Vous êtes sur la page 1sur 2

Abrazongo

Traio Cuba para ti dende Galicia


un fraternal abrazo,
un abrazo de irmán que a ti chega
contento, emocionado.
Traio cancións e bailes do meu pobo
para o pobo cubano:
alalás, muiñeiras, foliadas
e muitos outros cantos.
Ou!
Eu dareiche, irmán e amigo
as miñas danzas e cantos,
a música que ven do meu ancestro
español e africano,
a habanera, a rumba, o son,
o chachachá e o mambo
e boleros, congas, guarachas:
todo ese rico legado
da miña xente que canta e baila sempre
co seu ritmo antillano.
A chave do meu corazón amigo
tráioche neste abrazo.
Ou!
Un cruce de melodías e palabras
entre pobos irmáns.
Ou!
O son do abrazongo, entre pobos irmáns!
Eu dareiche, irmán, amigo
as miñas danzas e cantos
O son do abrazongo, entre pobos irmáns!
De Galicia traio un canto
que florece hoxe na Habana para ti.
O son do abrazongo, entre pobos irmáns!
Coa miña xente que canta e baila sempre
co seu ritmo antillano.
O son do abrazongo, entre pobos irmáns!
Un abrazo
contento, emocionado.

Xosé Neira Vilas: Son galego, son cubano (2015)

Versións:

Roi Casal e Laritza Bacallao: Abrazongo; Son galego, son cubano; 2017; Pista 1

Vous aimerez peut-être aussi