
(xeralmente ao final de cada cobra). Cando non hai refrán falamos de
cantigas de mestría que, xeralmente, teñen máis complexidade retórica.
Poden darse os seguintes casos:
 O máis habitual é que apareza ao final de cada cobra.
 Intercalar: refrán intercalado con outros versos, é o que acontece na
cantiga profana XXIV de Afonso X (“O que foi passar a serra”).
 Pode aparecer ao comezo da composición e repetirse logo ao final de cada
cobra, como acontece na cantiga de Santa María XXIII de Afonso X.
Nesta cantiga aparece tamén a rúbrica ou razó, pequeno texto en prosa
que se refire ao contido da cantiga.
 Adoita estar integrado conceptualmente na cantiga, pero hai casos nos
que chega un momento no que o refrán xa non ten sentido en relación aos
versos das cobras que o preceden.
Aínda que o refrán non é unha característica formal que defina o xénero
dunha cantiga, a situación ideal sería:
4
O apóstrofo indica que o verso continúa, pero con sílabas átonas.

10

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
2. Lírica medieval

 Cantiga de amor → mestría, xa que é herdeira directa da cansó


provenzal, que era sempre de mestría. Arredor do 50% das
conservadas son de mestría
 Cantiga de amigo → refrán, xa que é un xénero máis popular no que,
polo tanto, predomina a repetición. Das arredor de 500 conservadas só
30 non son de refrán.
 Escarnio e maldizer: domina a mestría, pero tamén as hai de refrán.

b) Fiinda: cobra de menor extensión situada ao final da cantiga.


 Relacionada coa tornada provenzal, mais difiren na súa funcionalidade:
Tornada Fiinda
- Aparece (unha ou máis) ao final de case
tódalas cansós.
- Pode aparecer ou non.
- Contén o envío5 da composición, é dicir,
- Ten a finalidade de recapitular o contido
o autor enviáballa á amada6 ou ao da cantiga.
mecenas. - Formalmente hainas que repiten a rima
- Formalmente está relacionada coas precedente e outras que xogan con elas.
cobras que a preceden, xa que repite a
rima.

A fiinda non é un trazo que defina o xénero dunha cantiga, pero é máis
frecuente nas cantigas de amor.

***

Consideracións sobre a fonética medieval:


- Existencia do sibilante sonoro (<-ss-> e <s->) e do xordo (<-s->).
- Existencia dun fonema africado sonoro (<-ds->) e doutro xordo (<c> + <e>, <i>;
<ç> + <a>, <o>, <u>)
- O fonema labiodental /v/ non sabemos se o galego o perdeu ou se non existía e o
portugués o creou.
As grafías medievais:
- As grafías <nh> e <lh> son introducidas no século XIII por Afonso III o Boloñés e
proveñen da Provenza. Úsanse no Cancioneiro da Vaticana e no da Biblioteca Nacional,
pero non no Cancioneiro da Ajuda nin nas Cantigas de Santa María, nos que se usa <ll> e
<ỹ> / <nn>.

3. Xéneros
3.1. Cantiga de amor
As principais características da cantiga de amor son:
 Voz lírica masculina que se dirixe á súa senhor.
 Desenvólvese sobre catro campos sémicos (G. Tavani):
1) Gabanza da dama, tema secundario.

5
Medievalistas coma Anna Ferrari consideran que o envío era físico, non só literario.
6
Xa que a amada era unha muller concreta e casada o trobador non podía dar o seu nome, polo que
inventaba un sinónimo poético: o senhal.
11

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
2. Lírica medieval

Exemplo de cantiga de amor: 2) Amor do poeta: expresións nas que o


poeta amosa o seu amor cara a dama.
Senhor fremosa, pois me non queredes
creer a coita'n que me ten Amor, É tamén secundario.
por meu mal é que tan ben parecedes 3) Coita: un dos campos sémicos
e por meu mal vos filhei por senhor,
e por meu mal tan muito ben oí principais, cun léxico máis amplo e
dizer de vós, e por meu mal vos vi: un maior número de situacións.
pois meu mal é quanto ben vós havedes.
Xeralmente comeza pola vista, é
E pois vos vós da coita non nembrades dicir, a presenza da dama provócalle
nen do afán que mi o Amor faz sofrer,
por meu mal vivo máis ca vós cuidades, coita ao trobador.
e por meu mal me fezo Deus nacer 4) Reserva da dama: actitude da dama
e por meu mal mon morrí u cuidei
como vos viss', e por meu mal fiquei perante o trobador, sempre negativa
vivo, pois vós por meu mal ren non dades. pero variábel (preocupación,
Desta coita en que me vós tẽedes, indiferenza, saña...)
en que hoj'eu vivo tan sen sabor,
que farei eu, pois mi a vós non creedes? Como vemos, a partir de poucos
Que farei eu, cativo pecador?
Que farei eu, vivendo sempre assí? campos desenvólvense moitas composicións.
Que farei eu, que mal día nací? Ademais estes campos son todos compatíbeis
Que farei eu, pois me vós non valedes?
entre si, aínda que non teñen porque aparecer
E pois que Deus non quer que me valhades todos.
nen me queirades mia coita creer,
que farei eu? Por Deus, que mi o digades! Cómpre dicir tamén que na lírica
Que farei eu, se logo non morrer? galego – portuguesa o trobador non é
Que farei eu se máis a viver hei?
Que farei eu, que conselh'i non hei? correspondido, polo que nunca se chega ao joi
Que farei eu, que vós desemparades? provenzal (correspondencia), como moito
Martin Soarez albíscase certa esperanza. Por outra banda, a
crítica actual defende que o que o trobador
conta nas cantigas de amor non é un sentimento real, senón unha invención literaria,
xa que a dama é abstracta, non se achegan características concretas dela.

3.2. Cantiga de amigo


As principais características da cantiga de amigo son:
 Voz lírica feminina:
doncela namorada, de orixe popular e solteira
nai
 Podemos atopar cinco campos sémicos (Tavani):

secundario paisaxe

panexírico
Campos sémicos
concordia de amor
principais amor non correspondido
temática amorosa
prohibición

1) Paisaxe (secundario): achéganse pequenos trazos da paisaxe, non é unha


descrición exhaustiva. Pode ser:
 Localización:
• Rural.
• Preto de lugares con auga (marítima ou fluvial).
12

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
2. Lírica medieval

• Nunca é urbana, malia aparecer topónimos nunca se fai unha


descrición dunha vila ou cidade.
 Significación:
• Simple ambientación.
• Valor simbólico (cervo, fonte...)
2) Panexírico (principal):
 Gabanza da doncela:
• Por ela mesma.
• Pola nai (menos frecuente).
 Gabanza do amigo por parte da doncela, do que di que é un grande
poeta e músico que lle compón fermosas cancións. Esta é unha
autogabanza por parte dos autores e é un recurso usado xeralmente
polos xograres (máis humildes cós trobadores) para autoafirmarse
como poetas.
3) Concordia de amor: amor correspondido.
4) Amor non correspondido: normalmente é o amigo o que non corresponde7,
pero tamén se pode dar o caso contrario. É incompatíbel cos campos sémicos
da concordia de amor e da prohibición.
5) Prohibición: o elemento inhibidor pode ser:
 A nai, que xeralmente non lle dá permiso á doncela para ver o seu
amigo (aínda que en ocasións si que llo dá e aconséllaa).
8
 As obrigas do amigo, xeralmente militares .

Como vemos, a cantiga de amigo ten unha maior riqueza temática cá


cantiga de amor.
Mandad'hei comigo
ca ven meu amigo:
◄ Do autor desta cantiga sabemos que debeu ser un xograr da zona de
e irei, madr', a Vigo! Vigo. As súas composicións chégannos a través de:
Comigu'hei mandado,
1) Os dous apógrafos italianos (Cancioneiro da Biblioteca Nacional
ca ven meu amado: e Cancioneiro da Vaticana).
e irei, madr', a Vigo! 2) O Pergamiño Vindel, un manuscrito dunha única folla que contén
Ca ven meu amigo as sete cantigas de amigo deste autor, seis delas con notación
e ven san'e vivo: musical (falta a da sexta).
e irei, madr', a Vigo!
No que respecta ao contido, desta cantiga de amigo podemos dicir que:
Ca ven meu amado  A voz emisora, a doncela, diríxese á súa nai para lle dicir que
e ven viv'e sano: recibiu recado do seu amigo e que o vai ir ver a Vigo. Dille tamén
e irei, madr', a Vigo!
que volve en bo estado e amigo do rei.
Ca ven san'e vivo  A doncela está en contacto con outros personaxes, neste caso dáse
e del-Rei, amigo: un monólogo con interlocutor presente, pero tamén sería posíbel
e irei, madr', a Vigo!
que a cantiga fose dialogada9.
Ca ven viv'e sano  Concordia de amor.
e del-Rei privado:  Paisaxe (topónimo Vigo).
e irei, madr', a Vigo!

Martin Codax En canto á forma:


 É unha cantiga paralelística (como debía ser a lírica pretrobadoresca).

7
Así, a amiga pode sufrir coma o trobador na cantiga de amor (relación especular).
8
O ferido ou o fossado son sinónimos da guerra.
9
Se o diálogo é entre o amigo e a doncela consideraremos a voz emisora a primeira que apareza,
servíndonos isto para distinguir entre cantigas de amor e cantigas de amigo.
13

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
2. Lírica medieval

 En relación co anterior, é o que se denomina


unha cantiga inmóbil (numerosas repeticións),
pero a pesar diso transmítenos moita Falei un dia, por me baralhar
información. con meu amigo, con outr’ , u m’ el visse
e direi-vos qui lhi dix’ , u m’ el disse
porque lhi fezera tan gram pesar:
*** se vos i, meu amigo, pesar fiz,
non foi por al, se non porque me quix.
Johan Soarez Coelho foi un trobador portugués, ►
un novo nobre non moi apreciado pola alta nobreza. Por baralhar con el e por al non
falei con outr’ , en tal que provasse,
e pesou-lhi mais ca se o matasse
En canto ao contido, apreciamos: e preguntou-m’e dixi-lh’eu enton:
 O dominio da situación por parte da doncela, se vos i, meu amigo, pesar fiz,
algo frecuente. Transmítenos un diálogo co seu non foi por al, se non porque me quix.
amigo.
Ali u eu con outr’ ant’ el falei
 Campo sémico do amor correspondido.
preguntou-m’ ele porque lhi fazia
tan gran pesar ou se o entendia
e direi-vos como lhi salvei:
se vos i, meu amigo, pesar fiz,
non foi por al, se non porque me quix.

Johan Soarez Coelho

3.3. Cantiga de escarnio e maldicir


É o único xénero satírico da lírica galego-portuguesa medieval. Con
todo, houbo intentos de separar o xénero en escarnio (sátira indirecta) e maldicir
(sátira indirecta), xa desde a Idade Media. Pero non é posíbel facer estar división
xenérica e, ademais, os cancioneiros tiñan unha estrutura xenérica que xa era só
tripartita.
a) Características:
 Xocosidade: rinse até das propias creacións literarias. A xocosidade só
desaparece na sátira moral.
 Obscenidade: é unha característica moi frecuente neste xénero e que
provocou un maior descoñecemento destas cantigas por mor do pudor dos
editores. Así, aínda que se coñecían, non se publica unha edición sobre o
xénero até 196510.
 Sátira persoal: adoita aparecer o nome da persoa á que se refire a cantiga
no texto da mesma ou nunha rúbrica (texto en prosa que aclara o contido
da composición e / ou a quen se dirixe). É habitual que se pase do plano
individual ao colectivo, é dicir, que a persoa satirizada sexa exemplo dunha
colectividade. Satirízase toda a sociedade agás o rei (é o cumio da
pirámide social e ademais é mecenas).
 A temática é moito máis ampla11 ca nas cantigas de amor e de amigo, polo
que o vocabulario tamén.
 O rexistro é máis vulgar ca nas cantigas de amor e amigo.

10
Esta edición, publicada en Galaxia, está preparada por Manuel Rodrigues Lapa. Xa Carolina
Michaëlis de Vasconcelos publicara estudos sobre elas.
11
Mesmo se dan ciclos temáticos. Por exemplo os político-guerreiros: o ciclo da covardía dos
cabaleiros da guerra de Granada e o xira arredor da temática da guerra de 1245.
14

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
2. Lírica medieval

b) Campos sémicos (Tavani) :


1) Campos sémicos tomados doutros xéneros:
 Panexírico da cantiga de amigo: paródiase a gabanza da dama, que se
fai de xeito irónico cunha función denigratoria. Dá pé a moitos poemas
xocosos.
 Coita, que tamén é parodiada.
 Concordia de amor: satirizada (temática da infidelidade).
 Paisaxe: pode aparecer como mera ambientación ou servir para
satirizar. É máis rica ca na cantiga de amigo xa que, por exemplo,
aparece a paisaxe urbana.
2) Campos sémicos específicos:
 Ethos trobadoresco (valores éticos): habitualmente secundario, agás na
sátira moral.
 Aldraxe: reacción do aldraxado (afrontas, burlas, pelexas, castigos...)
 Alimenticio: burla da miseria e avaricia dos ricos homes e os
infanzóns. É cultivada normalmente por xograres, que eran convidados
a comer polos ricos homes e infanzóns, mais de xeito miserábel, por iso
fan burla deles.
 Polémica social: satirízanse todo tipo de grupos sociais, até o propio
Papa.
 Obscenidade: son moitas as cantigas obscenas e é frecuente léxico
referido aos órganos sexuais e a prácticas eróticas, tanto homosexuais
coma heterosexuais. É incompatíbel co ethos trobadoresco e co
alimenticio (case sempre).

Ai, dona fea, fostes-vos queixar


que vos nunca louv[o] en meu cantar,
mais ora quero fazer un cantar
en que vos loarei toda via;
e vedes como vos quero loar:
dona fea, velha e sandia!
◄Escarnio literario no que se fai un retrato irónico
Dona fea, se Deus mi pardon, dunha muller satirizando a gabanza da dama da
pois avedes [a]tan gran coraçon
que vos eu loe, en esta razon
cantiga de amor (dise que é fea, vella, sandia12).
vos quero já loar toda via;
e vedes qual será a loaçon:
dona fea, velha e sandia!

Dona fea, nunca vos eu loei


en meu trobas, pero muito trobei;
mais ora já un bon cantar farei,
en que vos loarei toda via;
e direi-vos como vos loarei:
dona fea, velha e sandia!

Johan Garcia de Guilhade

12
Sandia: parva. Oponse a sem (asisada).
15

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
2. Lírica medieval

Pertence ao ciclo político – guerreiro da covardía dos ► O que foi passar a serra
e non quis servir a terra,
cabaleiros da guerra de Granada13. É un escarnio é ora, entrant’a guerra,
político. que faroneja?
Vocabulario: Pois el agora tan muito erra,
maldito seja!

- volvendo (V. Beltrán) O que levou os dinheiros


Entrant’ e non troux’os cavaleiros,
- comezando (R. Lapa) é por non ir nos primeiros
- presume (V. Beltrán) que faroneja?
Faroneja Pois que ven cõnos prestumeiros
- dubida (R. Lapa) maldito seja!
Taleiga - peto
O que filhou gran soldada
Meiga - mentira e nunca fez cavalgada
Aver - realidade é por non ir a Graada
que faroneja?
Ric’omen e
mesnada
- clases sociais14 Se é ric’omen ou á mesnada,
maldito seja!
Chus - máis (de plus) O que meteu na taleiga
pouc’aver e muita meiga,
é por non entrar na Veiga
Non é xocosa. que faroneja?
Pois chus mol[e] é que a
manteiga,
maldito seja!

O caparon do marvi Afonso X, O Sabio


que vos a testa ben cobre,
con pena veira tan nobre-
alfaiat’ou peleteiro,
dized’ora, cavaleiro:
◄ Estevan da Guarda é un autor dos últimos momentos do
qual vo-l’apostou assi?
trobadorismo. Foi protexido polo fillo de Don Denís, o Conde de
Tal caparon vos conven Vasconcelos.
con tal pena que tragaes;
mais [i] dos dous A cantiga contén unha rúbrica en prosa na que se dá o nome e
mesteiraes motivos da persoa que se satiriza.
me dixed’o que vos digo,
cavaleiro, meu amigo, Vocabulario:
qual vo-l’apostou tan ben?
Marvi - Tecido
Do que é mais sabedor
Pena veira - Tecido
de caparaon empenado
e non seja encoberto
de como vós sodes certo: É unha cantiga xocosa, unha burla dun cabaleiro, un novo rico que
qual vo-l’apostou melhor? pretende ocultar que é calvo.

Estevan da Guarda

13
En 1264 o rei de Granada sublévase contra Afonso X e ao ano seguinte este contraataca, é cando se
produce este comportamento por parte dos cabaleiros.
14
A nobreza estaba dividida en ric’omens, infanzóns e filhos d’algo.

16

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
2. Lírica medieval

3.4. Cantiga de Santa María


As cantigas de Santa María eran poesía lírica e, como tal, tiñan que estar
escritas en galego-portugués. Aínda que teñen isto en común coa poesía profana,
existen moitas diferenzas respecto a ela:
 Temática: gabanza da Virxe.
 Son máis narrativas (a maioría contan milagres).
Conservamos 420 cantigas de Santa María escritas na corte de Afonso X,
todas elas con notación musical agás unha. As Cantigas de Santa María:
1) Son de dous tipos que se intercalan na obra:
 De milagres: narración de milagres da virxe, son as máis numerosas.
 De loor: gabanza da Virxe, son moitas menos xa que só son deste tipo as
cantigas número 1, 10, 20, 30...
2) Chegan a nós a través de catro cancioneiros, tres deles moi ricos en
miniaturas.
3) Son a obra deste tipo máis importante do momento en Europa (polo número de
cantigas e pola súa calidade literaria), aínda que houbo outras coma:
 Les Milacres de Nostre Dame, de Gautier de Coincy, obra que inflúe na
de Afonso X.
 Milagros de Nuestra Señora, de Gonzalo de Berceo.

17

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
2. Lírica medieval

Esta é como Santa Maria acrecentou o vỹo no


tonel, por amor da bõa dona de Bretanna.

Como Deus fez vỹo d’agua ant’Archetecrỹo


ben assi depois sa Madr’acrecentou o vinno.

Desto direi un miragre que fez en Bretanna


Santa Maria por hũa dona mui sen sanna,
en que muito bon costum’e mui bõa manna
Deus posera, que quis dela seer seu vezỹo.
Como Deus fez vỹo d’agua ant’Archetecrỹo
ben assi depois sa Madr’acrecentou o vinno.
◄ Rúbrica introdutoria breve na que se presenta
Sobre toda-las bondades que ela avia,
o tema.
era que muito fiava en Santa Maria;
e porende a tirou de vergonna un dia É unha cantiga de refrán na que este aparece ao
del Rei, que a ssa casa vẽera de camỹo comezo da composición e ao final de cada cobra.
Como Deus fez vỹo d’agua ant’Archetecrỹo Esta é unha diferenza estética importante con
ben assi depois sa Madr’acrecentou o vinno. respecto á cantiga profana. Ademais, cómpre dicir
que, agás sete, tódalas cantigas de Santa María
A dona polo servir foi muit’afazendada son de refrán.
e deu-lhe carn’e pescado e pan e cevada;
mas de bon vỹo pera el era mui menguada,
ca non tĩia senon un pouco en un tonelcỹo.
Como Deus fez vỹo d’agua ant’Archetecrỹo
ben assi depois sa Madr’acrecentou o vinno.

E dobrava-se-ll’a coita, ca pero quisesse


ave-lo, non era end’en terra que podesse
por dĩeiros nonpor outr’aver que por el désse,
se non fosse pola Madre do Vell’e Menĩo.
Como Deus fez vỹo d’agua ant’Archetecrỹo
ben assi depois sa Madr’acrecentou o vinno.

E con aquest’asperança foi aa eigreja


e diss’ ”Ai, Santa Maria, ta mercee seja
que me saques daquesta vergonna tan sobeja;
se non, nunca vestirei ja mais lãa nen lỹo.”
Como Deus fez vỹo d’agua ant’Archetecrỹo
ben assi depois sa Madr’acrecentou o vinno

Mantenent’a oraçon da dona foi oyda


e el Rei e ssa companna toda foi conprida
de bon vinn’,e a adega non en foi falida
que non achass’y avond’o rique’e o mesqỹo.
Como Deus fez vỹo d’agua ant’Archetecrỹo
ben assi depois sa Madr’acrecentou o vinno

Afonso X, O Sabio

18

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC

Vous aimerez peut-être aussi