Vous êtes sur la page 1sur 12

Tras a tentativa frustrada do Golpe militar do 18 de xullo no Estado, os militares alzados impoen o seu poder en distintos territorios de Espaa,

nos que doado imporse a un poder civil incapaz de facerlles fronte con garantas de xito. Territorios sobre os que consolidaran o seu poder nun contexto que xa ten derivado en Guerra Civil. As acontece no conxunto de Galicia e, concretamente, en Compostela onde un Comit de defensa da Repblica, formado por 22 membros de partidos polticos e sindicatos, tan s pode, seguindo as instrucins gobernativas, requisar algunhas escopetas e pistolas nas armeras locais; deter a uns poucos individuos sospeitosos de apoiar o golpe sen menoscabo algn para a sa integridade fsica ; e controlar os estudios de Unin Radio para informarse dos sucesivos acontecementos. Con menos resistencia armada que noutras cidades galegas cae Compostela. O da 22 de xullo os militares, comandados por Jos Bermdez de Castro, teen todo o poder e para consolidalo, seguindo a pauta marcada en todos os lugares que dominan, emprenden, en colaboracin coa Garda Civil, grupos paramilitares e falanxistas, unha dura e inesperada accin represiva, lembrada ate hoxe como de grande sorpresa polos que a viven ou padecen. Porque, si a idea dun Golpe de Estado via tendo cabida nas previsins da cidadana, nin sequera boa parte dos proclives a este, maxinan a crueldade que o desmantelamento da legalidade republicana vai levar aparellada. Antes de que remate o mes de xullo, comezan, nuns casos, as notificacins para presentarse a facer unhas declaracins rutineiras e, noutros, as detencins nocturnas que van levar a xuzos sumarsimos, nos que
Foto: Proxecto Nomes e Voces. Xuntanza de militantes de esquerda durante a Repblica nun bar en Santiago de Compostela.

poucos son os que non teen ditada previamente a sentenza a morte. Tamn comezan a producirse os chamados paseos, outra forma de sentenza a morte, que evita os mis demorados pasos dos procesos, nun contexto no que se alenta a pronta eliminacin fsica duns individuos sinalados pola sa condicin de autoridade da Repblica, de cargo poltico ou sindical ou simplemente pola sa activa oposicin ao Golpe militar. Moitas persoas activas nos eidos culturais ou sociopolticos, sntense axia na diana e os que non estn xa detidos tentan agocharse ou fuxir. Proba desta celeridade da represin, cumprindo unha vocacin punitiva e, ao mesmo tempo, de socializar no terror poboacin, que de 23 vecios de Compostela executados, 15 o van ser antes de que remate o ano 1936, ao igual que outras persoas pasadas polas armas nunha cidade constituda en praza de tribunal militar na que, at os primeiros meses de 1937, o cemiterio de Boisaca vaise converter en coti paredn das execucins habidas na cidade, cun total de 78 vtimas, procedentes das comarcas do Sur da provincia da Corua, acusadas de rebelin militar. Un da de espacial lembranza o 3 de decembro de 1936, no que son executados 10 coecidos vecios de Compostela, todos significados na sa defensa da Repblica, de distintos grupos sociais e de posicins ideolxicas diversas, incluso antes enfrontadas: Fernando Domnguez Caamao (empregado de 29 anos e de Izquierda Republicana), Jos Germn Fernndez (alcalde accidental en xullo de 1936, 40 anos), Rafael Frade Pea (estudante de 22 anos do Partido Federal), Jos Maroo Calvo (tipgrado do diario El Compostelano de 28 anos e das xuventudes socialistas) Manuel Maroo Calvo (tipgrafo da imprenta do Seminario de 37 anos e directivo do PSOE), Luis Martnez Nouche (inspector xefe de arbitrios de 33 anos), Rafael Pardo Carmona (mestre de 37 anos), Modesto Pasn Noya (empregado de 32 anos), Francisco Ponte Ces (zapateiro de 34 anos e sindicalista) e Luis Rastrollo Gonzlez (mestre, estudante de medicina de 28 anos e dirixente do POUM). A primeira execucin dun vecio de Compostela, data do 12 de setembro de 1936, sendo a vtima o avogado e xornalista Xon Xess Gonzlez. Pero antes, dende finais de xullo e, sobre todo, en agosto, xa se veen atopando corpos de compostelns nas cunetas, especialmente nas doutros concellos porque al os levan os seus asasinos na procura dun lugar mis oculto e relativamente ben comunicado ou porque al tentan agocharse sen xito as

vtimas. As, entre outros, aparecen en Teo os corpos do mestre Andrs Gonzlez Guianes (14-8-1936) ou o industrial e alcalde nxel Casal xunto co armeiro Jos Devesa (19-8-1936); en Palas de Rei, o mdico Sixto Aguirre Garn e o profesor e artista Camilo Das Balio (14-8-1936) ou, en Carballo o mecnico Jos Villaverde Mguez e a sa dona Consuelo Otero Rial (2-9-1936), a nica muller aveciada en Compostela documentada at agora como vtima con resultado de morte e inscrita previamente no rexistro civil de defuncins coma descoecida. O 28 de agosto de 1936, antes de que Boisaca sexa lugar habitual de execucins, aparece asasinado o vecio de Cornes-Conxo, ngel Varela Mallo, un xornaleiro de 21 anos de idade. Os ltimos paseos producidos en Compostela datan de xullo de 1937, e teen como vtimas a vecios reclamados en causas militares, fuxidos e agochados nas proximidades dos seus domicilios ou en acubillos habilitados nestes, finalmente descubertos e asasinados. Xunto aos, cando menos, 42 mortos, mis de 122 compostelns son sometidos a causas militares. Deles, 50 son detidos e non chegan a Consello de Guerra, pasando un tempo de duracin variable na cadea. Outros 22, son absoltos, sobresidos ou foxen, sendo declarados en rebelda e non deixando pegada do seu rastro. Os cincuenta restantes son condenados a diferentes penas de prisin, entre as que comn a cadea perpetua, anda que son poucos os casos que acaban pasando mis de cinco anos na cadea. Isto ten a sa explicacin en que gaada a guerra, iniciado o asentamento do rxime franquista e coa memoria do terror sempre presente, a maiora das persoas presas seran mis tiles no traballo que en prisin, ademais de conferir unha imaxe de magnanimidade ao ditador, posiblemente mis que buscando a aceptacin das vtimas e o seu entorno, tentando achegarse a sectores mis amplos da cidadana distantes ou tpedos respecto ditadura. A diferenza do coecemento tanto individual como colectivo que hoxe temos das vtimas, poucos son os datos dos que actan como represores, mis al das mensaxes incendiarias dalgunhas autoridades militares, civs e incluso relixiosas alentando un esprito de cruzada contra uns inimigos aos que teen desposudo da sa condicin humana. Neste senso elocuente a homila de Tomas Muiz Pablos, arcebispo de Santiago en agosto

de 1936, coetnea s desaparicins que asolan moitos fogares. Para el, o que est a acontecer tiene carcter patritico y de cruzada religiosa del mismo tipo que las cruzadas de la Edad Media. Mis al da posicin dalgns xerarcas laicos ou relixiosos, cabe preguntarse de onde proveen e que motiva aos grupos dispostos a asasinar aos seus vecios, entre os que as testemuas daqueles feitos sinalan a xentes de diversa condicin social e poltica, entre os que comn atopar aos que neses das de caos e barbarie cambiaron de chaqueta. O que si queda claro que as novas autoridades non teen intencin algunha de clarificar uns asasinatos que eles mesmos promoven. As se evidencia ante a aparicin da primeira vtima dun paseo no concello, Manuel Ortoo Freire, de Roxos, mineiro de 20 anos fuxido ao monte nos primeiros das do golpe, atopado tiroteado e anda con vida e levado ao hospital, onde se produce a sa morte o 29 de xullo de 1936. brese unha causa militar para esclarecer o sucedido, pero se pecha sen resultado algn, amosando un desinterese absoluto en coecer a verdade e indicando o camio a seguir no futuro, onde, no conxunto, de Galicia difcil atopar este tipo de causas e todas acaban en nada. Tampouco doado abordar unha anlise do comportamento do comn da cidadana. As testemuas orais ou a documentacin provinte das causa militares falan de solidariedades e de delacins, de vtimas abandonadas sa sorte e outras tratadas con respecto, sempre no marco de medo e desconfianza no que toca vivir. Para acabar este texto con algn exemplo que nos de alento ser bo traer aqu a lembranza do que lle vai acontecer a un daqueles 22 membros do Comit de defensa da Repblica, Francisco Fernndez del Riego, o cal, a diferenza da case totalidade dos seus compaeiros, pode salvar a vida grazas a ser ocultado na casa dunha familia moi de dereitas e, posiblemente, partidarios do golpe militar contra o goberno da Fronte Popular, pero, como amosan co seu acto, non da barbarie desatada a posteriori... Tanto o acontecido en 1936, como casos futuros coecidos ao longo e ancho do mundo, advirten que a defensa dun golpe militar non disociable do exterminio e a marxinacin dunha parte da cidadana.

nxel Casal, a luz impresa nxel Casal, a luz impresa


Director/a: Xan Prez Leira Guin: Xan Prez Leira Duracin: 55 Presentse como a primeira biografa audiovisual que reflicte as innumerables facetas de Casal. Cada unha das testemuas das persoas que interveen na pelcula, tan prximas a el, constiten as pezas dun puzzle que, unidas, reconstren a vida deste home tan importante na nosa historia que o propio Castelao chegou a decir del que fixo mis por Galicia que todos ns.

Filmando a Castelao Filamndo a Castelao


Guin: Antn Reixa Montaxe: Carlos Larrondo Duracin: 52 Nos convulsos anos 1970 na Arxentina o Centro Galego de Bos Aires promoveu o documental ``La biografa de un ilustre gallego: Castelao. Esta unha crnica dos avatares da sa rodaxe. A pelcula rematouse na dcada seguinte pero non se conservou ben nin divulgou. A iniciativa da empresa galega Filmanova, de dixitalizar e restaurar o filme, deu p a estoutro documental.

Liste, pronunciado Lster Liste. pronunciado Lster


Directora: Margarita Ledo Andin Guin: Margarita Ledo Andin Dureacin: 111 Enrique Lster era canteiro e traballou no capitolio da Habana e no metro de Mosc. Na Guerra Civil chegou a ser comandante en xefe do V Reximento do Exrcito Republicano, ao que se incorporaron as Milicias Galegas formadas en Madrid. Foi cantado por poetas como Machado e Miguel Hernndez, vingou os agresores da sa nai, disentiu do PCE, loitou nos campos de batalla... Un home tenaz que este documental pretende desvelar. Contn entrevistas viva e ao fillo do propio Lster, entre outras persoas relacionadas con el. O filme tamn ten algunhas escenas interpretadas, mis evocativas que de recreacin.

Coralia e Maruxa. As irms Fandio Coralia e Maruxa. As irms Fandio


Direccin: X. H. Rivadulla Corcn Guin: X. H. Rivadulla Corcn Duracin: 48 Con este traballo pretndese render unha homenaxe a das mulleres indo aln do anecdtico ou pintoresco. Coralia e Maruxa permanecen na memoria compostel mais as sas figuras, dacordo cos promotores desta producin, responden a unha reclamacin de liberdade diante da barbarie da guerra, da posguerra e da longa ditadura.

Galicia, a tempestade do Galicia, a tempestade do 3636


Realizacin: Enrique Braso Guin: Manuel Rivas e Alfonso Domingo Duracin: 54 O golpe militar contra a II repblica axia triunfou en Galicia. Ao longo do percorrido polas terras galegas vistanse, entre outras localidades, A Corua e Tui. Esta ltima poboacin resistiu durante unha semana s forzas rebeldes, que logo exerceron duramente a sa autoridade e poder contra os vencidos. O percorrido incle entrevistas con historiadores en escenarios que hoxe son idlicos mais que no pasado foron lugares terribles, como a ponte de Castuelo en Ourense, ou a Illa de San Simn, un antigo lazareto na Ra de Vigo onde foron internados miles de galegos, vascos e asturianos desde 1936.

A mirada de Anna A mirda de Anna


Guin e direccin: Lloren Soler / Jorge Algora Duracin: 55 Seguindo o fo condutor da fotoxornalista Anna Turbau e as sas testemuas grficas, presntase un panorama histrico arredor da poca da transicin democrtica en Galicia, desde 1976 a 1979. Esta reporteira catal chegou ao pas como como correspondente grfica de varias publicacins e axia se fixo presente, co seu inconfundible Seat 600, en toda sorte de conflitos populares, polticos e sindicais que acontencan na poca.

Foto: Proxecto Nomes e Voces. Fondo Elvira Bao. Visita da Agrupacin Republicana Feminina a Santiago de Compostela. Recepcin no Concello de Santiago. esquerda da imaxe o alcalde da Corua Alfredo Surez Ferrn e ao seu lado o alcalde de Santiago Anxel Casal. Pilar Durn, mestra tamn represaliada despois, Tet Alvajar, Pilar Muiz, Mara Miramontes Matos, Amparo Alvajar Amparo Lpez Jean-, Adela Mejuto, Elvira Bao Maceiras, Elisa Rozas, Elvira Varela Bao, Bernardino Varela Bao. 1936

Vous aimerez peut-être aussi