Vous êtes sur la page 1sur 10

A CANTIGA DE AMOR GALEGO-PORTUGUESA

NO CONTEXTO LRICO DA EUROPA OCCIDENTAL MEDIEVAL*

Leticia Eirn Garca


Universidade da Corua
leirin@udc.es

RESUMO: Este artigo pretende analizar as principais caractersticas que configuran o xnero
de amor na literatura medieval galego-portuguesa desde un punto de vista comparativo, isto ,
realizando un estudo baseado no cotexo entre a citada lrica e a provenzal. Con esta finalidade,
centraremos a nosa atencin nalgunhas das mis clebres cantigas do rei e trobador Don Dens,
especialmente en Quer eu en maneira de proenal (B 520/V 123) e en Proenaes soen mui
ben trobar (B 524/V 127), debido a que estas das composicins ofrecen as claves sobre algns
tpicos textuais tanto da cantiga de amor galego-portuguesa como da cans provenzal. A razn
da eleccin dos textos de Don Dens como punto de partida para este estudo o seu grande
coecemento das literaturas romnicas. As, esta anlise comparativa por en evidencia algunhas
das analoxas e diverxencias existentes na configuracin do xnero de amor en ambas lricas.

Palabras chave: cantiga de amor, cans, lrica medieval galego-portuguesa, lrica provenzal,
Don Dens.

ABSTRACT: This paper tries to analize the main characteristics that form the love genre in the
Galician-Portuguese medieval lyric from a comparative point of view, that is, making a study
based on the comparison between the aforementioned lyric and the Provenal lyric. With this
purpose, we will focus our attention in some of the most Don Denis king and troubadour famous
poems, specially in Quer eu en maneira de proenal (B 520/V 123) and in Proenaes soen
muy ben trobar (B 524/v 127), because these two compositions offer the keys about some text
topics both Galician-Portuguese love poem and Provenal cans. The reason for the selected
Don Denis texts as a starting point for this study is his huge knowledge of romanic literatures.
So, this comparative analysis will make clear some of the similarities and divergences that exist
in the love genre configuration in both lyrics.

* Este traballo inscrbese no proxecto de investigacin Glosario crtico de la poesa medieval gallego-
portuguesa. I. Cantigas de amor y cantigas de amigo (FFI2009-08917-subprograma FILO), subsidiado
polo Ministerio de Ciencia e Innovacin. Direccin General de Investigacin. Subdireccin General de
Proyectos de Investigacin.
204 A cantiga de amor galego-portuguesa no contexto lrico da Europa occidental medieval

Key words: love poem, cans, Galician-Portuguese medieval lyric, Provenal lyric, Don Denis.

1. Cuestins previas

Se consideramos a lrica profana galego-portuguesa medieval no seu conxunto, isto


, os tres principais xneros cannicos que a compoen, amor, amigo e escarnho e
maldizer, vemos que unha das primeiras observacins que habitualmente se realizan
a propsito da configuracin de cada un deles, ten a ver coa sa orixe. As, de xeito
sinttico, afrmase que a cantiga de amor ten a sa base na cans occitana, que o
xnero de amigo o resultado da reelaboracin dunha literatura oral e popular xa
preexistente no noroeste da Pennsula Ibrica, en canto as cantigas satricas non seran
senn unha adaptacin ou aclimatacin do sirvents provenzal para a realidade do
occidente peninsular. Isto podera estenderse tamn para outros xneros denominados
xneros menores, tales como o pranto, a pastorela ou a tenzn.
Obviamente estamos a simplificar a realidade, pois tanto a xnese como o desen-
volvemento do fenmeno trobadoresco galego-portugus foron moito mis complexos
do que isto, se ben certo que a conformacin dos tres xneros produto dunha
amlgama mis ou menos equilibrada entre a tradicin potica autctona e outros
elementos importados de tradicins alleas, nomeadamente a occitana.
Para o tema que ocupar a nosa atencin nas seguintes pxinas, a cantiga de amor
galego-portuguesa e as sas relacins coas outras lricas do occidente europeo,
cmpre indicar que o seu estudo ou anlise pasa, na maior parte dos casos, polo cotexo
ou comparacin coa lrica provenzal, que non en van constite o punto de partida das
lricas corteses peninsulares. Neste sentido, debemos notar que a lrica corts surxida
na Provenza se estendeu moi rapidamente ao norte de Francia, mais tamn a Alemania,
Sicilia e, para o caso que aqu nos interesa, Pennsula Ibrica. As, no dominio ling-
stico do cataln produciuse unha total asimilacin da lrica transpirenaica, que gozou
igualmente de moitsima relevancia na Coroa de Aragn, cuxa relacin coa Provenza
foi continua e moi frutfera. Canto ao occidente peninsular, a sa influencia fica igual-
mente fra de dbida, tal e como veremos a continuacin dun xeito mis pormenorizado.
Xa desde o ltimo cuarto do sculo xix, momento en que se produce a (re)descoberta
e difusin da lrica trobadoresca galego-portuguesa, numerosos crticos dirixiron os seus
estudos cara anlise das afinidades existentes entre a lrica galego-portuguesa e a
realizada polos trobadores de aln Pirineos. o caso, entre outros moitos, de Mil y
Fontanals (1861), Henry R. Lang (1895), Istvn Frank (1949) ou, xa mis recentemente,
Jean-Marie DHeur (1973) e Anna Ferrari (1984).
Porn, na nosa opinin, e anda que as analoxas entre a cantiga de amor e a can-
s son innegbeis, consideramos que deberiamos tomar con certa cautela e prudencia
todo o relacionado con este aspecto, e mesmo en certas ocasins cremos que sera
moi positivo distanciar ou afastar ambas realidades co propsito de as estudar cunha
maior perspectiva e non incorrermos en afirmacins moitas veces desmedidas sobre a
dbeda dunha lrica a respecto da outra.
Leticia Eirn Garca 205

Por ltimo, queremos tamn indicar neste prembulo que, para o presente estudo,
partiremos dalgunhas das mis clebres cantigas de amor do trobador e monarca
portugus Don Dens, pois Poeta em maneira de proenal, D. Denis distingue-se
tambn entre os outros trovadores galego-portugueses por algumas caractersticas do
seu provenalismo, j por outros assinaladas com base em minuciosos confrontos
(Gonalves 2000: 208).

2. Cantiga de amor galego-portuguesa vs cans provenzal

Non pretendemos realizar aqu unha anlise exhaustiva das semellanzas e diferenzas
habidas entre o xnero de amor galego-portugus e o occitano, tarefa que excedera
as pretensins e as dimensins deste traballo. Simplemente queremos pr en evidencia
algns elementos que farn posbel un mellor entendemento do cotexo que iremos
establecendo entre ambas lricas, as como dos textos de Don Dens que analizaremos
con posterioridade.
Deste modo, e xa desde un punto de vista externo, a primeira diferenza a que temos
de nos referir atinxe estrutura, pois mentres o habitual nas cantigas de amor que
estn compostas por tres cobras, as canss presentan unha extensin maior, de entre
cinco e sete estrofas. As mesmo, o exordio primaveral, que constite un dos tpicos
mis coecidos da lrica provenzal, substitudo na cantiga galego-portuguesa polo
apstrofe dama, que na maior parte das composicins aparece ben no incipit, no
verso inicial, ou no segundo verso.
Por outra parte, mis anda neste mesmo sentido estrutural, e tomando datos ache-
gados por Giuseppe Tavani (2004:17) no seu discurso de entrada na Real Academia
Galega, s o 27 por cento das composicins de amor galego-portuguesas presentan
fiinda, mentres que a porcentaxe aumenta at ao 63 por cento para as composicins con
tornada na lrica provenzal. Algo semellante acontece co senhal, elemento que na cans
aparece precisamente na parte final, na tornada ou envoi, e que se atopa ausente nos
versos das cantigas de amor galego-portuguesas. A este respecto indica Anna Ferrari:

In particolare, la totale irreperibilit del senhal nella lirica peninsulare [] ha un


significato non gi occasionale, [] bens radicale, segnando uno stacco neto fra le
due liriche []. Il fatto appare in stretta connesione con unaltra clamorosa assenza
nella lirica galego-portoghese: quella della tornada-envoi. Infatti per lo pi in questo
tipo di tornada che i trovatori provenzali usano il senhal, inviando a donne amate o
a protettori (spesso ad entrambi) i propri componimenti. Lassenza denvoi sembra
denunciare che la lirica galego-portoghese doveva affidarsi a contatti diretti piuttosto
che al dialogo a distanza, che era quindi meno itinerante di quella provenzale. Ci
in perfetto accordo con la struttura sociale in cui essa viveva, dove il principale
nucleo aggregatore era la corte regia, unica di contro alle numerose corti feudali
della Provenza, e dove la pratica poetica era appannagio di gruppi sociali assai pi
ristretti, non di rado addirittura familiari (Ferrari 1984: 37-38).
206 A cantiga de amor galego-portuguesa no contexto lrico da Europa occidental medieval

E, en efecto, as realidades sociais eran diferentes, no territorio onde naceu a lrica


trobadoresca galego-portuguesa o feudalismo posua caractersticas moi diversas s do
sistema socioeconmico transpirenaico, e, probabelmente por esta razn, a cortesa non
era practicada como tal, senn que acabou por se converter case nun pretexto para a
composicin potica. Esta circunstancia obviamente influu dun ou doutro modo nas
manifestacins poticas, pois, como sabemos, un dos trazos fundamentais que envolven
o fenmeno literario o feito de este non poder ser apartado ou interpretado marxe
do contexto social en que se xerou.
Teriamos de mencionar igualmente as caractersticas da muller, a senhor da cantiga
de amor galego-portuguesa e a chamada domna ou midons occitana. Neste caso, as
diverxencias son, se cabe, anda maiores, xa que en canto a domna se nos presenta
como unha muller nobre, casada, posuidora duns atributos fsicos explicitados nos
textos, e partcipe no xogo amoroso, a abstraccin ou a idealizacin son os emblemas
da senhor. Trtase dunha muller practicamente incorprea, caracterizada por medio de
enunciados estereotipados e imprecisos como senhor fremosa ou senhor de bon parecer,
e que se sente aldraxada ou ofendida por feitos tan triviais como que o trobador a
observe, se achegue a ela ou ouse declararlle o seu amor. Nesta mesma lia, tampoco
o joi que os poetas provenzais experimentan en virtude do amor profesado s sas
damas, atopa correspondencia na cantiga galego-portuguesa, onde a consecuencia do
amor radicalmente oposta: o namorado sofre a coita, un absoluto rexeitamento por
parte da muller.
En definitiva, podemos dicir que no occidente peninsular, berce do fenmeno
trobadoresco galego-portugus, foron tomados e adaptados certos aspectos retricos,
tcnicos e temticos chegados de aln Pirineos a travs do Camio de Santiago, entre
outras vas, crendose desta maneira un novo e orixinal modo de compor poesa corts.

3. Don Dens e o trobadorismo

O trobador e rei portugus Don Dens (1261-1325) era consciente desas diferenzas
que acabamos de enunciar, debido a que a educacin recibida lle forneceu un amplo
coecemento da retrica clsica e das lricas ibricas e provenzal, tal e como recolle
Dona Carolina Michalis de Vasconcelos (1990: 233-234):

O que parece fra de dbida que D. Denis (entre os soberanos portugueses da pri-
meira dynastia o unico que poetou) teve ao seu dispr, de facto, no s cancioneiros
franceses e provenaes, e os estudava, mas tambem e de preferencia, os versos dos
poetas nacionaes, alfonsinos e pre-alfonsinos, os quaes muitas vezes imita.

Mais tamn as relacins familiares contriburon para este aspecto. Cmpre lembrar
que Don Dens fillo de Afonso III O Bolonhs e de Beatriz de Guilln, quen, por
sa vez, filla ilextima do rei Alfonso X de Castela. Aln disto, Dens casou con
Isabel de Aragn, filla de Pedro III e de Constanza Stauffen, emparentada coa corte
Leticia Eirn Garca 207

siciliana. Con este breve resumo xenealxico queremos deixar constancia de que o
rei portugus reuniu na sua pessoa a herana, por consanguinidade ou por vnculo
matrimonial, de vrias cortes iluminadas em que o cultivo da poesia constitua sinal
de prestgio (Gonalves 2000: 206).
Parcenos oportuno facer aqu especial fincap na figura de Afonso III, pai de
Don Dens, quen regresa a Portugal no ano 1245, despois de ter permanecido durante
aproximadamente das dcadas en terras francesas:

During his sojourn at the French court, he was joined by a number of Portuguese
nobles, who returned with him to Portugal in 1245. [] Alphonse and his followers
must have been profoundly impressed with the literary culture of France, and it is
to be supposed that through them many of the conceits and forms of French poetry
became known in Portugal. [] From what has been said it will be seen that, as
far as we know, the intercourse between the Portuguese and the troubadours and
trouvres did not take place in Portugal, but at foreign courts, and that it could,
therefore, in most cases be neither intimate nor of long duration (Lang 1895: 213).

Reproducimos este fragmento do estudo The Relations of the Earliest Portuguese


Lyric School with the Troubadours and Trouvres, debido ao meritorio fillogo Henry
R. Lang, porque nel saen luz varios puntos de interese. En primeiro lugar, Lang
demostra ou proba xa a finais do sculo xix o feito de as relacins cos trobadors e
trouvres teren tido lugar fra da corte portuguesa, e debrense en boa medida ao
futuro rei Afonso III e aos nobres que o acompaaban, a diferenza do que aconteceu
noutras cortes peninsulares como a castel de Alfonso X, que si acolleron trobadores
provenientes do suroeste francs e doutras latitudes, aspecto sobre o que repararon con
posterioridade numerosos autores.1 O segundo punto que queremos evidenciar que
tamn foi O Bolonhs o responsbel da introducin na literatura galego-portuguesa
medieval de moitas das modas literarias que se atopaban en voga na Europa da
poca, como por exemplo o artificio do refrn intercalar ou mesmo a Post-Vulgata
artrica,2 para o caso da prosa.
Ante unhas circunstancias vitais como as descritas, non de estraar que Don
Dens acabase por se converter nun dos poetas de referencia da lrica medieval
galego-portuguesa, tanto en termos cuantitativos, pois o noso trobador mis prolfi-
co, ou, cando menos, aquel de quen os manuscritos transmitiron un maior nmero de
composicins (137, para sermos exactos), como en termos cualitativos, xa que o seu
cancioneiro pose, ao noso parecer, unha mestra realmente digna de pr en evidencia,
fundamentalmente porque constite unha sntese da tradicin lrica de que parte e das
innovacins por el introducidas, ao ser un poeta tardo dentro da cronoloxa da escola.
A seguir imos centrar a nosa atencin en das das cantigas mis clebres e (re)-
coecidas do rei-trobador, Quer eu en maneira de proenal (B 520/V 123) e Pro-

1. Remitimos a este respecto para a obra de Carlos Alvar (1977).


2. Para estes temas vxanse, respectivamente, Vicen Beltran (2007), en concreto o captulo titulado
Rondel y refram intercalar en la lrica galaico-portuguesa (pp. 231-245), e Ivo Castro (1983).
208 A cantiga de amor galego-portuguesa no contexto lrico da Europa occidental medieval

enaes soen mui ben trobar (B 524/V 127), onde o poeta manifesta a sa consciencia
das diferenzas que o separan dos provenzais.

3.1. Quer eu en maneira de proenal

Antes de mis, vexamos o texto (B 520/V 123):3



Quer eu en maneira de proenal
fazer agora un cantar d amor,
e querrei muit i loar mia senhor,
a que prez nen fremusura non fal,
nen bondade; e mis vos direi n:
tanto a fez Deus comprida de ben
que mis que todas-las do mundo val.

Ca mia senhor quiso Deus fazer tal,


quando a fez, que a fez sabedor
de todo ben e de mui gran valor,
e con tod est[o] mui comunal
ali u deve; er deu-lhi bon sn
e, des i, non lhi fez pouco de ben
quando non quis que lh outra foss igual.

Ca en mia senhor nunca Deus ps mal,


mais ps i prez e beldad e loor
e falar mui ben e riir melhor
que outra molher; des i, leal
muit, e por esto non sei hoj eu quen
possa compridamente no seu ben
falar, ca non h, tra-lo seu ben, al.

Como xa adiantamos, Don Dens amosa en moitas das sas cantigas a vontade de
innovar ou mesmo quebrantar as normas que rixen o trobadorismo galego-portugus.
Neste caso, esa intencin fica expresa no exordio, nos tres primeiros versos, onde
declara a sa intencin de facer un cantar de amor en maneira de proenal, mani-
festando ademais que a composicin ser unha laudatio, un panexrico da sa dama.
Porn, esta intencin fica truncada, o trobador xoga co horizonte de expectativa do
leitor ou ouvinte, pois na realidade o monarca portugus compn un texto que prac-
ticamente non se afasta dos lmites estritos da escola, xa que fica mis unha vez na
incorporeidade que envolve muller, sen realizar ningn tipo de comentario concreto
referido aos atributos fsicos, carnalidade, como si acontece na lrica transpirenaica.

3. Para a reproducin dos textos partimos da edicin das cantigas de amor de Nunes (1972), mais
aplicando os criterios propostos por Ferreiro, Martnez Pereiro e Tato Fontaa (2007).
Leticia Eirn Garca 209

As irregularidades atopadas no texto son fundamentalmente das: que nos seus ver-
sos non se fai referencia coita, motivo esencial na cantiga de amor, e tamn que nas
tres cobras da composicin rene ou compendia boa parte dos tpicos que, aplicados
senhor, podemos atopar no corpus de amor galego-portugus.
Desta maneira, Don Dens desea un perfecto retrato dos atributos da senhor, sen
descoidar ningn dos seus aspectos, isto , incle tanto a prosopografa ou descriptio
superficialis como a etopea ou descriptio intrinseca, isto , alude beleza fsica da
muller ( sa fremusura, beldade), mais a laudatio vai sobre todo referida s sas
virtudes morais: prez, bondade, comprida de ben, sabedor de todo ben, falar
mui ben e riir melhor / que outra molher etc.
E consideremos agora o texto desde un punto de vista formal,4 pois debemos ter moi
presente que as tres cobras que o compoen tratan un nico tema, o panexrico da dama,
e iso esixe inequivocamente unha grande mestra e dominio da tcnica por parte do
poeta. As, temos de chamar a atencin para a ligazn interestrfica acadada por medio
das cobras capdenals (II-III, v. 1: Ca mia senhor), a eleccin das estrofas unissonans,
non moi habituais na lrica peninsular, as como a palavra-rima presente no verso 6
de cada unha das agrupacins estrficas, que insiste no ben que pose e caracteriza
muller. Reparemos igualmente na gradacin ascendente que se produce ao longo de
toda a composicin, e que culmina na ltima estrofa coa acumulacin polisindtica e
ese ton hiperblico que, sen dbida, coadxuvan para a consecucin da laudatio da dama.

3.2. Proenaes soen mui ben trobar

Imos agora con estoutra cantiga de amor dionisina, Proenaes soen mui ben trobar,
que ten sido includa en moitas ocasins entre as cantigas satricas, mais ns, seguindo
a Anna Ferrari (1984: 44-47), consideramos que o tema principal da composicin a
coita de amor, e as referencias ao exordio primaveral, ou estacional, non constiten
unha crtica cans provenzal, senn que funcionan como unha estrataxema retrica
(Ferrari 1984: 46) que quizais Don Dens decidiu empregar como motivo innovador
dentro dos parmetros da escola, debido total ausencia deste topos no corpus profano
galego-portugus.5 Mais vaiamos ao texto (B 524/V 127):

Proenaes soen mui ben trobar


e dizen eles que con amor;
mais os que troban no tempo da frol
e non en outro sei eu ben que non
han tan gran coita no seu coraon
qual m eu por mia senhor vejo levar.

4. Na nosa opinin, a mellor anlise desta cantiga foi a realizada por Paulo Meneses (1991).
5. Tavani (1991: 107) considera que na cantiga de Airas Nunes Que muito meu pago deste vero
(B 872/ V 456) si se desenvolve o exordio estacional. Na nosa opinin, este non cumpre propiamente unha
funcin exordial, anda que o motivo estacional a temtica sobre a que se artella a cantiga.
210 A cantiga de amor galego-portuguesa no contexto lrico da Europa occidental medieval

Pero que troban e saben loar


sas senhores o mis e o melhor
que eles poden, so sabedor
que os que troban quand a frol sazon
h, e non ante, se Deus mi perdon,
non han tal coita qual eu hei sen par.

Ca os que troban e que s alegrar


van eno tempo que ten a color
a frol consig e, tanto que se for
aquel tempo, log en trobar razon
non han, non viven [en] qual perdion
hoj eu vivo, que pois m de matar.

Ao noso parecer, o aspecto que goza dunha maior relevancia nesta cantiga e que,
por sa vez, proba novamente o grande coecemento que o rei Dens posua da lri-
ca occitana, o relacionado co exordio estacional no seu conxunto, mis do que co
exordio primaveral en concreto. Este ltimo sen lugar a dbidas un dos motivos
mis comunmente coecidos e divulgados da lrica transpirenaica, mais non podemos
deixar marxe os exordios estival, outonal e invernal, que, como tamn demostrou
Anna Ferrari (1984: 44-45), comparecen na presente cantiga dionisina.
Reparemos nos versos por ns marcados en negra no texto. Na primeira cobra o
trobador estara a se referir primavera (o tempo da frol) e probabelmente ao vern
(non en outro), na segunda estrofa a estacin aludida sera o inverno, que precede
primavera (quand a frol sazon / h, e non ante), e na terceira comparecera o
outono, tempo en que as flores deixan de ter vida e cor (eno tempo que ten a color/
a frol consig e, tanto que se for / aquel tempo). Esta sucesin estacional tamn
dalgn xeito salientada ou enmarcada pola repeticin do enunciado os que troban,
que principia cada un dos perodos citados, as como polo fenmeno do paralelismo
semntico, a travs do cal o poeta pondera reiteradamente nas tres cobras o elemento
ao que contrapn esa terrbel coita que padece pola dama, e que non outro que os
colegas provenzais, os cales, na sa opinin, sofren menos do que el, xa que s
troban na primavera.6
Por ltimo, os trobadores de aln-Pirineos tamn contestaron dalgunha maneira a
estas crticas ou observacins, como demostran estes dous fragmentos, debidos a Bernart
de Ventadorn e Raimbaut dAurenga,7 onde declaran que cantan ao amor e s sas da-
mas, e que o fan sen lles importar a estacin ou o momento do ano en que se atopen:

Anc no gardei sazo ni mes Non chant per auzel ni per flor
ni can flors par ni can sescon ni per neu ni per gelada,
ni lerba nais delonc la fon, ni neis per freich ni per calor

6. Sobre este tema, vxase o indicado por Elsa Gonalves en Gonalves/Ramos 1983: 60.
7. Textos tirados da edicin de Martn de Riquer (2001: 382 e 430).
Leticia Eirn Garca 211

mas en cal coras mavengues ni per reverdir de prada;


damor us rics esjauzimens, ni per nuillautresbaudimen
tan me fo bels comensamens non chan ni non fui chantaire,
queu crei caquel tems senhorei mas per midonz, en cui menten,
car es del nom la bellaire.

Bernart de Ventadorn (vv. 1-7) Raimbaut dAurenga (vv. 1-8)

4. Conclusins

En definitiva, e unha vez trazado este breve percurso comparativo, podemos enu-
merar algunhas ideas que, en boa medida, xa preanunciamos no inicio deste estudo.
A primeira delas que as analoxas entre a lrica provenzal e a galego-portuguesa
son bastante mis limitadas do que poderiamos pensar a priori. Por outra banda, tal
e como ficou demostrado, o dominio potico de Don Dens e o seu coecemento das
lricas europeas permitiulle, acudindo a tradicins poticas alleas, introducir novas e
relevantes innovacins nunha das grandes escolas da Europa occidental medieval, a
escola trobadoresca galego-portuguesa.

Bibliografa

Alvar, C., La poesa trovadoresca en Espaa y Portugal. Barcelona: Planeta 1977.


Beltran, V., Potica, poesa y sociedad en la lrica medieval (Anexo 59 de Verba).
Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela 2007.
Castro, I., Sobre a data da introduo na Pennsula Ibrica do ciclo arturiano das
Post-Vulgata, Boletim de Filologia 38 (1983), 81-98.
DHeur, J.-M., Troubadours doc et troubadours galiciens-portugais. Recherches sur
quelques changes dans la littrature de lEurope au Moyen Age. Pars: Fundao
Calouste Gulbenkian / Centro Cultural Portugus 1973.
Ferrari, A., Linguaggi lirici in contatto: trobadors e trobadores, Boletim de Filologia
29 (1984), 35-58.
Ferreiro, M. / C. P. Martnez Pereiro / L. Tato Fontaa (eds.), Normas de edicin para
a poesa trobadoresca galego-portuguesa. A Corua: Universidade da Corua 2007.
Frank, I., Les troubadours et le Portugal, en: Mlanges dtudes portugaises offerts
M. Georges Le Gentil. Lisboa 1949, 199-226.
Gonalves, E. (apresentao crtica, seleco, notas e sugestes de) / M. A. Ramos,
(normas de transcrio, nota lingustica e glossrio de), A Lrica Galego-Portu-
guesa (Textos Escolhidos). Lisboa: Editorial Comunicao 1983.
, Dom Denis, en: G. Lanciani / G. Tavani (eds.): Dicionrio da Literatura Medieval
Galega e Portuguesa. Lisboa: Caminho 2000 (1 ed. 1993), 206-212.
Lang, H. R., The Relations of the Earliest Portuguese Lyric School with the Trouba-
dours and Trouvres, Modern Language Notes X (1895), 207-231.
212 A cantiga de amor galego-portuguesa no contexto lrico da Europa occidental medieval

Meneses, P., Da cortesia vilania: o reverso textual do panegrico da dama, Arqui-


plago 12 (1991), 81-94.
Mil y Fontanals, M., De los trovadores en Espaa. Barcelona: Estudio de lengua y
poesa provenzal 1861.
Nunes, J. J., Cantigas de Amor dos Trovadores Galego-Portugueses. Lisboa: Centro
do Livro Brasileiro 1972 (1 ed. 1932).
Riquer, M. de, Los trovadores. Historia literaria y textos, vol. i. Barcelona: Ariel 2001
(1 ed. 1975).
Tavani, G., A poesa lrica galego-portuguesa. Vigo: Galaxia 1991 (1 ed. 1986).
, Unha Provenza hispnica. A Galicia medieval, forxa da poesa lrica peninsular
(discurso lido o da 22 de maio de 2004, no acto da sa recepcin como acadmico
de honra). A Corua: Real Academia Galega 2004.
Vasconcelos, C. M. de, Cancioneiro da Ajuda, vol. ii. Lisboa: Imprensa Nacional-Casa
da Moeda 1990 (reimp. da ed. de 1904, acrescentada de um prefcio de Ivo Castro
e do glossrio das cantigas, Revista Lusitana xxiii).

Centres d'intérêt liés