Vous êtes sur la page 1sur 3

Elaborar un plan perfecto e executalo en pecado

Captulo 20. Os seus desexos son ordes para min

"Os seus desexos son ordes para min" pensou Antonio Chantalo,
porque era demasiado listo para dicilo en alto. A condesa tampouco
esperaba escoitalo, que o pensase si, e que actuase en
consecuencia tamn; de feito, o que a condesa expresara non era un
desexo, era unha orde, clara e manifesta, anda que difusa dabondo
para non comprometerse.

O encargo valle a medida, talle ganas e precisaba, s, que


algun lle facilitase a escusa e salvar a honra diante da condesa
era suficiente. Tia adiantado pensar no tema desde haba uns
meses, descartara tantas ideas que saba ben o que non deba
facer.

Antonio mercou o baixo para montar a galera porque era unha


oportunidade nica, desas que non se deben deixar escapar. Pronto
descubriu que a instalacin elctrica non estaba axustada a
cdigo, a trada da auga traa mis que auga, os desauges non
honraban o seu nome e o vecio de arriba tia un psimo gusto para
a msica. Decatouse, pronto, de que a ganga non era tal, do mesmo
xeito que o primeiro piso non era o primeiro piso, era unha
entreplanta e, como tal, estivera unida baixo por unha escaleira
interior que a avaricia convertera nunha oficina moi coqueta. Pero
no inmobiliario non hai perodo de proba e non lle quedou mis que
adaptarse, escoitaba con resignacin as conversas do sinsustancia
de arriba a travs dunha reixa pequena, que el pensaba que daba a
un tubo de ventilacin pero que, en realidade, daba directamente
chan do piso, supoo polas moedas que caan do teito cada vez que
o home sacaba os pantalns, no cuarto de bao deduciu, anda que
en realidade era o dormitorio.

E, de speto, as molestias encaixaron nun plan perfecto. Tia que


atopar un algo que dese o calor suficiente para provocar un
incendio ou que o provocase directamente. Ocorruselle o das
pranchas do pelo porque as velas aromticas apagbanse chegar
ventilacin. Tvoa que desmontar para que lle entrase polo buraco,
pensou que unha vez derretida non se notara, e deixou o cable
colgando para conectalo a un alargador chegado o momento.

Citou a Tobas para falar de cartos, mencionando o dos cartos tia


a asistencia asegurada. Tobas entrou abaneando como adoitaba
naqueles das e Antonio convidouno a un vaso grande de algo con
bastantes graos aderezado con pastillas, co nico obxectivo de
matalo da mixtura, non entenda moito do tema, pero o de non
mezclar era un tpico que debera sar dalgures. Por sorte para el,
nun dos abaneos Tobas tropezou con algo, non estaba mirando, e
al quedou, nin o tocou, viu a poza de sangue e supoxo que fora
dabondo.

Raquel Couto Antelo 1


Elaborar un plan perfecto e executalo en pecado

Corriu oficina e conectou o alargador; desconectouno ulir a


queimado e ver fume sar; limpou as pegadas da reixa e marchou
antes de que o fume engadira unha vtima mis a aquela
conspiracin. Saiu e cometeu o primeiro dos dous nicos erros que
o podan incriminar, pechou a porta, era un acto reflexo, era unha
mana de solteirn, pechar para non esquecer as chaves.

O outro erro foi o da nota, a podiulle o dramatismo, sen ela


suporase un accidente ou mesmo o suicidio, pero imaxinara aquela
carta arrancando unha biografa superventas e non o puido evitar.
Nun primeiro momento pensara en deixala antes de marchar, pero
decatouse de que o papel arda. Despois pensou que ser o primeiro
en chegar proporcionaralle o momento idneo para deixar a nota;
despois pensou que se el viva a tres quilmetros da galera, non
poda ser o primeiro en chegar, tera que agardar a que o avisasen
para ter coartada, e divagando sobre a coartada esqueciu o da nota
ate que en verdade o avisaron. Mellor lle fora seguir esquecndoo,
pero tan perfecto soaba na sa cabeza que tirou para adiante.

- Reptoche que non hai nada raro, non sei porque insistes, Lidia
- refunfuaba o xefe do servizo anti-incendios.

- Para que a querer un culturista unhas pranchas do pelo e, sobre


todo, como as a enchufar se nin sequera estaba na cidade? -
insista a inspectora Calvio.

- Vale, iso raro, pero tampouco eran das boas, igual as quera
para pranchar a roupa, para facerlle a raia s pantalns, sei de
xente que o fai - dixo con naturalidade.

Lidia mirouno estraada, non saba que lle pareca mis


sorprendente, a explicacin, que houbese xente que faca iso, ou
que o home coecese algun que o fixese.

- Se nos poemos en plan paranoico, direiche que nos planos do


edificio a entreplanta comunica co baixo por unha reixa de
ventilacin que est moi prxima a onde atopamos a prancha -
soltou sen darlle importancia.

A inspectora Calvio encendiuse, levaba meses, meses, insistindo,


suplicando o mis mnimo indicio e, de speto, sltalle unha bomba
coma se fose o mis inocente do mundo.

- Que entreplanta? Que reixa? Que me ests contando? - berrou


Lidia dando un golpe na mesa.

- O primeiro piso unha entreplanta segn os planos do


edificio... - foi baixando o volume o xefe do servizo anti-

Raquel Couto Antelo 2


Elaborar un plan perfecto e executalo en pecado

incendios seguro de que acabara de meter a zoca ate o mis fondo.

Raquel Couto Antelo 3

Vous aimerez peut-être aussi