Vous êtes sur la page 1sur 17

DOG Núm.

117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29780

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 6 de xuño de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das


axudas a centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia
para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
para o curso 2018/19.

O capítulo I do título II, relativo ao alumnado con necesidades específicas de apoio


educativo, da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece que as admi-
nistracións educativas disporán os medios necesarios para que todo o alumnado acade o
máximo desenvolvemento persoal, intelectual, social e emocional, así como os obxectivos
establecidos con carácter xeral nesta lei. De igual maneira, especifica a igualdade de cri-
terios para a determinación de recursos entre os centros públicos e os centros privados
concertados.

De conformidade co Decreto 254/2012, do 13 de decembro, que regula a admisión


do alumnado en centros sostidos con fondos públicos e co Decreto 229/2011, do 7 de
decembro, que regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Co-
munidade Autónoma de Galicia, garántese unha adecuada e equilibrada escolarización do
alumnado con necesidades educativas especiais e asegúrase a calidade educativa para
todos, a cohesión social e a igualdade de oportunidades.

Por isto, de conformidade coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,


por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e, no uso das atribucións
que me foron concedidas,
CVE-DOG: tnzbd2t4-lx97-87k3-v4i0-5okhh7ngfxs9

DISPOÑO:

Artigo 1.  Obxecto

1. O obxecto desta orde é establecer os criterios, os requisitos e o procedemento (códi-


go ED301I) para a concesión de axudas económicas aos centros privados concertados da
Comunidade Autónoma de Galicia para atender o alumnado con necesidades específicas
de apoio educativo nas correspondentes unidades concertadas, naqueles aspectos que
non estean xa cubertos polo concerto educativo, ao longo do curso escolar 2018/19.

2. Enténdese por alumnado que presenta necesidades específicas de apoio educativo


aquel que requira por un período da súa escolarización, ou ao longo de toda ela, deter-

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29781

minados apoios e atencións específicas derivadas de discapacidade motórica, sensorial,


intelectual ou trastornos xeneralizados do desenvolvemento e a conduta.

Artigo 2.  Vixencia

Esta orde terá vixencia temporal para o curso académico 2018/19, desde o día 1 de
setembro de 2018 ata o 31 de agosto de 2019.

Artigo 3.  Beneficiarios

1. Os centros docentes privados que teñan concerto vixente coa Comunidade Autóno-
ma de Galicia para as ensinanzas do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria,
educación secundaria obrigatoria, formación profesional básica e ciclos formativos de grao
medio e superior.

2. Exclúense desta convocatoria de axudas os centros concertados específicos de edu-


cación especial e os centros con unidades concertadas de educación especial.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que conco-


rra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do
13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG número 121, do 13 de xuño).

4. Para obter estas axudas, os solicitantes terán que estar ao día no cumprimento das
obrigas tributarias, da Seguridade Social e da Comunidade Autónoma.

Artigo 4.  Concorrencia con outras axudas


CVE-DOG: tnzbd2t4-lx97-87k3-v4i0-5okhh7ngfxs9

A presente axuda é compatible con outras subvencións ou axudas para a mesma finali-
dade, procedentes de calquera outra administración ou ente público ou privado, nacionais,
da Unión Europea ou de organismos internacionais, tendo en conta o disposto nos arti-
gos 11.d) e 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 5.  Solicitudes

1. Lugar de presentación.

a) As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formula-


rio normalizado (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.
xunta.gal.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29782

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen


personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a


súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presen-
tación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solici-
tude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de


identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o
sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmen-


te, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros
establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o
formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

b) As solicitudes estarán asinadas polas persoas representantes dos centros educati-


vos.

2. Prazo de presentación.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes computado a partir do día seguinte
ao da publicación desta orde no DOG.
CVE-DOG: tnzbd2t4-lx97-87k3-v4i0-5okhh7ngfxs9

Artigo 6.  Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procede-


mento

1. Coa solicitude formulada conforme o modelo anexo I desta orde, achegarase a se-
guinte documentación:

a) Unha memoria explicativa en que consten as necesidades específicas do centro para


atender o alumnado que requira apoio educativo.

Dado que os fondos destinados a cada fin están limitados na súa contía máxima e co-
rresponden a partidas orzamentarias distintas, tal e como se distribúen nos artigos 11 e 17,

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29783

na dita memoria os centros deberán indicar a que finalidade prevén destinar as axudas en
función dos distintos parágrafos recollidos no artigo 11:

– Contratación de persoal complementario, reparacións, mantemento, material non in-


ventariable.

– Material inventariable.

Para o caso de que a previsión afecte á adquisición de material específico ordinario in-
ventariable incluirán unha relación detallada destes materiais indicando a súa finalidade e
necesidades que pretenden atender con eles.

b) A certificación en que se detalle o alumnado segundo o tipo de discapacidade a que


se refire o punto 2 do artigo primeiro desta orde e, se é o caso, o grao recoñecido polo
organismo competente.

c) No caso de que solicite outras axudas para o mesmo proxecto ou actividade, ache-
gará unha declaración responsable do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou
concedidas por outras administracións ou entes públicos e a súa contía. No caso contrario,
declaración de non telas solicitado.

d) Declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións para obter a condición
de beneficiario, de conformidade co artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subven-
cións de Galicia e o compromiso de manter o cumprimento do mencionado requisito duran-
te o período de tempo de xestión e xustificación da subvención.

As declaracións, se é o caso, das epígrafes c) e d) faranas no modelo do anexo I.


CVE-DOG: tnzbd2t4-lx97-87k3-v4i0-5okhh7ngfxs9

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.


As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presen-
ten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal
para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación


electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación
complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa pre-
sentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aque-
la en que fose realizada a emenda.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29784

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán


presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e
rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude,


deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro
de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Artigo 7.  Támites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites


electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán
da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presenta-
ción electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera
dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento adminis-
trativo común.

Artigo 8.  Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos in-


cluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Certificación que debe emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, segundo


o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Certificación que debe emitir a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, segundo o


CVE-DOG: tnzbd2t4-lx97-87k3-v4i0-5okhh7ngfxs9

establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Certificación que debe emitir a Axencia Tributaria de Galicia, segundo o establecido


no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo


no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos


citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos
correspondentes.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29785

Artigo 9.  Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e


de bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia,
a consellería responsable da iniciativa publicará na súa página web oficial a relación
das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as
referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos
correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita
a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a referida pu-
blicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia


e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas
a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da
Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria
para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da


Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos na-
cional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa
publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 10.  Datos de carácter persoal


CVE-DOG: tnzbd2t4-lx97-87k3-v4i0-5okhh7ngfxs9

De conformidade co disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro,


de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación
desta disposición cuxo tratamento e publicación autorízase polas persoas interesadas me-
diante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Relacións
administrativas coa cidadanía e entidades, cuxo obxecto é xestionar o presente procede-
mento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería
de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería
de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante o envío dunha comunicación
ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Com-
postela ou a través dun correo electrónico á sxcentros@edu.xunta.es.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29786

Artigo 11.  Finalidade das axudas

As axudas reguladas nesta orde poderán empregarse, en atención das necesidades do


centro, para os seguintes fins:

1. Por unha contía máxima de 300.000 euros (artigo 17.1 e 17.2) para:

a) Contratación de persoal complementario: logopeda, fisioterapeuta, axudante técnico/a


educativo/a, psicólogo/a, pedagogo/a, traballador/a social, educador/a social, intérprete de
lingua de signos e coidador/a.

b) Reparacións, mantemento e obras ou instalacións menores de contía non superior


ao 15 % da axuda.

c) Compra de material específico ordinario non inventariable.

2. Por unha contía máxima de 60.000 euros (artigo 17.3 e 17.4) para:

– Compra de material inventariable específico para a atención de alumnado con nece-


sidades de apoio educativo.

Artigo 12.  Criterios de valoración

Para a asignación das contías seguiranse os seguintes criterios:

a) Alumnado matriculado no curso 2018/19 que reúna os requisitos establecidos no


artigo 73 da Lei orgánica de educación, debidamente xustificados. Por cada alumno ou
alumna contabilizaranse 8 puntos.
CVE-DOG: tnzbd2t4-lx97-87k3-v4i0-5okhh7ngfxs9

b) Alumnado cos mesmos requisitos da letra a) deste artigo matriculado no curso 2017/18.


Por cada alumno ou alumna contabilizaranse 4 puntos.

c) Proporción entre o alumnado total do centro e o que reúna os requisitos desta con-
vocatoria, con exclusión das etapas non concertadas. Calcularase a porcentaxe a que se
aplicará a seguinte puntuación:

% Puntos
Menor ou igual a 0,1 0
Máis do 0,1 e ata o 0,3 4

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29787

% Puntos
Máis do 0,3 e ata o 0,5 8
Máis do 0,5 e ata o 1 12
Máis do 1 16

d) Grado de discapacidade do alumnado:

% Puntos por alumno/a


Ata o 33 8
Máis do 33 e ata o 66 12
Máis do 66 16

Artigo 13.  Distribución das axudas

1. Unha vez sumadas as puntuacións obtidas por cada centro, segundo o artigo anterior,
o importe da axuda concedida a cada un será proporcional á puntuación deste con respec-
to á suma das puntuacións de todos os centros.

2. A distribución das axudas farase por niveis educativos, cos límites establecidos no
artigo 17 desta convocatoria, agrupados do seguinte xeito:

a) Educación infantil, primaria e ESO.

b) Formación profesional e formación profesional básica.

3. A asignación que recibirá cada centro será como máximo de 12.000,00 €.


CVE-DOG: tnzbd2t4-lx97-87k3-v4i0-5okhh7ngfxs9

Artigo 14.  Comisión de valoración

Baixo a presidencia da persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Huma-


nos ou en quen delegue, constituirase unha comisión que se encargará de valorar as soli-
citudes, integrada polas persoas que desempeñen os seguintes postos de traballo:

– Subdirección Xeral de Centros.

– Servizo de Centros.

– Servizo de Xestión de Programas Educativos.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29788

– Un funcionario ou funcionaria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,


que actuará como secretario/a, con voz pero sen voto.

As persoas integrantes desta comisión deberán absterse de intervir cando concorran


nelas as circunstancias de abstención previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outu-
bro, de réxime xurídico do sector público.

Artigo 15.  Resolución

1. Unha vez rematada a valoración das solicitudes, a Dirección Xeral de Centros e Re-
cursos Humanos publicará no portal educativo http://www.edu.xunta.gal/portal/ a proposta
de resolución provisional, que incluirá a cantidade asignada a cada centro e os que son
excluídos, contra a que os/as interesados/as poderán formular as alegacións que conside-
ren oportunas nun prazo de dez días hábiles e achegar os documentos que se consideren
pertinentes. Esta resolución provisional tamén será comunicada aos/ás solicitantes a tra-
vés do correo electrónico.

2. Logo de estudar e valorar as reclamacións presentadas contra a proposta de resolu-


ción provisional, o director xeral de Centros e Recursos Humanos elevará ao conselleiro a
proposta de resolución definitiva, na cal se sinalará a concesión ou a denegación motivada
das axudas, así como, se é o caso, a exclusión daquelas entidades que non reúnan algúns
dos requisitos da convocatoria.

3. A resolución definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia no prazo máximo de


cinco meses contados desde a publicación desta convocatoria.

Contra a dita resolución poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta
CVE-DOG: tnzbd2t4-lx97-87k3-v4i0-5okhh7ngfxs9

consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario
Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de
octubre, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou, directa-
mente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Supe-
rior de Xustiza de Galicia conforme os artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo,
reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Se transcorre o prazo máximo que se sinala no parágrafo primeiro deste punto sen que
se publique a resolución definitiva, os/as solicitantes poderán entender desestimadas por
silencio administrativo as súas solicitudes para os efectos de interpoñer os recursos que
procedan.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29789

Artigo 16.  Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente


por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas
a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notifica-
cións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións
sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación elec-


trónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia
(https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á
disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitu-
de. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta
non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a


notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir
notificacións só por medio electrónicos deberán optar en todo caso pola notificación por
medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha
opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en


que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos
sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase
rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notifica-
ción sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Ad-
CVE-DOG: tnzbd2t4-lx97-87k3-v4i0-5okhh7ngfxs9

ministración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación


polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 17.  Orzamento

A dotación total de axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado


con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2018/19 ascende a un máxi-
mo de 360.000 € e tramitarase con cargo ás seguintes partidas orzamentarias:

1. 10.60.422A.482.3, para os niveis de educación infantil, de primaria e de educación


secundaria obrigatoria, por unha contía total máxima de 95.845 € para o período setem-
bro‑decembro do ano 2018 e de 191.689 € para o período xaneiro-agosto de 2019.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29790

2. 10.60.422M.482.3, para o nivel de formación profesional, incluída a formación profe-


sional básica, por unha contía total máxima de 4.155 € para o período setembro-decembro
do ano 2018 e de 8.311 € para o período xaneiro-agosto de 2019.

Ambas as dúas partidas irán destinadas a:

– Contratación de persoal complementario: logopeda, fisioterapeuta, axudante técnico/a


educativo/a, psicólogo/a, pedagogo/a, traballador/a social, educador/a social, intérprete de
lingua de signos e coidador/a.

– Reparacións, mantemento e obras ou instalacións menores de contía non superior ao


15 % da axuda.

– Compra de material específico ordinario non inventariable.

3. 10.60.422A.780.0, para os niveis de educación infantil, de primaria e de educación


secundaria obrigatoria, por unha contía total máxima de 19.169 € para o período setem-
bro‑decembro do ano 2018 e de 38.338 € para o período xaneiro-agosto de 2019.

4. 10.60.422M.780.0, para o nivel de formación profesional, incluída a formación profe-


sional básica, unha contía total máxima de 831 € para o período setembro-decembro do
ano 2018 e de 1.662 € para o período xaneiro-agosto de 2019.

As dotacións dos números 3 e 4 destinaranse, exclusivamente, á adquisición de material


inventariable específico para a atención de alumnado con necesidades de apoio educativo.
CVE-DOG: tnzbd2t4-lx97-87k3-v4i0-5okhh7ngfxs9

Artigo 18.  Xustificación e pagamento das axudas

1. Os beneficiarios das axudas presentarán a seguinte documentación xustificativa dos


gastos realizados, para o que terán en conta que a que presenten, en relación co importe
anticipado, deberá corresponder ao ano 2018:

a) Facturas expedidas a nome do centro, nóminas e outros documentos acreditativos


dos gastos derivados da execución das actividades subvencionadas, así como xustificante
de que o pagamento do seu importe foi efectuado. Os documentos acreditativos dos gastos
deberán reunir todos os requisitos exixidos pola normativa vixente. Se a xustificación está
incompleta ou é incorrecta, pagarase unicamente a cantidade da axuda concedida que
sexa xustificada de forma correcta.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29791

b) Memoria das actividades realizadas, asinada pola persoa representante legal do cen-
tro, conforme a memoria presentada coa solicitude, que permita asegurar a relación directa
dela cos xustificantes de gasto que se acheguen.

c) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para a mesma fina-


lidade, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas
administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou socie-
dades, en que se especifique a clave do expediente ou ben o concepto subvencionado.
Se é concedida a subvención, deberá expresar os importes e a súa procedencia, e xuntar
facturas ou xustificantes de gasto por unha contía equivalente á suma do total das subven-
cións para idéntico obxecto, segundo o modelo do anexo II.

d) Para o suposto de que a persoa solicitante tivese denegada a autorización a que se


fai mención no artigo 8 desta orde, deberá achegar as certificacións que deban emitir a
Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a
consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido
no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Prazo.

A xustificación achegarase, coa data límite do 31 de agosto de 2019, á Subdirección Xe-


ral de Centros da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Edificio Administrativo
de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

3. O pagamento das axudas concedidas farase de conformidade co disposto no arti-


go 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG número 121, do 25
CVE-DOG: tnzbd2t4-lx97-87k3-v4i0-5okhh7ngfxs9

de xuño), polo que se desenvolve o procedemento de aprobación do gasto e pagamento


das subvencións.

4. O pagamento das axudas concedidas será realizado do seguinte xeito:

a) Por tratarse de entidades sen fins de lucro e para acadar unha maior operatividade
neste tipo de axudas, unha vez resolto o expediente, farase un anticipo que será propor-
cional ao importe da axuda concedida a cada centro segundo o establecido no artigo 12
desta orde e pola contía consignada para o exercicio do 2018, que suporá a entrega de
fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para levar a cabo
as actuacións inherentes á subvención. Isto realizarase de oficio e, en ningún caso, ex-
cederá o 80 % da subvención concedida, sen que se supere a anualidade prevista para

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29792

cada exercicio orzamentario, segundo establece o artigo 63.1 do Decreto 11/2009, do 8 de


xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións
de Galicia.

b) Réxime de garantías en pagamentos anticipados:

Consonte o establecido no artigo 65.4.f) e i) do dito Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro,


as entidades beneficiarias non estarán obrigadas a constituír garantía.

c) O resto do importe ou parte do total da subvención concedida para o curso 2018/19


librarase logo da completa xustificación do cumprimento das condicións e da finalidade
para a cal se concedeu.

Artigo 19.  Fiscalización e control

1. Os beneficiarios quedarán obrigados a facilitar toda a información que lles sexa requi-
rida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello
de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e de control do destino das
axudas.

2. Así mesmo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poderá


realizar, en calquera momento ata transcorridos tres anos desde a resolución de concesión
das axudas, as comprobacións e avaliacións que considere oportunas sobre as actuacións
realizadas e a xustificación.

3. Os beneficiarios darán axeitada publicidade do carácter público do financiamento das


actividades que foron obxecto de subvención.
CVE-DOG: tnzbd2t4-lx97-87k3-v4i0-5okhh7ngfxs9

Artigo 20.  Perda total ou parcial do dereito ao cobramento da axuda

1. O centro perderá de forma total ou parcial o dereito ao cobramento da axuda polas


seguintes causas:

a) Xustificar de forma incompleta ou fóra de prazo.

b) Incumprir os fins ou obxectivos para os cales se concedeu.

c) Perda da capacidade xurídica ou de obrar, ou inhabilitación para ser beneficiario/a de


subvencións e axudas públicas, nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de
xuño, de subvencións de Galicia.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29793

2. De concedérselle outra subvención para esta mesma finalidade no prazo de vixencia


desta convocatoria, a entidade terá que comunicarllo á Administración, segundo dispón o
artigo 11.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para que, en aplica-
ción do seu artigo 17.3, o importe da subvención se minore co fin de que, illadamente ou en
concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados,
non supere o 100 % do investimento.

3. No caso de que se revogue a axuda, o centro terá que reintegrar as cantidades per-
cibidas e mais os xuros de demora xerados desde o momento do seu pagamento, nos
termos que figuran nos artigos 33 a 38 da referida Lei de subvencións de Galicia.

Disposición derradeira primeira.  Recurso

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer un recurso potestati-
vo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao
da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124
da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administra-
cións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Con-
tencioso-Administrativo competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de
dous meses contados desde a mesma data, conforme o establecido nos artigos 10, 14 e
46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda.  Delegación de competencias

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para


adoptar todos os actos e medidas que sexan necesarios para a execución e desenvolve-
CVE-DOG: tnzbd2t4-lx97-87k3-v4i0-5okhh7ngfxs9

mento do previsto nesta orde.

Disposición derradeira terceira.  Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2018

Román Rodríguez González


Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29794

ANEXO I

PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO

AXUDAS A CENTROS PRIVADOS CONCERTADOS PARA ATENCIÓN AO ALUMNADO CON


NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
ED301I SOLICITUDE

DATOS DA PERSOA SOLICITANTE


NOME/RAZÓN SOCIAL PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA

PARROQUIA LUGAR

CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE

TELÉFONO FAX TELÉFONO MÓBIL CORREO ELECTRÓNICO

E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito)
NOME/RAZÓN SOCIAL PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

DATOS PARA OS EFECTOS DE NOTIFICACIÓN


Notifíquese a: Persoa ou entidade solicitante Persoa ou entidade representante

Enviaranse avisos da posta á disposición da notificación ao correo electrónico e/ou teléfono móbil facilitados a seguir:
TELÉFONO MÓBIL CORREO ELECTRÓNICO

ELECCIÓN DO MEDIO DE NOTIFICACIÓN PREFERENTE


As persoas obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos coa Administración deberán optar, en todo caso, pola notificación por
medios electrónicos sen que sexa válida para elas, nin produza efectos, unha opción diferente.
Electrónica a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, https://notifica.xunta.gal. Só se poderá acceder á
notificación co certificado electrónico asociado ao NIF da persoa indicada.
Postal (cubrir o enderezo postal só se é distinto do indicado anteriormente).
As notificacións que se practiquen en papel estarán tamén á disposición da persoa indicada anteriormente no Sistema de notificación
electrónica de Galicia-Notifica.gal, para que poida acceder ao seu contido forma voluntaria.
TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA

PARROQUIA LUGAR
CVE-DOG: tnzbd2t4-lx97-87k3-v4i0-5okhh7ngfxs9

CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE

DATOS DO CENTRO
DENOMINACIÓN

ENDEREZO

CÓDIGO DO CENTRO NIF DO CENTRO

CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE

Este formulario só poderá presentarse nas


https://sede.xunta.gal formas previstas na súa norma reguladora

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29795

ANEXO I
(continuación)

CERTIFICACIÓN
Certifico que os datos do alumnado matriculado neste centro en niveis concertados son os seguintes:
TOTAL ALUMNOS/AS NO
INFANTIL, PRIMARIA e ESO FP e FORMACIÓN PORCENTAXE 1 PORCENTAXE 2
CENTRO EN ETAPAS
(M1) PROFESIONAL BÁSICA (M2) (M1/C)x100 (M2/C)x100
CONCERTADAS (C)
Nº DE ALUMNADO CON
NECESIDADES ESPECÍFICAS DE
APOIO EDUCATIVO
Nº DE ALUMNADO CON NEAE
XA MATRICULADO O CURSO
ANTERIOR

GRAO DE DISCAPACIDADE ATA O 33 % MÁIS DO 33 % E ATA O 66 % MÁIS DO 66 %


Nº DE ALUMNADO CON GRAO DE DISCAPACIDADE
INDICADO EN EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E ESO
Nº DE ALUMNADO CON GRAO DE DISCAPACIDADE
INDICADO EN FP E FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

LA PERSOA SOLICITANTE O REPRESENTANTE DECLARA


1. Que en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:
Non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra axuda para este mesmo proxecto e conceptos para os cales se solicita esta subvención.
Si solicitou e/ou concedéronselle outras axudas para este mesmo proxecto e conceptos para os cales se solicita esta subvención, que son as
que a seguir se relacionan

ORGANISMOS IMPORTE (€)

2. Non estar incursa nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, conforme o artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de
subvencións de Galicia, e o compromiso de manter o cumprimento do mencionado requisito durante o período de tempo de xestión e
xustificación da subvención.

DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA


Unha memoria explicativa en que se fai constar as necesidades do centro para atender ao alumnado con necesidades específicas de apoio
educativo.
Unha certificación asinada pola persoa representante do centro docente que acredite as circunstancias conforme o artigo 1.2 desta orde e,
se é o caso, do grao de discapacidade recoñecido ao alumnado afectado.

COMPROBACIÓN DE DATOS
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas
OPÓÑOME A
interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos
CONSULTA
documentos.
Certificación de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.
Certificación de estar ao día nas obrigas tributarias coa Comunidade Autónoma de Galicia.
Certificación de estar ao día nas obrigas económicas fronte a Seguridade Social.
CVE-DOG: tnzbd2t4-lx97-87k3-v4i0-5okhh7ngfxs9

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na
tramitación deste procedemento, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán
incluídos nun ficheiro denominado Relacións administrativas coa ciudadanía e entidades, co obxecto de xestionar o presente procedemento, así
como para informar as persoas interesadas sobre a súa tramitación. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería
de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte
enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a sxcentros@edu.xunta.es

LEXISLACIÓN APLICABLE
Orde do 6 de xuño de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas a centros privados concertados da Comunidade Autónoma de
Galicia para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2018/19.

SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE

Lugar e data

, de de

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Este formulario só poderá presentarse nas
https://sede.xunta.gal formas previstas na súa norma reguladora

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29796

ANEXO II

DECLARACIÓN DE OUTRAS AXUDAS

DATOS DA PERSOA SOLICITANTE


NOME/RAZÓN SOCIAL PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA

PARROQUIA LUGAR

CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE

TELÉFONO FAX TELÉFONO MÓBIL CORREO ELECTRÓNICO

E, NA SÚA REPRESENTACIÓN
NOME/RAZÓN SOCIAL PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

DATOS DO CENTRO
DENOMINACIÓN

ENDEREZO

CÓDIGO DO CENTRO NIF DO CENTRO

CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE

A PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE DECLARA


Que en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:
Non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra axuda para este mesmo proxecto e conceptos para os cales se solicita esta subvención.
Si solicitou e/ou concedéronselle outras axudas para este mesmo proxecto e conceptos para os cales se solicita esta subvención, que son as
que a seguir se relacionan:

ORGANISMOS IMPORTE (€)


CVE-DOG: tnzbd2t4-lx97-87k3-v4i0-5okhh7ngfxs9

SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE

Lugar e data

, de de

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Vous aimerez peut-être aussi