Vous êtes sur la page 1sur 4

TEMA 1.

ETAPAS DA HISTORIA DA LINGUA GALEGA


Na historia social da lingua e literatura galegas podemos diferenciar as seguintes etapas:

Idade Media (séculos XII a XV) - O galego nace como lingua oral arredor do século VIII
- Era unha lingua totalmente normalizada utilizada por todos os estamentos sociais en todos os contextos
- Presentaba unha unidade lingüística coa variante do sur, polo que debemos falar de lingua galego-portuguesa
- Entre o século VIII e fins doXII funcionou como lingua escrita o latín
- Paseniñamente o galego vai gañando espazo ao latín na lingua escrita
- A partir do século XII convértese en lingua escrita
- O galego portugués foi a lingua da lírica peninsular, coa excepción da zona dominada polos musulmáns (que usaban o árabe ou
mozárabe) e os condados cataláns (usan o provenzal)
- O galego-portugués era unha lingua de prestixio
- Portugal convértese en reino independente no século XII e os dous idiomas coñecerán historias moi diferentes.

Séculos Escuros (XVI-XVII) e Séculos XVI e XVII


Ilustración (XVIII)
- Prostración e marxinación social do galego pola imposición do castelán
- Ausencia case completa de literatura culta en galego. Conservamos, pola contra, importantes mostras de literatura de tradición
oral.
- Imaxe negativa de Galicia no resto de España (zona pobre, atrasada, inculta…)
- Uso do galego exclusivamente como lingua oral e coloquial da inmensa maioría da poboación (arredor do 90-95%)
- Uso do castelán polas clases altas da sociedade
- Situación diglósica entre galego(lingua B) e castelán (lingua A)
- Fragmentación dialectal da lingua por carecer dun modelo estándar
- Nacemento de sentimento deautoodio
- Ruralización e castelanización do léxico, toponimia e antroponimia

Século XVIII
- O goberno borbónico, que ocupará o trono de España, acentúa as tendencias centralistas e a imposición do castelán
- Os ilustrados galegos estudarán e buscarán remedio á situación de atraso e marxinación de Galicia
- O castelán esténdese a sectores da fidalguía e das clases medias urbanas e vilegas
- O idioma convértese en sinal de estatus e os prexuízos lingüísticos consolídanse
- Defensa da lingua por algúns ilustrados: estudarán as orixes da mesma e defenderán a súa valía e capacidade coma calquera
outra lingua de cultura.
- Destacan o Padre Feixoo, o Padre Sobreira e, sobre todo, o Padre Sarmiento

Rexurdimento (século XIX) Podemos diferenciar tres etapas:


- Os Precursores (1808-1863)
- O Rexurdimento pleno (1863-1891)
- Período de decadencia finisecular (1891-1914)
- Prodúcese o nacemento do galeguismo como teoría política que terá neste século dúas fases: o Provincialismo (parello aos
Precursores) e o Rexionalismo (coincidente co período do Rexurdimento pleno)
- Increméntase a castelanización da sociedade galega debido, fundamentalmente á prensa, á extensión da escolarización, ao reforzo do
aparello administrativo estatal, o establecemento en Galicia de burgueses de orixe foránea e o influxo da emigración a América de
importantes continxentes de poboación galega.
- Aparece, como reacción, un movemento de minorías cultas que é o que coñecemos como Rexurdimento.
- O galego recupera a categoría de lingua literaria grazas á obra de escritores e historiadores. O xénero preponderante vai ser a poesía
(na que destacan as figuras de Rosalía, Curros e Pondal) aínda que tamén teremos mostras de prosa e teatro. O xornalismo en galego
tamén se abre camiño con cabeceiras coma O Tío Marcos da Portela e A Monteira.
- Aparecen as primeiras gramáticas e dicionarios.

Século XX 1900-1936: Período de esplendor


– 1916: fundación das Irmandades da Fala: defensa e reivindicación do uso oral e escrito do galego a todos os niveis
– 1922: Revista Nós e Seminario de Estudos Galegos: a lingua accede ao ámbito do ensaio e a cultura galega empézase a estudar
desde un punto de vista científico
– 1931: fundación do Partido Galeguista. O Estatuto de Autonomía de 1936 recolle a posición do galego como lingua cooficial de
Galicia a carón do castelán.
Escribiranse en galego obras pertencentes a todos os xéneros literarios: poesía, prosa, teatro e ensaio.
En contraste con este avance do galego nos usos cultos prosegue o proceso de castelanización porque a educación vehicúlase
exclusivamente en castelán; a prensa segue a ser maioritariamente neste idioma e os prexuízos seguen presentes.

1936-1975: A escuridade da ditadura


- A implantación dun réxime ditatorial centralista implica que o galego perde a categoría de lingua literaria e de cultura. Mantense en
exclusiva no exilio ata 1950.
- Comeza unha tímida recuperación en 1950 coa editorial Galaxia e en 1960 cos partidos políticos de esquerda (clandestinos).
- Prosegue e agudízase o proceso de castelanización porque o franquismo impón o español como única lingua do estado para a cultura e
a administración. Tamén contribúe a este proceso os importantes movementos de poboación do ámbito rural ao urbano que se
producen en Galicia nesta etapa.

1975-actualidade
– O Estatuto de Autonomía de Galicia (1981) recoñece o galego como lingua propia de Galicia e cooficial co castelán.
– O galego comeza a ocupar ámbitos dos que sempre estivera ausente ou, cando menos, moi pouco presente (ensino,
administración e medios de comunicación).
– En canto a situación sociolingüística podemos mencionar tres realidades:
• aumentaron as destrezas lectoescritoras en galego da poboación
• diminuíu notablemente o número de galego-falantes especialmente entre a poboación nova e nas cidades.
• No ámbito cultural a situación da lingua galega é aceptable, malia a ter que loitar con numerosos atrancos.

Vous aimerez peut-être aussi