Vous êtes sur la page 1sur 15

GRAVITACIÓN

Problemas PAAU
XUÑO-96
PROBLEMA 1. op A
Nun planeta que ten a metade do radio terrestre, a aceleración da gravidade na súa superficie
-2
vale 5 ms . Calcular:
a) A relación entre as masas do planeta e a Terra. Sol. Mp/Mt= 1/8.
b) A altura á que é necesario deixar caer desde o repouso un obxecto no planeta para que
chegue á súa superficie coa mesma velocidade con que o fai na Terra, cando cae desde
-2
unha altura de 100 m. (Na Terra g= 10 ms ) Sol. 200 m.

SETEMBRO-96
PROBLEMA 1. op B
A distancia Terra-Lua é aproximadamente 60 RT, sendo RT o radio da Terra, igual a 6400 km.
Calcular:
a) A velocidade lineal da Lúa no seu movemento ó redor da Terra, Sol. 1020 m/s.
b) O correspondente período de rotación en días. Sol. 27,4 días.
-11 2 -2 24
Datos: G= 6,67. 10 Nm kg ; MT= 5,98.10 kg

XUÑO-97
PROBLEMA 1. opA
a) Calcula-lo radio que debería te-la Terra, conservando a súa masa, para que a velocidade
-1
de escape fose igual á da luz, c= 300000 kms (¡estaño buraco negro!) Sol. 8,9.10-3 m..
b) Diante dun colapso deste tipo ¿variará o período de rotación da Lúa arredor da Terra?
-11 2 -2 6 24
Datos: G= 6,67. 10 Nm kg ; RT= 6,38.10 m; MT= 5,98.10 kg

SETEMBRO-97
PROBLEMA 1. opA
Europa, satélite de Xúpiter, foi descuberto por Galileo en 1610. Sabendo que o radio da órbita
que describe é de 6,7.105 km e o seu período de 3 días, 13 h e 13 min, calcular,
a) A velocidade de Europa relativa a Xúpiter. Sol. 13715 m/s.
b) A masa de Xupiter. Sol. 1,89.1027 kg..
-11 2 -2
Datos: G= 6,67. 10 Nm kg

XUÑO-98
PROBLEMA 1. op B
A menor velocidade de xiro dun satélite na Terra, coñecida como primeira velocidade cósmica,
é a que se obtería por un radio orbital igual ó radio terrestre RT. Calcular:
a) A primeira velocidade cósmica. Sol. 7907 m/s.
b) O período de revolución correspondente. Sol. 5070 s.
-11 2 -2 6 24
Datos: G= 6,67. 10 Nm kg ; RT= 6,38.10 m; MT= 5,98.10 kg

SETEMBRO-98
PROBLEMA 1. op A
Dous puntos materiais de masas m e 2m respectivamente, atópanse a unha distancia de 1 m.
Busca-lo punto onde unha terceira masa,
a) Estaría en equilibrio, Sol. 0,41 m.
b) Sentiría iguais forzas (módulo, dirección e sentido por parte das dúas primeiras). Sol. 2,41 m
XUÑO-99
PROBLEMA 1. op A
Deséxase por en órbita un satélite artificial a unha altura de 300 km sobre a superficie terrestre.
Calcule:
a) A velocidade orbital que se lle ten de comunicar ó satélite.Sol. 7730 m/s.
b) O período de rotación. Sol. 5430 s.
-11 2 -2 24
Datos: G= 6,67. 10 Nm kg ; RT= 6378 km; MT= 5,98.10 kg

SETEMBRO-99
PROBLEMA 2. op B
Dúas masas puntuais de 10 kg cada unha están en posicións (5,0) e (-5,0) (en metros). Unha
terceira masa de 0,1 kg deixase en liberdade e con velocidade nula no punto (0,10). Calcule:
a) A aceleración que actúa sobre a masa de 0,1 kg nas posicións (0,10) e (0,0);
Sol.9,55.10-12 m/s2; 0 m/s2.
b) A velocidade da masa de 0,1 kg en (0,0).Sol. 1,7.10-5 m/s
-11 2 -2
Datos: G= 6,67. 10 Nm kg ;

XUÑO-00
PROBLEMA 2. op A
7
Un satélite artificial cunha masa de 200 kg móvese nunha órbita circular a 5.10 m por enriba da
superficie terrestre.
a) ¿Qué forza gravitatoria actúa sobre o satélite?. Sol. 25N
b) ¿Cal é o período de rotación do satélite?. Sol. 133200 s.
Datos: g0=9,81 ms-2; RT= 6370 km

SETEMBRO- 00
PROBLEMA 2. op A
Deséxase por en órbita un satélite xeoestacionario de 25 kg. Calcule:
a) O radio da órbita. Sol. 4,23.107 m
b) As enerxías cinética, potencial e total do satélite na órbita.
Sol. Ec=1,2.108 J; EP=-2,4.108 J; ET=-1,2.108J.
-11 2 -2 24
Datos: G= 6,67. 10 Nm kg ; RT= 6378 km; MT= 5,98.10 kg

XUÑO-01
PROBLEMA 2. op B
Lánzase un proxectil verticalmente dende a superficie da Terra, cunha velocidade inicial de 3
km/s, calcule:
a) ¿Qué altura máxima alcanzará? SOL. 500 km
b) A velocidade orbital que é preciso comunicarlle a esa altura para que describa unha órbita
circular. SOL. 7620m/s
-11 2 -2 24
Datos: G= 6'67.10 Nm kg ; RT= 6378 Km; MT= 5'98.10 kg).

SETEMBRO-01
PROBLEMA 2. op A
Un satélite artificial cunha masa de 200 kg móvese nunha órbita circular arredor da terra cunha
velocidade constante de 10800 km/h, calcula:
a) ¿A qué altura está situado?; SOL.37800 km
b) Fai un gráfico indicando qué forzas actúan sobre o satélite e calcula a enerxía total.
-2
(Datos: g0= 9'8 ms ; RT= 6370 Km). SOL. Etotal= -9.108 J.

XUÑO-02
PROBLEMA 1. opA
Un satélite artificial describe unha órbita circular de radio 2RT en torno á terra. Calcula:
a) A velocidade orbital; Sol. 5600 m/s
b) O peso do satélite na órbita si na superficie da terra pesa 5000N (debuxa as forzas que
actúan sobre o satélite). Sol. 1250 N
-11 2 2 2
(Datos: RT= 6400 km; G= 6,67*10 Nm /kg ; g0= 9,8 m/s )
SETEMBRO-02
PROBLEMA 2. op B
Un astronauta de 75 kg xira arredor da terra (dentro dun satélite artificial) nunha órbita situada a
10000 km sobre a superficie da terra. Calcula:
a) a velocidade orbital e o período de rotación; SOL. Vorbital =4,95*103 m/s; T =20830 s
b) o peso do astronauta nesa órbita. SOL= 112,5 N
-2
(Datos g0= 9,80 ms , Rterra= 6400 km)

XUÑO-03
PROBLEMA 1. op A
Un satélite artificial de 300 kg xira arredor da Terra nunha órbita circular de 36378 km de radio.
Calcula:
a) A velocidade do satélite na órbita. SOL. 3304 m/s
b) A enerxía total do satélite na órbita. SOL. -1.65.109 J
2
(Datos: RT= 6378 km; g0= 9,8 m/s )

SETEMBRO-03
PROBLEMA 1. op A
En cada un dos tres vértices dun cadrado de 2 m de lado hai unha masa de 10 kg. Calcula:
a) O campo e o potencial gravitatorios creados por esas masas no vértice baleiro.
SOL. g= -2,26.1010 (i+j) N/kg (segundo a orixe escollida) g= 3,20. 10 -10 N/kg; V= -9,02.10-10 J/kg
b) A enerxía empregada para trasladar unha cuarta masa de 1 kg dende o infinito ó centro do
cadrado. SOL. 1,41.10-9 J..
(Datos: RT= 6378 km; as masas considéranse puntuais)

SETEMBRO-04
PROBLEMA 1. op A

A masa da Lúa respecto da Terra é de 0,0112 MT e o seu radio é RT/4. Dado un corpo cuxo
-2
peso na Terra é 980 N (g0= 9,80 m.s ), calcula:
a) a masa e o peso do corpo na Lúa; SOL. 100 kg; 176 N
b) a velocidade coa que o corpo chega á superficie luar si cae dende unha altura de 100 m.
-1
SOL. 18,7 ms

XUÑO-05
PROBLEMA 2. op A
Un satélite artificial de 64,5 kg xira arredor da Terra nunha órbita circular de radio R = 2,32 RT
calcula;
a) o período de rotación do satélite, T= 1,79. 104 s
2
b) o peso do satélite na órbita. P= 117 N (Datos RT = 6370 km; g0 =9,80 m/s )

SETEMBRO-05
PROBLEMA 2. op B
11
0 período de rotación da Tena arredor do Sol é un ano e o radio da órbita é 1,5.10 m. Si
Xúpiter ten un período de aproximadamente 12 anos, e si o radio da órbita de Neptuno é de
12
4,5.10 m, calcula: a) o radio da órbita de Xúpiter; b) o período do movemento orbital de
Neptuno.
R=7,9. 1011 m; T= 164 anos

XUÑO-06
PROBLEMA 1 op A
Un satélite artificial de 100 kg describe órbitas circulares a unha altura de 6000 km sobre a
superficie da Terra. Calcula:
a) O tempo que tarda en dar unha volta completa; SOL. T= 1,37. 104 s
b) O peso do satélite a esa altura. SOL. P= 261 N
(Datos: g0 =9,80 m/s2; RT = 6400 km)
SETEMBRO-08
PROBLEMAS
1. Os satélites Meteosat son satélites xeoestacionarios (situados sobre o ecuador terrestre e
con periodo orbital dun día). Calcula:
a)a altura a que se atopan, respecto a superficie terrestre; Sol. 3,59·107 m
b) a forza exercida sobre o satélite; Sol. 178 N
c) a enerxía mecánica. Sol. -3,77·109.J
6 24 2 -11 2 -2
(Datos: RT = 6,38·10 m; MT = 5,98·10 kg; msat = 8·10 kg; G = 6,67·10 Nm kg )

2. Dúas masas de 50 Kg están situadas en A (-30, 0) e B (30, 0) respectivamente


(coordenadas en metros). Calcula:
a) o campo gravitatorio en P (0, 40) e en D (0, 0); Sol. gP = 2,1·10-12 m/s2 ; gd= 0
b) o potencial gravitatorio en P e D; .Sol. VP=-1,3·10-10J/kg; VD=-2,2·10-10.J/kg)
c) para unha masa m ¿onde é maior a enerxía potencial gravitatoria, en P ou en D?;
-11 2 -2
(Datos: G = 6,67·10 Nm kg )

SETEMBRO-09

PROBLEMAS

1. Tres masas de 100 kg están situadas nos puntos A(0,0), B(2,0), C(1,√3) (en metros).
Calcula:
a) O campo gravitatorio creado por estas masas no punto D (1,0).Sol. g=2,2.10-9 j N/kg
b) A enerxía potencial que tería unha masa de 5 kg situada en D; Sol. -8,6.10-8J
c) ¿Quen tería que realizar traballo para trasladar esa masa desde D ó infinito, o campo ou
forzas externas?.
-11 2 -2
Dato: G= 6,67.10 Nm kg .

2. Deséxase poñer en órbita un satélite de 1800 kg que xire a razón de 12,5 voltas por día.
Calcula:
a) O período do satélite; Sol. 6912 s.
6
b) A distancia do satélite á superficie terrestre; Sol. 1,46.10 m
10
c) A enerxía cinética do satélite nesa órbita. Sol. 4,57.10 J
-11 2 -2 24
Datos:G= 6,67.10 Nm kg ;RT= 6378 km;MT = 5,98.10 kg.

XUÑO-10

PROBLEMAS

As relacións entre as masas e os raios da Terra e a Lúa son: MT/ML= 79,63 e RT/RL = 3,66;
2
a) calcula a gravidade na superficie da Lúa; Sol.1,65 m/s
b) calcula a velocidade dun satélite xirando arredor da Lúa nunha órbita circular de 2300 km
de raio; Sol. v = 1440 m/s
c) ¿ónde é maior o período dun péndulo de lonxitude l, na Terra ou na Lúa?. TL>TT
-2
( Datos: g0 = 9,80 ms ; RL = 1700 km).

SETEMBRO-10

1.- Un satélite artificial de 500 kg describe unha órbita circular arredor da Terra cun raio de
4
2·10 km. Calcula:
a) a velocidade orbital e o período; Sol. 4459m/s; T=28200s
9 9
b) a enerxía mecánica e a potencial; Sol. E=-4,97·10 J EP=-9,94·10 J
c) se por fricción se perde algo de enerxía, ¿que lle ocorre ao raio e á velocidade? (datos g 0 =
-2
9,8 ms ; RT = 6370 km).
GRAVITACIÓN
Cuestións PAAU
XUÑO-96
CUESTIÓN 1. op B
O traballo realizado por unha forza depende só dos puntos inicial e final da traxectoria,
a) se as forzas son conservativas ; b) independentemente do tipo de forza; c) cando non
existen forzas de tipo electromagnético.

SETEMBRO-96
CUESTIÓN 3. op B
Considérese un corpo sobre a superficie terrestre: a) a súa masa e o seu peso son os mesmos
en tódolos puntos da superficie; b) a súa masa, pero non o seu peso, é a mesma en tódolos
puntos da superficie; c) o seu peso, pero non a súa masa, é o mesmo en tódolos puntos da
superficie.

XUÑO-98
CUESTIÓN 3. op A
Unha masa desprázase nun campo gravitatorio desde un lugar no que a súa enerxía potencial
vale – 200 J ata outro onde vale – 400 J. ¿Cal é o traballo realizado por ou contra o campo?.
a) – 200 J; b) 200 J; c) – 600 J.

SETEMBRO-98
CUESTION1. opB
Un satélite de masa m describe unha traxectoria circular de radio R ó redor dun planeta de
masa M. A enerxía mecánica do satélite é numericamente:
a) Igual á metade da súa enerxía potencial: b) igual á súa enerxía potencial; c) igual ó dobre da
súa enerxía potencial.

XUÑO-99
CUESTION 1. op B
Cando un satélite que está xirando arredor da terra perde parte da súa enerxía por fricción, o
radio da súa nova órbita é: a) maior, b) menor, c) mantense constante.

SETEMBRO-99
CUESTION 2. opA
A ingravidez dos astronautas dentro dunha nave espacialdébese a:
a) a que non hai gravidade; b) a que a nave e o astronauta son atraídos pola terra coa mesma
aceleración, c) a que non hai atmósfera.

SETEMBRO- 00
CUESTION 1. opB
Dadas dúas masas m e 2m separadas unha distancia d, xustifica si hai algún punto intermedio da
recta de unión que cumpra: a) campo nulo e potencial positivo; b) campo nulo e potencial
negativo; c) campo e potencial positivos.

XUÑO-01
CUESTION 2. opA
En cal destes tres puntos émaior a gravidade terrestre: a) nunha sima a 4 km de profundidade; b)
no ecuador; c) no alto do monte Everest.

SETEMBRO-01

CUESTION 1. opB
Terás visto algunha vez en T.V. ós astronautas flotando dentro da súa nave, elo é debido a: a) que
non hai gravidade; b) a falta de atmósfera; c) que a forza gravitatoria é igual á centrípeta.
XUÑO-02

CUESTION 1. op B
A velocidade de escape que se debe comunicar a un corpo inicialmente en repouso na
superficie da terra de masa M e radio R0 para que "escape" fóra da atracción gravitacional é:
1/2 1/2 1/2
a) maior que (2GM/R0) ; b) menor que (2GM/R0) ; c) igual a (g0/R0) .

SETEMBRO-02
CUESTION 2. opA
Unha partícula móvese nun campo de forzas centrais. O seu momento angular respecto ó
centro de forzas:
a) aumenta indefinidamente; b) é cero; c) permanece constante.

XUÑO-03
CUESTION 2. opB
Un satélite xira arredor dun planeta describindo unha órbita elíptica ¿cal das seguintes
magnitudes permanece constante?:
a) Momento angular; b) Momento lineal; c) Enerxía potencial.

SETEMBRO-03

CUESTION 1. opB
Cando un satélite artificial a causa da fricción coa atmósfera reduce a súa altura respecto da terra,
a súa velocidade lineal: a) Aumenta; b) Diminúe; c) Permanece constante.

XUÑO-04
CUESTION 1. op A
2 3
Arredor do Sol xiran dous planetas cuxos períodos de revolución son 3,66.10 días e 4,32.10
11
días, respectivamente. Si o radio da órbita do primeiro é 1,49. 10 m, a órbita do segundo é:
a) a mesma; b) menor; c) maior.
CUESTION 2. op B
Para un satélite xeoestacionario o radio da súa órbita obténse mediante a expresión:
2 2 1/3 2 2 1/2 2 2 1/3
a) R=(T GM/4 ) ; b) R= (T g0RT/4 ) ; c) R= (TGM /4 )

SETEMBRO-04

CUESTION 1. opB
No movemento da Terra arredor do Sol:
a) consérvase o momento angular e o momento lineal,
b) consérvase o momento lineal e o momento da forza que os une.
c) varía o momento lineal e consérvase o angular.

XUÑO-05
CUESTION 1. op B
Dous satélites artificiais A e B de masas mA e mB (mA = 2mB) xiran arredor da terra nunha órbita
circular de radio R: a) teñen a mesma velocidade de escape, b) teñen diferente período de
rotación, c) teñen a mesma enerxía mecánica.

SETEMBRO-05
CUESTION 1. opA
¿Como varía g dende o centro da Terra ate a superficie (supoñendo a densidade constante)?: a)
2
é constante g= GMT/RT ; b) aumenta linealmente coa distancia r dende ó centro da Terra g =
2
g0r/RT; c) varía coa distancia r dende o centro da Terra segundo g= GMT/(RT+r)

XUÑO-06
CUESTION 2 op B
Si a unha altura de 500 m sobre a Terra se colocan dous obxectos, un de masa m e outro de
masa 2m, e se deixan caer libremente (en ausencia de rozamentos e empuxes, ¿Cal chegará
antes ó chan?: a) o de masa m; b) o de masa 2m, c) os dous o mesmo tempo.
SETEMBRO-06
CUESTION 3
No campo gravitatorio: a) o traballo realizado pola forza gravitacional depende da traxectoria, b) as
liñas de campo pódense cortar, c) consérvase a enerxía mecánica.

XUÑO-07
CUESTIÓNS
OP. 1.
Se por unha causa interna, a Terra sufrise un colapso gravitatorio e reducise o seu radio á
metade, mantendo constante amasa, o seu período de revolución arredor do Sol sería:
a) o mesmo, b) 2 anos, c) 0,5 anos
OP. 2.
Dous satélites de comunicación A e B con diferentes masas (m A>mB) xiran arredor da Terra
con órbitas estables de diferente radio, sendo rA<rB:
a) A xira con maior velocidade lineal; b) B ten menor período de revolución; c) os dous teñen
a mesma enerxía mecánica.
g g g
SETEMBRO-07
9,8 9,8 9,8
CUESTIÓNS
OP. 1.
Supoñendo a Terra como unha esfera perfecta, RT r r RT r
homoxénea de radio R, cal é a gráfica que mellor a) b) c)
representa a variación da gravidade (g) coa
distancia ao centro da Terra.
OP. 2
Se dous planetas distan do Sol R e 4R respectivamente, os seus períodos de revolución son:
a) T e 4T; b) T e T/4; c) T e 8T

XUÑO-08

CUESTIÓNS
1. O traballo realizado por unha forza conservativa:
a)diminúe a enerxía potencial;b) diminúe a enerxía cinética; c) aumenta a enerxía mecánica

2. En relación coa gravidade terrestre, unha masa m:


a) pesa mais na superficie da Terra que a 100 km de altura; b) pesa menos; c) pesa igual

XUÑO-09

CUESTIÓNS
1. Se unha masa se move estando sometida só a acción dun campo gravitacional:
a)Aumenta a súa enerxía potencial;
b) Conserva a súa enerxía mecánica.
c) Diminúe a súa enerxía cinética
2. Dispomos de dous obxectos, un de 5kg e outro de 10 kg e déixanse caer desde unha
cornixa dun edificio, ¿cal chega antes ó chan?.
a) o de 5 kg; b) o de 10 kg; c) ou os dous simultáneamente.

XUÑO-10
1. Dous satélites A e B de masas mA e mB (mA < mB), xiran arredor da Terra nunha órbita
circular de raio R;
a) os dous teñen a mesma enerxía mecánica;
b) A ten menor enerxía potencial e menor enerxía cinética que B;
c) A ten maior enerxía potencial e menor enerxía cinética que B.
SETEMBRO-10

Se a Terra se contrae reducindo o seu raio a metade e mantendo a masa: a) a órbita arredor
do Sol será a metade; b) o período dun péndulo será a metade; c) o peso dos corpos será o dobre.
GRAVITACIÓN

PROBLEMAS
1.-Un cometa (masa 1012kg) achégase ó sol dende un punto moi alonxado do sistema solar,
podendose considerar que a súa velocidade inicial é nula.
a) Calcular, de xeito aproximado, a velocidade no perihelio, sabendo que se produce a unha
distancia de cen millóns de quilómetros do sol. (Masa do sol, 2.1030kg).
b) Calcula-la enerxía potencial cando cruce a órbita da terra (r=1,5.108km).
Solución:
a) Se o lugar de onde provén o cometa está moi alonxado do sistema solar, podemos considerar que a
distancia é infinita, e a enerxía potencial, nula, o mesmo que a enerxía total, pois a velocidade inicial
era cero.
No perihelio, ten unha enerxía potencial negativa que imos calcular, e que ten que ser contrarrestada,
polo principio de conservación da enerxía, pola enerxía cinética, positiva. A partir desta, calculamos a
velocidade:
Ep=-GMmr-1=-Ec=-(½)mv2
de onde obtemos: GMr-1=(½)v2
e, despexando, v=(2GM/r)½ , onde só temos que substituir os valores das magnitudes:
v=(2*6’67*10-11Nm2kg2*2*1030kg/1011m)½ = 51657ms-1
(fíxose un redondeo despreciando decimais).
b) Para a enerxía potencial ó curzar a órbita da terra, é indiferente de onde proceda o cometa, tendo
que prantexar só a ecuación correspondente, Ep=-GMmr-1
Entón, só nos resta substituir os datos da masa do sol, a do cometa e a distancia ó sol cando cruza a
órbita da terra, xunto coa constante de gravitación universal:
Ep=-GMmr-1=-6’67*10-11Nm2kg2*2*1030kg*1012kg/1’5*1011m
Ep=- 889333333J, redondeando novamente.

2.- Nun planeta cun radio que é a metade do radio terrestre, a aceleración da gravidade na súa
superficie vale 5 m/s2. Calcular :
a) A relación entre as masas do planeta e a Terra
b) A altura a que e necesario deixar caer, dende o repouso, un obxeto no planeta, para
que chegue a súa superficie coa mesma velocidade coa que o fai na Terra, cando cae
dende unha altura de 100 m. (Na Terra: g = 10 m.s-2)
Solución
a) A intensidade do campo gravitatorio ven dada pola expresión:g = G M/r2
a gravidade na superficie do planeta é : gp = G Mp / rp2 = 5 m/s2
a gravidade na superficie da Terra é: gT = G MT / rT2 = 10 m/s2
Despexando as masas do planeta e a Terra nestas expresions queda:
Mp = 5 rp2 / G, MT = 10 rT2 / G
dividindo queda
Mp /MT = 0'5 rp2 / rT2
como sabemos que rp = rT / 2 , ó sustituir na ecuación anterior queda
Mp /MT = 0'5.0'52.rT2 / rT2 = 0'125
o que é o mesmo
MT = 8 Mp
b) A velocidade coa que chega ó chán un corpo que cae dende una altura “ h”, na que a
intensidade do campo gravitatorio poida considerarse constante, sin velocidade inicial, ven
dada pola expresión
v2 = 2gh
A velocidade que alcanza un corpo o caer dende una altura de 100 m ata a Terra é
v = ( 2gThT )½ = ( 2.10.100 )½ = (2000)½ m/s
No planeta para que chegue con esa velocidade terá que caer dende a altura seguinte
v2 = 2gphp
2000 =2.5.hp , de donde
hp = 200 m.

3.- Un satélite de comunicacions de 1 Tm describe órbitas circulares arredor da Terra con un


período de 90 minutos. Calcular:
a) A altura a que se atopa sobre a Terra ;
b) A enerxía total.
Datos: RT=6400 km; MT=5'96.1024 kg; G=6'67.10-11 N.m2/kg2
Solución
a) A forza centrípeta que fai variar a dirección da velocidade do satélite é a forza
gravitatoria que exerce a Terra sobre o satélite a esa distancia do seu centro, logo teremos
mv2 /r = GMTm /r2
Sendo m = masa do satélite
v = velocidade do satélite na órbita
r = distancia da órbita ó centro da Terra, e decir a suma do radio da Terra (R T) e a distancia dende a
súa superficie ate a órbita (h)
G= constante universal
MT = masa da Terra
simplificando queda v2 = G.MT /r
Por outro lado sabemos que o período é o tempo que tarda en dar unha volta completa T = 2r /v
de donde v = 2r /T
sustituindo na expresión da velocidade
(2r /T)2 = G.MT /r
de donde r3 = G.MT .T2 / (42)
Sustituindo nesta expresión os datos que temos en unidades do Sistema Internacional obtemos o valor
de r = 6'647.106 m
e como r = RT + h
h = r - RT = 6'647.106 - 6'400.106 = 247000 m
b) A enerxía total do satélite é a suma das suas enerxías cinética e potencial
ET = Em = EC + Ep
EC = (½) mv2 = (½) m GMT /r
Ep = - GMTm/r
entonces
ET = - GMTm/2r = - 6'67.10-11.5'96.1024.103/2.6'647.106 = - 2'99.1010 J

4.- Un corpo de masa 1000 kg atópase , xirando, a 200 km por enrriba da superficie da Terra.
a)¿Cál é a aceleración de caída libre?.
b) ¿Cál é o valor da enerxía total?.
Datos: g0= 9,81 m/s2; RT= 6370 km.
Solución.
a) Aplicando a segunda lei de Newton pódese obter o valor da aceleración a que está sometido na
órbita.
G.M t.
m
FF r2 G .M
F m . 
aa   G
2 t
m mm r
2 2 62
G .M tR R (6,
3 7
.
10 ) 
a 2 .2 t
 g .
02
t
 a  9,.
81 62
 9
,
22 m.
s 2
r R t r (6,
5 7
.
10 )
O descoñece-los valores de G e da masa da Terra, deberemos utilizar o valor de g 0 e RT no cálculo.
A aceleración de “caída libre” será de : 9,22 m/s2.
b) A enerxía total será a suma de EC+EP
- Para calcular a enerxía cinética:
2
G .Mt.m m.v
F
G  2
;Fc 
R R
2
.v G
m .Mt.m 2 G.M
c FG    t
F 2
v
R R R
2
m .v 1G .M t.m
E C  
2 2 R
- Para calcular a enerxía potencial :
G.Mm t.
E P 
R

Así , a Enerxía total, suma de ambas será:


2 2
1 G .
M .m1 G .M .m R 1g
..
mR
E T   t
  t
.2 t

 0 t
2R 2RR t 2R
6 2
1 9 ,.
81 1 0 0 0.
(6 ,
3 7 .
10 )
E T  6 2
 3 ,
0 3 .
1 010
J
2 ( 6 ,
5 7.10 )
A enerxía total será negativa por tratarse dun campo atractivo e considerar o valor de referencia 0 para
a enerxía no infinito. O valor da enerxía total es de -3,03.1010 J.

5.-En tres dos catro vértices dun cuadrado de 10 m de lado colocanse outras tantas masas de
10 kg. Calcular:
a) O campo gravitatorio no cuarto vértice do cuadrado
b) O traballo realizado polo campo para levar unha masa de 10 kg dende dito vértice ata o
centro do cuadrado.
Dato: G= 6'67.10-11 N.m2/kg2
SOL. a) Supondo as masas situadas nos vértices (0,0), (10,0), (0,10) o valor de g no (10,10)
será : g = - 9'03.10-12 i - 9'03.10-12 j N/kg; b) W = 1'02.10-9 J

6.- Sabendo que o planeta Venus tarda 224,7 días en dar unha volta completa arredor do Sol e
que a distancia de Neptuno ó Sol é 4501.106 km así como que a Terra invirte 365,256 días en
dar unha volta completa arredor do Sol e que a súa distancia a este é 149,5.106 km. Calcular:
a) Distancia de Venus ó Sol.
b) Duración dunha revolución completa de Neptuno arredor do Sol.
SOL. a)108'138.106 km; b)165'197 anos

7.- Un satélite artificial de 200 kg describe unha órbita circular a 400 km de altura sobre a
superficie terrestre. Calcula:
a) Enerxía mecánica.
b) A velocidade que se lle comunicou na superficie da Terra para colocalo nesa órbita.
Datos: G = 6'67.10-11 N.m2/kg2 ; MT = 5'98.1024 kg ; RT = 6380 km.
SOL. a) E=- 5'88.109 J ; b)v = 8138 m/s
7
8.- Un satélite cunha masa de 300 kg móvese nunha órbita circular a 5.10 por enrriba da
superficie terrestre.
a) ¿Cál é a forza da gravidade sobre o satélite?.
b) ¿Cál é o período do satélite?.
Datos: g0= 9,81 m/s2; RT= 6370 km.
SOL. a) F= 37,58 N; b) T= 13,33. 104 s.

9.- Nos vértices dun cadrado de lado l= 3m hai masas de 10 kg cada una. Calcular:
a) A intensidade da gravidade no cuarto vértice creada polas tres masas?.
b) O potencial gravitatorio en dito punto.
Datos: G= 6,67. 10-11 N.m2.kg-2.
SOL. a) g=1,42. 10-10 N/kg; b) V= -6,02. 10-10 J/kg.

10.- Un astronauta de 75 kg xira nun satélite artificial cuia órbita dista R da superficie da
Terra. Calcular:
a) O período de dito satélite.
b) O peso de dito astronauta.
Datos: g0= 9,81 m/s2; RT= R= 6370 km.
SOL. a) T = 4 h; b) P= 183,75 N.

11.-Quérese por en órbita de radio r= 5R/3 un satélite artificial e masa 10 kg, sendo R=6400
km (radio terrestre). Calcular:
a) A velocidade de lanzamento.
b) A enerxía total do mesmo.
Datos: g0= 10 m/s2;
SOL. a) v= 9,37. 103 m/s; b) E= -192. 106 J.

12.- Se o radio da lúa é unha cuarta parte do da terra,


a) Calcula a súa masa.
b) Calcula o radio da órbita arredor da terra.
Datos: g na sup. da lúa = 1’7 ms-2. Masa da terra = 5’9.1024kg. Período da lúa arredor da terra
= 2’359.106s. gT= 9,8 m.s-2

13.- Calcula-la enerxía cinética que tería que ter unha persoa de 70kg para estar dando voltas
arredor da terra na súa superficie sen caer. Calcula cánta enerxía sería necesaria para elevala a
unha órbita estable a 6370km de altura. (toma como radio terrestre 6370km).G=6,67. 10-11
N.m2.Kg-2;MT=5,9.1024 kg.

14.-O radio medio da terra é 6370km, e sabemos que da unha volta arredor do seu eixe unha
vez ó día. Calcula a diferencia de atracción nos polos e no ecuador debido a dito xiro. Calcula
o ángulo de inclinación da atracción aparente a 45º. G=6,67. 10-11 N.m2.Kg-2;MT=5,9.1024 kg.

15.- Calcula-la velocidade que leva na súa órbita un satélite xeoestacionario. Se fora lanzado
cun cañón dende a Terra, despreciando o rozamento atmosférico, calcula-la velocidade de
lanzamento necesaria.
SOL. a) GMm/r2 = mv2/r; T=2r/v. b) mv2/2 - GMm/Rt = -GMm/2r

CUESTIÓNS
1.- A velocidade que se debe comunicar a un corpo na superficie da Terra para que escape da
gravidade terrestre e se alexe para sempre debe ser:
a) maior que 2g 0 R T ; b) menor que 2g 0 R T ; c) igual que g 0 R T
SOL. a
Para conseguir que un corpo “escape” da atracción gravitatoria, deberemos comunicarlle unha
enerxía que permita situalo nun punto no que non esté sometido a dita atracción. Esto ocurre a una
distancia “infinita” do centro da Terra e na que se cumple que E T=0.
Ec  Ep  0  mv 2 / 2  ( GMm / R T2 )  0
v 2  2GM / R T  2g 0 R T  v  2g 0 R T
Aplicando o principio de conservación da enerxía mecánica a ambos puntos (corteza terrestre e
infinito) resultará:
Para conseguir que se alonxe, deberemos comunicarlle unha velocidade superior a 2g 0 R T

2.- ¿Cómo varía g o profundizar hacia o interior da Terra?


a) Aumenta., b) Disminúe., c) Non varía.,
SOL. b
Si supomos que a Terra é unha esfera maciza de densidade constante, podemos calcular a masa
que nun punto do seu interior é causante da atracción gravitatoria:
d  M / V  M T /(4 / 3 )R T3  M´/(4 / 3)r 3  M´ (r 3 / R 3T )M T
g  GM´/ r 2  (Gr 3 M T / r 2 R T3 )  g 0 r / R T
Obténse unha variación lineal de g con r. A medida que r disminue (o ir hacia o interior da
Terra) g también disminue.
O valor máximo de g obtense cando r= Rt.

3.- A forza gravitatoria é proporcional á masa do corpo. En ausencia de rozamento, ¿qué


corpos caen máis rápido?:
a)Os de maior masa.b) Os de menor masa.c) Todos igual.
SOL. c
Todos caerían igual, porque aínda que a forza gravitatoria depende da atracción de das masas,
a intensidade do campo gravitatorio (g) medida como F/m, depende únicamente da masa creadora do
campo sendo independente da masa do obxeto que cae. g  GM / R
2

Esta intensidade de campo gravitatorio e a que determina a aceleración de caída do corpo.


4.- Si por una causa interna, a Terra sufrira un colapso gravitatorio e reducira o seu radio a
metade, mantendo constante a masa. ¿Cómo sería o período de revolución arredor do Sol?.
a) Igual. b) 2 anos. c) 4 anos.
SOL. a
Dacordo ca terceira lei de Kepler, T 2 e proporcional a R3, pero resulta independente da distribución das
masas durante a rotación, polo que dito período non se verá modificado.
Ademais, por tratarse de forzas centrais, mantense constante o momento cinético, polo que o non
modificarse o centro de masas das partículas, non se modifica o momento de inercia , e a velocidade angular
permanecería tamen constante.

FG  GM T m / R 2
Fc  mv 2 / R
FG  Fc  mv 2 / R  GM T m / R 2  v 2  GM T / R
v  R  2  / T  T 2  4 2 R 3 / GM T

5.-Unha partícula móvese dentro dun campo de forzas centrais. O seu momento angular
respecto do centro de forzas:
a) Aumenta indefinidadamente.b) É cero.c) Permanece constante.
SOL. c
Nun campo de forzas centrais, a forza é de tipo radial, e decir F e r teñen a mesma
dirección, polo que o seu producto vectorial será nulo (vectores paralelos).
Estamos, pois, en condicións de aplicar o principio de conservación do momento angular o cinético.
Si o momento da forza é nulo, o momento angular permanecerá constante.
  
MF  r  F  0
  
M F  dL / dt  0  L  constante

6.- Sexan tres corpos iguais de gran masa, A, B, e C, e un de pequena masa, X. Se os


dispoñemos A e B por unha beira e C e X por outra, cos centros igualmente separados:
a) achegaranse máis rápido A e B. b) achegaranse máis rápido C e X. c) achegaranse ambas
parellas cunha mesma aceleración.
SOL.: a

7.- G e g son:
a) g maior que G. b) unha maior que a outra dependendo do lugar e campo dos que se parta.
c) non ten sentido facer unha comparación entre g e G.
SOL.: c

8.- Se nun corpo situado nun campo gravitatorio, a súa Ec é igual á súa Ep, eso significa:
a) que o corpo escapará ó infinito. b) que o corpo rematará caendo sobre a masa que crea o
campo. c) que seguirá unha órbita circular.
SOL.: a

9.- As órbitas planetarias son planas porque:


a) os planetas teñen inercia. b) non varía momento angular ó ser unha forza central. c) non
varía o momento de inercia dos planetas no seu recorrido.
SOL.: b

10.- Un mesmo obxecto (satélite), describindo circunferencias arredor do sol, irá máis rápido:
a) canto maior sexa o radio da órbita. b) canto menor sexa o radio da órbita. c) a velocidade
non depende do tamaño da órbita.
SOL.: b

11.- Coméntese a frase “Todo-los puntos dun mismo paralelo terrestre non teñen igual valor
da intensidad da gravidade”
a) falso,b) verdadeiro, c) depende de que paralelo sexa
12.- No movemento da Terra arrededor do Sol
a) consérvanse o momento angular e o momento lineal; b) consérvanse o momento lineal e o
momento da forza que os une; c) varía o momento lineal e consérvase o angular

13.- ¿A qué distancia do centro da Terra a g é igual ó seu valor nun punto do interior da
Terra equidistante do centro e da superficie?. RT = 6400 km
a) 6400 km, b) 9050 km, c) 18100 km

14.- Cando un obxeto xira en torno a Terra cúmplese :


a)que a enerxía mecánica do obxeto na súa órbita é positiva; b)que a súa velocidade na órbita
será v=(2gRT)½; c)que a forza centrípeta e a forza gravitatoria son iguais.

15.- ¿Porqué os corpos situados no interior dun satélite artificial non pesan?
a) porque ó estar tan lonxe nonos alcanza o campo gravitatorio; b) porque a resultante das
forzas que actúan sobre eles é cero; c) porque a gravidade é tan pequena que podemos
despreciala

16.- A aceleración de caída dos corpos hacia a Terra é:


a) proporcional o seu peso; b) proporcional a forza de atracción entre ambos; c) independiente
da súa masa

Vous aimerez peut-être aussi