Vous êtes sur la page 1sur 2

ABRINDO CAMIÑOS

NÚMERO 65
DECEMBRO 2018

RESUMO DA POSTURA DA CIG NA MESA DE NEGOCIACIÓN DA RPT (21/12/18)

O pasado 21 de decembro de 2018, tivo lugar a última reunión de negociación da RPT e os motivos da
CIG para non avalar a Relación de Postos de Traballo que propón o Concello de Betanzos son os
seguintes:
✔ Non respecta as sentenzas xudiciais de indefinición do persoal laboral para a
creación dos postos.
✔ Non incorpora a totalidade das sentenzas xudiciais de indefinición existentes na
actualidade.
✔ Exclúe 55 prazas de persoal laboral que traballa na actualidade no Concello,
mais, pola contra, crea 9 prazas novas de funcionarios, e 8 delas para promoción
interna.
✔ Agrava as discriminacións salariais entre o persoal laboral e o funcionariado e
non aplica un sistema de valoración equitativo para a totalidade dos postos de
traballo.
✔ Non valora igual postos iguais simplemente pola relación laboral ou funcionarial.
✔ Incorpora un factor discrecional na valoración do complemento específico.
✔ Carece dunhas normas de xestión e da definición dalgúns conceptos como
dispoñibilidade, por exemplo.
✔ Atribúe niveis de complementos de destino superiores aos rangos permitidos pola
lexislación en determinados postos.
✔ Supón unha rebaixa salarial importante con respecto ao Convenio colectivo
vixente para o persoal laboral e un incumprimento do acordo de progresiva
equiparación co funcionariado acadado no ano 2015 e que tivo como primeiro
paso o acordo do Convenio colectivo.

A maiores, fíxose unha relación de varios erros que conteñen as fichas de diversos postos e que
repercuten directamente na valoración do posto e no complemento específico e advertiuse a eliminación
de cinco postos con carácter funcionarial de auxiliar administrativo e outro de condutor-alguacil. UGT
indicou que subscribía nun 90% o dito pola CIG, ao contrario que durante o último ano. CCOO
manifestou que estaba de acordo porque se recollín as súas propostas no relativo aos postos de
auxiliar administrativo e que votaría a favor, CSIF, a pesar de manifestar o seu acordo co texto, fixo
unha proposta económica de suba do valor do punto. O goberno municipal dixo que estudaría a
proposta de CSIF e que a próxima reunión sería na Mesa Xeral de Negociación onde se chegaría a un
acordo definitivamente ou non sobre unha nova Relación de Postos de Traballo. Agora resta unha Mesa
de Negociación, se o goberno decide continuar adiante coa Relación de Postos de Traballo, podería
facelo mesmo sen o apoio dos sindicatos, non obstante todo parece que podería chegar a un acordo
cos sindicatos que representan ao funcionariado, único colectivo beneficiado da aprobación deste
ORZAMENTOS DO ESTADO E SUBA SALARIAL DO ANO 2018
documento. Logo da Mesa Xeral de Negociación, a RPT debería ser informada por Secretaría e
Intervención e someterse a aprobación plenaria, onde se podería aprobar por maioría simple. De se
aprobar provisionalmente, abriríase un prazo de alegacións, que deberían ser resoltas tamén no
pleno e proceder, de ser o caso, á aprobación definitiva do documento. As alegacións que non fosen
estimadas, de ser o caso, poderían seguir a vía contenciosa nos casos en que fose posible.

Nos vindeiros meses manteremos informado ao persoal dos pasos que dá o Concello de
Betanzos, así como das posibilidades de reclamación nos distintos escenarios que se
presenten. A CIG, pola súa parte, no caso de o goberno pretenda aprobar este
documento no Pleno, tamén intentará manter reunións con todos os partidos da
oposición para lle explicar os motivos polos que os representantes do persoal laboral
non poden avalar esta proposta, así como explicarlles polo miúdo os motivos que temos
para non apoiar esta Relación de Postos de Traballo.

MÁIS INFO EN WWW.CIGCONCELLOBETANZOS.BLOGSPOT.COM


ABRINDO CAMIÑOS
NÚMERO 65
DECEMBRO 2018

ATRASOS DA SUBA DOS ORZAMENTOS DO ESTADO DO ANO 2018

Finaliza o ano 2018 e o persoal do Concello de Betanzos segue sen cobrar os atrasos da suba
salarial recollida nos orzamentos do Estado para o ano 2018 aprobados o pasado mes de xullo . A
suba na nómina fixose nos pasados meses mais o goberno municipal aínda lles debe aos traballadores
e traballadoras os atrasos da suba de nove meses. O motivo que argumentan en persoal é que seica
non hai cartos, o que nos parece gravísimo, tendo en conta que o Concello de Betanzos proclama aos
catro ventos que ten superávit e que sobran os cartos... para todo menos para lle devolver os cartos que
lles deben aos traballadores. A CIG reclamará a través de rexistro que se lle paguen de inmediato aos
traballadores estes atrasos de nove meses correspondentes á suba contemplada nos orzamentos.

MÁIS NOVAS EN WWW.CIGCONCELLOBETANZOS.BLOGSPOT.COM

Cinco anos e dúas empresas despois, o Concello de Betanzos segue sen unha
Relación de Postos de Traballo actualizada

A CIG solicítalle ao Concello de Betanzos que reúna a Mesa Xeral de


Negociación

Resumo do Comité de Seguridade e Saúde (10 de decembro de 2018)

Reunión ordinaria do Comité de Empresa (14/12/2018)

Xa se pode reclamar o IRPF pola prestación de maternidade/paternidade na


Axencia Tributaria

Horas extraordinarias atrasadas

Novo regulamento de axudas sociais a partir de 2019

Mesa Xeral de Negociación (12/11/18): Oferta Pública de Emprego 2018,


axudas sociais e máis

Primeira sentenza firme de indefinición

O Concello adxudícalle unha produtividade a persoal funcionario sen negociar


os criterios do reparto desta partida orzamentaria na Mesa Xeral de
Negociación, tal e como procede.

O goberno municipal teima en non cubrir as baixas de limpeza e degradar os


servizos públicos

MÁIS INFO EN WWW.CIGCONCELLOBETANZOS.BLOGSPOT.COM

Vous aimerez peut-être aussi