Vous êtes sur la page 1sur 2

ABRINDO CAMIÑOS

NÚMERO 61
MARZO 2018

INFORMACIÓN DA ÚLTIMA REUNIÓN CO CONCELLO (12/03)

NOVO REGULAMENTO DE AXUDAS SOCIAIS


En principio parece que a pretensión do goberno municipal é pagar as axudas sociais ao abeiro
do recollido na convocatoria correspondente, é dicir, coa nómina do mes de marzo; non
obstante, recomendamos preguntar a finais de mes no Departamento de Persoal, que é o que
tramita as axudas, para comprobar se efectivamente se vai realizar o pagamento coa nómina
deste mes. A maiores, a CIG propuxo que se faga o reparto proporcional da cantidade sobrante
ata repartir a contía total (25 000 euros), non obstante o concelleiro de Persoal indicou que tería
que informar a Intervención municipal sobre a posibilidade do reparto da cantidade sobrante.

APLICACIÓN DOS ACORDOS DA COMISIÓN PARITARIA DO 18 DE XULLO


O Concello segue sen facer efectivos os acordos tomados na Comisión Paritaria do
Convenio Colectivo do pasado 18 de xullo e que afectan a retribucións de diversos
compañeiros. Esta semana, o Comité solicitará formamente que se reúna a Comisión
Paritaria do Convenio Colectivo para que se cumpran dunha vez por todas este e outros
acordos e no caso de que o Concello siga sen realizar a convocatoria oportuna, a CIG
comezará a valorar os camiños legais que ten para facer efectivo o acordado.
COMPLEMENTO PERSOAL TRANSITORIO (CPT)
Varios traballadores seguen co salario conxelado porque o goberno municipal se nega a
aplicar os criterios de absorción acordados na Comisión paritaria e que suporían que as
subas que se produzan só afectarían a un complemento e non a todos os conceptos
retributivos. Na práctica a inaplicación deste acordo aféctalle a máis de quince traballadores
que na actualidade son os que teñen CPT por cobraren por riba das retribucións indicadas
no Convenio colectivo.
COMPLEMENTO DE DISPOÑIBILIDADE
O cobro deste complemento segue paralizado, a pesar de que o Concello indica que non hai
problema ningún. O caso é que case un ano despois de que se aprobase o Convenio o
persoal afectado segue exercendo a dispoñibilidade sen cobrala. Neste caso en concreto o
concelleiro alude a unha paralización por culpa de Intervención.
DEFINICIÓN DO TERMO EVENTOS PARA O COBRO DO COMP. F. EXTRAORDIN.
Desde o pasado mes de xullo ficou claro que o cobro do CFE (é dicir, que as horas
extraordinarias se cobren coa contía de festivo e noite) aféctalle aos seguintes servizos: limpeza,
apertura e peche de instalacións, notificacións, gravación e cobertura dos plenos, festas
patronais e Feira Franca Medieval. Non obstante, ficou pendente a definición do termo “eventos”
o que leva prexudicando deste o pasado mes de xullo a persoal de distintos departamentos que
programan actividades con carácter asiduo en días de non traballo e que o Concello discrimina
até o momento abertamente fronte ao persoal dos servizos sinalados enriba. A solución,
proposta xa no mes de xullo por CIG e UGT pasa por facer unha definición do termo “eventos”
recollido no convenio colectivo para a aplicación do Anexo III na totalidade e que o Concello leva
meses adiando. Neste caso, ao igual que nos anteriores, solicitaremos que o Concello reúna
canto antes a Comisión Paritaria e no caso de que así non sexa estudaremos as vías que
podemos seguir.
ABRINDO CAMIÑOS
NÚMERO 61
MARZO 2018

SUBA DO 1% (2016) E 1% (2017) NA CONTÍA DAS HORAS EXTRAORDINARIAS


O Comité de Empresa solicitou, por iniciativa da CIG, xa en varias ocasións, que o goberno
municipal actualizase a contía das horas extraodinarias que están conxeladas exclusivamente
para o persoal laboral desde o ano 2016, ano en que se acordou o Convenio colectivo que entrou
en vigor no ano 2017. Esta falta de actualización está creando na práctiva outra discriminación a
maiores entre o persoal laboral e o funcionariado, que si que tivo esta suba nas súas
graitificacións. Pero na CIG xa estamos afeitos a que os dereitos do persoal laboral sempre
veñen a remolque dos do funcionariado e por iso transmitímoslle ao concelleiro de Persoal a
nosa preocupación por este tema. A solución que ofrece o Concello é facer unha modificación
do Convenio colectivo para introducir que a contía das horas extras tamén terá os incrementos
retributivos correspondentes ás leis de orzamentos do estado. O certo é que consideramos esta
proposta unha reviravolta para pagar canto máis tarde sexa posible, así como non pagarlle os
atrasos correspondentes ao persoal laboral, mais estamos á espera da Convocatoria da
Comisión Paritaria do Convenio colectivo para solucionar esta cuestión.

ATRASO NO PAGAMENTO DAS HORAS EXTRAORDINARIAS


O goberno municipal adebeda catro meses de horas extraordinarias ao persoal laboral. Segundo
nos informou o concelleiro de Persoal isto débese ao que indica o convenio colectivo con
respecto ás horas extraordinarias, a necesidade do informe previo da necesidade do servizo por
parte dun responsable, así como a imposibilidade de desfrutalas en tempo. Non obstante, en
realidade, o atraso no pagamento vén motivado, unha vez máis, pola mala xestión do
Departamento de Persoal deste Concello que non preveu como a aplicación do Convenio
colectivo lle podía afectar á fiscalización que a Intervención municipal fai das horas e habilitou os
mecanismos para que este problema non xurdise. Isto sen ter en conta, ademais, que como
desde a CIG levamos anos dicindo, neste Concello non se fan tantas horas extraordinarias, o que
se fan a maior parte das veces son traballos fóra de xornada periódicos e continuados, que
deben estar regulados en cada un dos complementos específicos dos distintos postos de
traballo na RPT, xa que non son na maioría das ocasións horas extraordinarias porque non teñen
carácter extraordinario, senón ordinario. Partindo desta premisa son poucos os departamentos
do Concello que se verían obrigados a facer horas extraordinarias por causa de forza maior, por
tanto, e tendo en conta que o Concello non comunica por escrito a necesidade de facer horas
extraordinarias nin a maior parte delas poderían ser consideradas como tal, a solución máis
segura para non ter problemas no pagamento é deixar de facelas e, no caso das que xa están
feitas e o Concello non paga, solicitar a compensación en tempo. No caso de que o Concello nin
as pague nin autorice a compensación cumpriría facer a denuncia correspondente.

SISTEMA DE CONTROL NO ACCESO E PRESENZA NO TRABALLO


Transmitímoslle ao Concello a necesidade dunha comunicación formal no momento en que se
implante de xeito definitivo o sistema de control de presenza e insistiu en que está en modo
probas e falta a instalación das cámaras, así como o sistema de control en puntos como
Protección civil, CEIP Francisco Vales Villamarín e persoal de axuda no fogar. Insistimos na
necesidade de negociación de horarios e de que o proceso se fixo mal pola falta de información
ao persoal.

NEGOCIACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO


A negociación da Relación de Postos de Traballo está paralizada desde o 1 de febreiro. A última
información que temos sobre este tema é a que o concelleiro de Persoal lle transmitiu aos
traballadores asistentes á reunión de febreiro. En todo caso, se algo quedou claro é que o
Concello non parece que vaia dar pasos adiante na regulación das condicións contractuais do
persoal laboral, polo que nas vindeiras semanas varios compañeiros e compañeiras comezarán a
presentar as reclamacións de indefinición para a creación das prazas na Relación de Postos de
Traballo e a súa asignación provisional aos distintos postos en condición de indefinido/a.
Descoñecemos os motivos da paralización desta negociación mais temos sospeitas de que esta
pode ter de fondo o conflito no que a propia empresa Quorum meteu ao Concello coa decisión de
non recoñecer como válidos os documentos de RPT publicados ata o momento.

Vous aimerez peut-être aussi