Vous êtes sur la page 1sur 1

MÉTRICA

MEDIDA DOS VERSOS


O cómputo silábico está sometido a un ritmo musical que ten en conta:
- O acento da última palabra: aguda + 1
esdrúxula – 1
grave, queda igual.
(Ou o que é o mesmo: contamos ata a última sílaba
acentuada de cada verso e non contamos máis, pero ao resultado que nos
dea sumámoslle sempre unha máis).
- A sinalefa: únese na mesma sílaba o final dunha palabra que remata en vogal co
inicio da palabra seguinte se empeza por vogal. (Isto non acontece se
a vogal da 2ª palabra é tónica ou se hai unha pausa entre as dúas
palabras).
- A diérese: sepáranse dúas vogais que forman ditongo.
- A sinérese: únense dúas vogais que están en hiato.

CLASES DE VERSOS
De ARTE MENOR: (1 a 8 sílabas): bisílabos
trisílabos
tetrasílabos
pentasílabos
hexasílabos
heptasílabos
octosílabos.
De ARTE MAIOR: (9 e máis): eneasílabos
decasílabos
endecasílabos
dodecasílabos
tridecasílabos
alexandrinos
pentadecasílabos
octonarios.

RIMA
Repetición de sons iguais ou semellantes a partir da última vogal acentuada de cada verso.
- Asonante: repítense só vogais (nas esdrúxulas só se conta a vogal acentuada e a
última; considéranse iguais e/i, o/u.
- Consonante: repítense vogais e consoantes (como a rima ten en conta o son,
considéranse iguais b/v).

ESQUEMA MÉTRICO
Representación da medida e da rima do poema.
A medida represéntase co número correspondente.
A rima:
- con letra: - maiúscula, se é de arte maior.
- minúscula, se é de arte menor.
- coa mesma letra para os versos que riman entre si.
- cunha raia (-) para os versos que quedan soltos, sen rima.

Vous aimerez peut-être aussi