Académique Documents
Professionnel Documents
Culture Documents
(en Xesús Ferro Ruibal (coord.) (1998): Actas do I Coloquio Galego de Fraseoloxía (1997)
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela; 257-264.
ISBN: 84-45321-67-6)
The Phraseology and Phraseography researches in Cuba have reached such a level
that a Dictionary of Cuban Phraseology has been elaborated. This effort fulfils one
of the essential tasks for the development of our national culture: to preserve the
idiomatic richness of the language. Derived from this dictionary, the Automated
Dictionary of Cuban Phraseology emerges as a result of the combined work of the
Institute of Literature and Linguistics of Havana and the Applied Linguistics
Center of Santiago de Cuba. This Automated Dictionary was programmed in the
CLIPPER databases language and it works in IBM microcomputers or similars.
The search for phraseology —both key words and linguistic aspects—, the
possibility to introduce new phraseological units in the dictionary and to save the
information stored, are some of the facilities that this computing system offers. It
can be used in the phraseological researches of any Spanish-speaking country.
90
http://www.utas.edu.au/docs/flonta/DPbooks/GIUSTI/GIUSTI.html
estranxeiras, xornalistas, etc. pola axuda que brindan ó ofreceren as locucións
equivalentes en cada lingua, pois, como se sabe, é incorrecto traduci-los fraseoloxismos
de forma literal. Como exemplo deste tipo de diccionario podemos cita-lo English-
Romanian Dictionary of Equivalent Proverbs (1995) de Teodor Flonta 91 e o Traductor
de Expresiones do Grupo de Investigación en Industrias de la Lengua (GRIL), da
Universidade de Toulouse-Le Mirail, Francia 92 , o que, a partir dunha expresión en
francés, ofrece as expresións equivalentes en alemán, inglés, español e portugués; como
se pode apreciar ámbolos dous diccionarios están dispoñibles en INTERNET.
Por último, é necesario sinala-la existencia dalgúns sistemas informatizados que
procesan grandes volumes de información textual e que, entre moitas outras funcións
que realizan, poden localizar locucións de interese lingüístico. Como exemplo temos o
DBT-DataBase Textual, poderoso software que desenvolveu o Instituto de Lingüística
Computacional de Pisa, Italia.
En Cuba existe certa experiencia nas investigacións fraseolóxicas e na Lingüística
Computacional; sobre a base desa experiencia xurdiu a idea de automatiza-los modestos
resultados fraseográficos obtidos polos nosos lingüistas.
91
http://info.utas.edu.au/docs/flonta/DP,1,1,95/dictionary.html
92
http://www.univ-tlse2.fr/gril/Expr.html
DEFINIC.DBF
BUSQUEDA.DBF
CONTROLF.DBF
A base de datos DEFINIC.DBF é a de maior importancia das tres, debido a que contén
toda a información concernente ós fraseoloxismos ou unidades fraseolóxicas:
1. Número do fraseoloxismo
2. Denominación
3. Definición, exemplo ilustrativo e fonte
4. Características lingüísticas
As características lingüísticas son as seguintes:
Marca gramatical: verbal, sustantival, adjetival, etc.
Estilo: coloquial, culto, vulgar, rural, humorístico, despectivo, irónico, etc.
Vixencia: actual, obsolescente, obsoleto.
Rección: a alguien, algo, por alguien, por algo, etc.
Unha das peculiaridades que posúe este diccionario é a posibilidade de busca-las
definicións polas palabras plenas ou ordenatrices que integran a UF. Por exemplo, na
combinación estable “¿y tu abuela dónde está?”, que se emprega a modo de comentario,
para referirse ós intentos dalgunhas persoas de agacha-la súa mestizaxe valéndose de
características físicas que lles permiten pasar por brancos, as ordenatrices son: ABUELA,
DONDE, ESTAR.
Precisamente na base de datos BUSQUEDA.DBF gárdanse tódalas ordenatrices —en
singular para o caso dos substantivos e adxectivos e en infinitivo para os verbos—
existentes no diccionario, acompañadas dos números dos fraseoloxismos asociados a
estas.
Por último, a base de datos CONTROLF.DBF advirte se foi exitosa ou non a
introducción do fraseoloxismo no sistema computacional e controla os números
correspondentes a cada combinación estable.
O DICFRAS consta de catro partes principais:
Introducción de novos fraseoloxismos
Diccionario
Estatísticas xerais
Tratamento da información
Diccionario
O interesado en coñece-lo significado de calquera UF ten nesta parte do sistema tres
formas de busca: palabras ordenatrices, aspectos lingüísticos e número del
fraseologismo.
Na primeira forma só é necesario escribir unha das palabras ordenatrices que entra
como elemento da UF que interesa. O programa, despois de comprobar que existe esta
palabra na base de datos BUSQUEDA.DBF, ofrece o nome, a definición, o exemplo —
cromatizado para resaltar cómo se usa—, a fonte da exemplificación e as características
lingüísticas concernentes á UF obxecto de dúbida. Se a palabra escollida posúe varios
fraseoloxismos asociados, o interesado, despois de examina-la denominación de cada un
deles, observará a acepción do seleccionado.
Neste método de busca dos significados, o sistema informatizado ofrece unha axuda ós
usuarios onde se explican os pasos a seguir para realiza-la pescuda.
A continuación analizaremos algúns exemplos de fraseoloxismos cubanos onde se ilustra
esta forma de busca. A fonte das exemplificacións das UF que analizaremos é a fala
popular, é dicir, expresan un estilo coloquial.
Se o usuario escribe a palabra significativa CARA, o sistema ofreceralle as seguintes
locucións:
cara de cumpleaños
cara difícil
cara de galleta
cara de guante
Se se escolle a UF cara de cumpleaños, o DICFRAS mostrará a seguinte definición:
estar /en/ cancha: 1. Hallarse preparado o entrenado para realizar cierto tipo de
actividad: “Puedo empezar cuando quiera que 'estoy en cancha'.
Hace pocos días que terminé de arreglar una máquina igual.”//2.
Sentirse bien física o emocionalmente: “Me siento muy bien.
'Estoy en cancha' y puedo correr cinco kilómetros sin cansarme.”
Ademais do explicado, esta sección do programa posibilita ve-la relación xeral dos
fraseoloxismos incluídos no diccionario. Neste caso, se o usuario desexa coñece-lo
significado dun determinado fraseoloxismo, só lle é necesario escribi-lo número do
mesmo; esta é a terceira e última forma de busca das UF no sistema.
Estatísticas xerais
O Diccionario Automatizado de Fraseología Cubana proporciona toda a estatística
referente ás UF nel almacenadas.
Un dos datos máis importantes que aporta esta sección é o número de fraseoloxismos
existentes no diccionario e o das palabras significativas vinculadas a eles.
Tamén se pode aprecia-la información detallada sobre as variables que comprende a
análise lingüística. Por exemplo, no aspecto denominado vigencia, obsérvanse cántos
xiros fraseolóxicos se usan na actualidade, cántos son obsoletos e cántos obsolescentes,
é dicir, en decadencia.
Pensamos que a análise das estatísticas xerais vinculada á busca dos fraseoloxismos por
aspectos lingüísticos é moi favorable para realizar estudios sobre as peculiaridades do
uso das unidades fraseolóxicas en Cuba.
Tratamento da información
Xeralmente os sistemas informatizados almacenan grandes e valiosos volumes de
información nos discos duros dos ordenadores. A práctica demostrou que se corre un alto
risco de perder esta información se non se protexe a mesma en discos flexibles.
Recordemos que hoxe en día proliferan os virus informáticos que destrúen sen
compaixón o depositado nos ordenadores.
Para protexe-la información gardada nas bases de datos DEFINIC.DBF,
BUSQUEDA.DBF e CONTROLF.DBF durante a introducción dos fraseoloxismos no
diccionario automatizado e así evita-la perda da mesma por infeccións virais ou outros
problemas que lle poidan ocorrer ó disco duro do ordenador, o DICFRAS posúe unha
sección denominada Salvar la Información.
Para copiar por primeira vez no disco duro o contido das bases de datos antes sinaladas e
o software, este sistema computacional posúe un Instalador.
Ademais dos catro segmentos que conforman este programa, o mesmo oferta un
Resumen onde se expoñen de forma concisa as características esenciais deste
diccionario fraseolóxico automatizado.
Conclusións
Podemos extrae-las seguintes conclusións:
1. O desenvolvemento da informatización dos diccionarios fraseolóxicos non está acorde
coa producción escrita deste tipo de diccionarios.
2. O Diccionario Automatizado de Fraseología Cubana reafirma a crecente asimilación
no noso país das novas tecnoloxías e a súa aplicación en tódalas ramas da ciencia. Neste
caso particular demóstrase a utilización cada vez maior da Lingüística Computacional
nas investigacións lingüísticas.
3. Este sistema permite unha rápida localización das definicións dos fraseoloxismos a
través de calquera das súas formas de busca.
4. O DICFRAS pódese enriquecer no transcurso do tempo coas novas combinacións
estables xurdidas no pobo.
5. O software non só posibilita a súa explotación como diccionario senón que tamén se
pode empregar para realizar estudios complementarios sobre as características do uso
das combinacións indivisibles utilizadas en Cuba.
6. A flexibilidade é unha calidade que posúe este sistema computacional; gracias a ela
facilítase o traballo dos interesados en coñecer cómo se fala no noso país.
7. Partindo de que o español é a lingua materna de moitos países, propoñémo-la
extensión deste software a outras investigacións fraseolóxicas que, sobre a variante do
español de cada país hispanofalante, realizan outros investigadores.
Bibliografía
Carneado M., Z. (1986): “Algunas consideraciones sobre el caudal fraseológico del
español hablado en Cuba”. En Estudios de Fraseología. Editorial Academia, La
Habana, pp. 7-38.
----------(1986): “Consideraciones sobre la fraseografía”. En Estudios de Fraseología.
Editorial Academia, La Habana, pp. 39-46.
----------(1989): “Estudio fraseográfico del español actual en Cuba”. En El español en
Cuba. Anuario. Editorial ENPES, La Habana, pp. 191-207.
Clipper. Manual de Usuario. SOFTEL, 1987.
Telia, V. N. (1990): Frazeografia v mashinnom fonde russkogo yazika. Moskva.
Tristá, A. M. (1986): “La metáfora: sus grados de revelación en las unidades
fraseológicas”. En Estudios de Fraseología. Editorial Academia, La Habana,
pp. 47-65.
----------(1986): “Fuentes de las unidades fraseológicas. Sus modos de formación”. En
Estudios de Fraseología. Editorial Academia, La Habana, pp. 67-90.