Vous êtes sur la page 1sur 48

Mestrado en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural (MOMI

)

PORTUGUESES NO SUR DE LUGO: CIDADANIA DIFERENCIADA NUN CONTEXTO TRANSNACIONAL

Memoria fin de mestrado 2010/2011 JOSÉ DANIEL ARIAS FERNÁNDEZ

Memoria fin de mestrado oficial en migracións internacionais. Autor: José Daniel Arias Fernández. Titora: Antía Pérez Caramés

Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional
José Daniel Arias Fernández

Nun chover por siglos todo foise esluido… Uxío Novoneyra(1963)

2

Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional
José Daniel Arias Fernández

1.

Presentación.
1.1 Xustificación do proxecto. 1.2 Obxectivos da investigación.

…………………………….4
……………………5 ……………………6 ...........................8

1.3 Metodoloxía da investigación.

2. Localización do estudo.

…………………………………12

3. Transnacionalismo e alteridade.

……………..……..…………..19

4. Cidadanía, fronteira e construción supraestatal..………………29

5. Conclusións.

………………..……………….38

-

Bibliografía.

…………………41 ……….43

Notas metodolóxica Anexos.

………………….44

3

Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional
José Daniel Arias Fernández

1. Presentación.
Os fluxos migratorios entre estados son unha realidade especialmente dinámica e influenciada por múltiples factores de maior ou menor envergadura. Un dos grandes factores de influencia nas migracións entre estados é sen dúbida a veciñanza, por motivos obvios; tamén o son as desigualdades socioeconómicas entre estes, no punto en que conflúen as dúas variábeis, achegamento cultural e territorial, así como desigualdade socioeconómica, nun mesmo caso; o lóxico e o habitual é que se produzan grande número de movementos migratorios dun estado para o outro. Como casos paradigmáticos desta situación, nomeadamente no que se refire a movemento migratorios por situacións de desigualdade económica, podemos destacar os casos dos mexicanos nos E.U.A, os albaneses na Grecia ou os marroquís en España (Moré, 2007). O mesmo acontece cos portugueses no Reino de España; caracterizándose dun xeito especialmente significativo, e cunhas

peculiaridades especiais, na Comunidade Autónoma de Galiza.

Galiza

é

a comunidade

con maior proporción de

inmigrantes

portugueses, polo que este proxecto versará sobre a realidade dos inmigrantes portugueses na Comunidade Autónoma de Galiza, centrándose máis especificamente nun espazo concreto do territorio, as comarcas de CourelQuiroga e Terra de Lemos. Estas comarcas, son contiguas e sitúanse nun espazo rural, interior e situado a aproximadamente 100 km da fronteira galega con Portugal.

A investigación realizada como proxecto fin de mestrado, no Mestrado Oficial de Migracións Internacionais da Universidade da Coruña, tratará de analizar a repercusión das Institucións Europeas así como a concepción do estatus de cidadáns; no que se entende cidadán como concepto dinámico dentro dunha cidadanía de carácter supraestatal ou europeo; en referencia ao colectivo portugués nun eido territorial concreto e tomando como punto de

4

desmarcándose así dos números relativos porcentuais a stocks de estranxeiros no resto das comunidades e no conxunto do Reino de España. teñen un compoñente histórico. así como infinidade de peculiaridades propias no asentamento. existe unha condición de pobos de referencia mutua a varios niveis. existen investigacións sobre todo de carácter histórico. pódese entender que se trata dunha variante migracional única e que atende a unhas característica propias e diferente as lóxicas migratorias presentes no conxunto do Estado Español. diferenciándose de xeito radical de outros colectivos migrantes diversos. mais o tratamento desde unha 5 . pois as relacións de Galiza con Portugal e viceversa.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández partida da análise a proximidade cultural e a creación de alteridades entre as dúas comunidades administrativas. antropolóxico e simbólico de grande tradición e importancia.000 persoas con nacionalidade Portuguesa se pensamos no porqué destes movementos migratorios sur norte de Portugal para Galiza podemos atinxir grande número de elementos característicos. Aínda así os estudos sobre a comunidade portuguesa en Galiza son escasos. 1. especialmente do norte. por isto. cualitativo.1 Xustificación do proxecto As persoas con nacionalidade Portuguesa representa a maior comunidade estranxeira na Comunidade Autónoma de Galiza. económico. e especialmente na miña opinión. Estas características representan un grande substrato para a produción teórica e discursiva. No ano 2010 segundo o Padrón municipal habitantes estaban empadroados en Galiza máis de 21. Tanto para galegos como para portugueses. alén de ser un feito histórico tradicional e que non se ve especialmente sometido as dinámicas e tendencias no relativo a fluxos de entrada presentes nesta primeira década do século en Galiza. a interese no estudo da inmigración portuguesa en Galiza é altamente atractiva tanto desde un punto de vista cuantitativo como. característica única e propia desta autonomía. literario ou antropolóxico.

e a propia concepción da investigación pensada como elemento parte duns estudos nos cales o obxectivo primordial do autor é superalos. En cada migración individual.2 Obxectivos da investigación. do que se poida extraer. Con este traballo pretende superar os estudos de mestrado así como servir de alicerce futuro nunha hipotética investigación de maior calidade e envergadura. (Strauss e Corbin 1990 en Valles). este traballo segue un carácter exploratorio e iniciático. tamén se escolle seguindo a lóxica pola cal se utilizan as experiencias biográficas do autor para afianzar a investigación. extrapolábeis a outros ámbitos xeográficos máis amplos e con características dispares. o obxectivo é buscar representatividade do común. O espazo escolleito para a investigación non segue tanto uns parámetros segundo os cales se pretende procurar a singularidade nin un espazo controvertido ou senlleiro. Neste caso. a investigación non pretende producir grandes teorías por si. As condicións subxectivas no proceso migratorio inflúen definitivamente na superación de 6 . nun tempo determinado. no que se intenta recoñecer unha realidade concreta nun espazo concreto. así como se tratará de producir teoría a pequena escala tamén extensíbel a unha localización maior. do común do rural galego non fronteirizo. se non ao contrario. senón que o que quer e localizar e recoñecer unha situación. pois trátase dun traballo de carácter exploratorio. así como fotografar e producir teoría a pequena escala. 1.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández perspectiva contemporánea e actualizada. puntos axiais. centrada na temática migratoria é verdadeiramente escaso. poderíase particularizar unha serie de puntos propios e características únicas a cada un dos migrantes. inflúen definitivamente na calidade e na profundidade do traballo. así como as condicións de limitación temporal. pois as características deste. para como digo no punto anterior extrapolar condicións.

non están equiparados a nivel subxectivo e obxectivo con os cidadáns autóctonos e están abocados a sufriren unha serie de pasos de descapitalización especialmente 1 A Agrupación Europea de Cooperación Territorial .gnpaect. como por exemplo.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández obstáculos dentro da migración. como é o caso da construción dunha difusa Cidadanía Europea. e sen teren unha fronteira pechada. Tendo presente en todo momento. Pretende promover e valorizar a competitividade do tecido empresarial. Fonte: http://www. potenciar e racionalizar os equipamentos básicos transfronteirizos e aumentar a cohesión social e institucional da Eurorrexión. arricaremos na análise partindo da seguinte hipótese pola cal.php?componente=seccion&arch=index&id=30 2 A Eurocidade Chaves-Verín constitui um projecto pioneiro ao nível da Península Ibérica e também da Europa. demonstrando que é possível adoptar um novo modelo de cidadania europeia.Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT) ten como obxecto facilitar e fomentar a cooperación territorial entre o seus membros. a súa nacionalidade e o seu último destino. dentro dun proceso migratorio cunhas características tamén en moitos casos diferentes. a realidade dun grupo heteroxéneo de migrantes caracterizado por dous puntos en común.eurocidadechavesverin. que esta realidade é alterada definitivamente por un contexto supranacional inmerso nunha serie de procesos xeopolíticos e administrativos que influirán directamente nas vidas dos migrante. onde a principal preocupación é a de desenvolver e proporcionar colaboracións.eu/index. A partir deste razoamento. sempre tendo presente que estamos a prantexar unha investigación de carácter exploratoria.eu/a-eurocidade/apresentacao 7 . Neste caso trátase de recoñecer mediante a análise teórica baseada en diferentes metodoloxías. A investigación pretende así clarificar a posición destes migrantes caracterizados por seren portugueses e residiren na comarca das Terras de Lemos e O Courel-Quiroga. Fonte: http://www. a Agrupación Europea de cooperación territorial Galicia-Norte de Portugal1 ou a Eurocidade Chaves-Verín2. os portugueses residentes en Galiza a pesar de morar nunha comunidade moi próxima a nivel cultural e xeográfico e de compartiren un marco supraestatal común con pretensións de crear unha cidadanía común europea. creando así vínculos de unión en diferentes áreas de actuación. obstáculo que poden ser maiores ou menores e serán correspondidos con maior ou menor suceso. ou elementos de cooperación transfronteiriza. exemplificando um novo modelo de cooperação de segunda geração que vai mais além da colaboração institucional e do somatória de simples programas e iniciativas de cooperação.

pode ser o mellor xeito para recoller os matices e sobre todo discursos que unha investigación máis cuantitativa non recollería. 1. tamén na investigación se trata de analizar as características que unen dúas comunidades cun carácter cultural semellantes. así como os grupos de discusión. nun primeiro momento. Para comprendermos até que punto existen estas dificultades e como inflúen no proceso migratorio.. dunha condición 8 . e na procurar de producir uns indicadores difusos . da cal se extraerá unha reducida representación de datos de carácter demográfico. entendendo por descapitalización o proceso polo cal unha persoa que migra perde competencias e calidades atribuídas a calquera persoa autóctona. estes indicadores serán de carácter xeral e buscarán as condicións de maior envergadura na descapitalización.3 Metodoloxía da investigación. na que se inclúen sen distincións diferentes xéneros. durante a redacción iremos construíndo indicadores de carácter cualitativo que nos farán de guías para redactar unhas conclusións acertadas.E na súa migración. así como cal é a influencia da U. van ser tomados como elementos chave na investigación pois entendo que cunha mostra tan heteroxénea. alén de estar expostos a infinidade de estereotipos negativos que inflúen radicalmente na súas posibilidades de asentamento. clases sociais. principalmente nun plano político e laboral. grupos etarios etc. así como a creación de alteridades entre estados dentro deste ámbito cultural próximo. . utilizouse a metodoloxía cuantitativa. A análise do discurso e a entrevista en profundidade. Para a produción de resultados e interpretación de datos. Entendendo que a proximidade cultural e territorial así como a organización político territorial son os puntos comúns máis forte deste colectivo así como as condicións subxectivas de superación que se presentaron nas súas migracións.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández nun nivel político e laboral.

e buscando a representatividade en canto a xénero. lindeiro coa provincia de Ourense desde onde se desprazaban todos os días para traballar.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández concreta. un formado por seis traballadores do sector forestal. grupos de idade e situacións sociolaborais. alén de que ao ser esta unha investigación de carácter exploratorio preferimos. A investigación segue uns parámetros polos cales o punto forte vai ser a análise cualitativa. tamén se reproducen datos sobre o que supón a inmigración portuguesa en niveis relativos. No casilleiro. realizáronse nove inquéritos. para así recoñecer a nivel poboacional o territorio no que se sitúa o estudo. O outro grupo de discusión foi realizado entre traballadores da construción civil. neste caso. intentando recoller unha mostra significativa da poboación portuguesa nas comarcas. no concello de Bóveda. habitantes da zona da Raia sendo dous galegos e catro portugueses e tendo realizada a entrevista no termo municipal de Ribas de Sil. pois tamén no meu entender para comprender a realidade dun colectivo é verdadeiramente importante recoñecer especificamente as súas propias vivencias e as súas percepcións. no grupo de discusión participaron catro traballadores de nacionalidade portuguesa. Pois cando se presenta na hipótese de partida como se pretende procurar as condicións subxectivas e de superación no proceso migratorio. En canto ás entrevistas en profundidade. Táboa 1. e con puntos de vista máis amplos e a súa vez particulares.centrarnos no subxectivo pois o que se quer é observa os matices. entendemos que a recollida de información cualitativa é a mellor ferramenta para esbozar unha realidade máis fidedigna. analizaremos a historia migratoria dun total de dezanove persoas. Dez destas persoas conformaron dous grupos de discusión.1 presentaranse as persoas que forman parte da análise cualitativa. e analizar as condición dos migrantes como cidadáns europeos. No relativo ás entrevistas consideramos positivo facer un exercicio de autocrítica. pois é unha consideración moi pouco presente na sociedade actual 9 .

así como seguiren máis en profundamente o guión. a autocrítica refírese especialmente en relación ao traballo de campo que levei a cabo.1 podemos ver o casilleiro tipolóxico que representa a investigación. na táboa 1. situado na parte final do traballo.1 . No seguinte punto presento a configuración é a estratexia seguida no traballo de campo. Profesión.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández e moi necesaria para poder entender calquera realidade que quixermos analizar. alén de sentirme contento por ter recollido algunhas testemuñas que ao meu entender teñen un grande valor empírico é sonme de grandísima axuda para entender unha realidade migratoria. 1991 2003 10 .Casilleiro tipolóxico Análise cualitativo Grupos de discusión Traballadores Forestais 6 varóns Concello de traballo. temos que acudir a parte dos anexos na táboa do anexo 1. Táboa 1. Ano de nacemento. moitas das entrevistas terían que ser máis longas. Ribas de Sil Residencia ChavesVilardevos Traballadores Obras públicas Entrevistas Individuais Nome Heitor Maria Concello Saviñao Monforte 4 Varóns Bóveda Lugo. 1967 Traballador agrícola 1980 Traballadora hostalaría Ano de chegada. máis complexa e con factores sociolóxicos que non chegaba a comprender no momento inicial da investigación. está cumprido. Para encontrarmos o guión inicial das entrevistas. aínda así penso que o obxectivo de iniciar o camiño para a ampliación de coñecemento. tamén nos grupos de discusión existiron voces dominante e algúns dos participantes apenas aportou. A autocrítica podería abarcar outros punto mais entendo que non é de interese para o conxunto do traballo.a. pois en certos puntos fiquei descontento con os resultados.

por unha banda. así como a construción europea e teoría das migracións. o que se pretende e contextualizar e fotografar alén de recoñecer e tratar de descubrir se os pensamentos previstos se cumpren. polo que non se pretende producir grandes teorías senón que como se expón no epígrafe anterior. así como crear unha organización teórica lóxica a utilizar como esquema matriz do traballo. por outro lado a revisión bibliográfica tratará de redefinir os conceptos alicerces da investigación. todos desde unha visión dinámica e ampla. pois reitero que se trata dun análise exploratorio. onde se presentan os obxectivos da investigación. A investigación vai manexar unha grande cantidade de conceptos. poren a revisión bibliográfica virará entorno ás dúas comarcas de estudo. sobre todo no relativo a proximidade cultural e ás dinámicas de descapitalización social da poboación portuguesa nas comarcas a análise. a contextualización da migración tanto nun carácter especifico do espazo a estudo. e vai encamiñada en todo momento cara. Polo tanto a revisión bibliográfica é ampla mais pouco profunda. 11 . como na migración no seu conxunto. as relacións históricas e as antropolóxicas entre Galiza e Portugal.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Daniel Isabel Rosa Monforte Quiroga Quiroga Poboa do Brollón Courel Poboa do Brollón 2003 Estudante 1988 Propietaria hostalaría 1974 Desempregada 2003 1993 1988 José Antonio 1952 Pequeno empresario 1930 Pensionista 1980 1979 João 1970 Pensionista 2007 Entrevista Cónsul Honorario Na cidade da Coruña A Coruña Galego Avogado Análise de datos secundarios.

Ambas as dúas comarcas son veciñas e configuran un partido xudicial propio e único. recoñecido administrativamente como dúas comarcas. como Monforte núcleo de Lemos. habendo na Terra de Lemos 33. o principal núcleo de poboación. Na táboa 2. que organiza a súa vida comunitaria entorno a unha grande vila capitalidade a nivel administrativo e de servizos principal. coa representación por concellos incluíndo todos os concellos das dúas comarcas na táboa do anexo 2. Seguridade as oficinas e da o Social Servizo de Emprego.1 represéntase o total da poboación. así como a Policía Nacional e os Xulgados.448. así como a poboación estranxeira e a poboación portuguesa. Localización do estudo.097 habitantes. entre outros. O estudo sitúase nun enclave xeográfico.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández 2.638 habitantes sumando a capitalidade municipal e as parroquias que configuran este concello.a. A táboa poderase ver completada. A poboación total das dúas comarcas era segundo o padrón municipal de habitantes do ano 2010 de 39. con 19. que é a localidade onde se atopan para as servizos dúas propios comarcas como o Hospital Comarcal.351 habitantes e na comarca de Courel-Quiroga 6. Monforte de Lemos contaba no 2010. a Comarca do Courel-Quiroga e a Comarca da Terra de Lemos. 12 .

Estas comarcas teñen unha grande tradición emigratoria formando parte de todos os procesos migratorios masivos existentes desde Galiza. INE . pois a propia capitalidade comarcal segue uns patróns de asentamento e dinámica demográfica. situando así a Quiroga como zona intermedia entre rural e urbana. a Europa e a outras rexións máis desenvolvidas do Estado Español. está afirmación ten especial relevancia na Vila de Monforte e a súa contorna. Os maiores picos emigratorios aconteceron nos anos 60 do século pasado. así como tamén patróns antropolóxico semellante ao resto do espazo obxecto de estudo.1 Poboación total. emigración a América. Anos (2004-2010) 2004 Poboación Estranxeiros Portugueses 41709 852 235 2005 41441 999 268 2006 40860 953 285 2007 40280 983 305 2008 40123 1246 326 2009 39755 1350 335 2010 39448 1511 348 Fonte Elaboración propia a partir de Padrón municipal de habitantes.000 habitantes. principalmente Cataluña. é unha poboación moi envellecida existindo nos concellos máis rurais pirámides demográfica case invertidas (Ettema.000 habitantes situaríase como zona urbana. 2002). “en Galiza é singularmente certo que a transición do medio urbano ao rural non ten lindeiros precisos nin en numero de habitantes nin en demarcacións espaciais” (Beiras & López. 1999). A tónica poboacional da comarca segue unha dinámica de perda de poboación. que son Quiroga e Monforte de Lemos. situación semellante a que se produce no norte de Portugal (Leston 13 . A distribución demográfica do territorio obxecto de estudo é eminentemente rural só existindo dous núcleo de poboación que superan os 2.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Taboa2. este carácter rural das poboacións como veremos máis a fronte van ser un dos principais factores na comprensión deste movemento migratorio. mais aínda así é difícil de acreditar no carácter urbano de calquera das dúas localidades pois. e Monforte que xa con case 20. estranxeiros e portugueses.

14 .91 2007 31. por unha banda. Na taboa 2. unicamente con un compoñente emigrante a existir unha mobilidade en ambas as direccións. 2002). Agora ben. unha emigración de persoas cualificadas para principalmente cidades próximas e por outra e o máis destacado para os intereses do estudo as entrada de poboación inmigrante representada por os portugueses até aproximadamente un 30% como se pode observar na seguinte táboa 2. as miñas consideracións lévanme a pensar que a corrente de entrada de poboación portuguesa é unha realidade constante e non asumíbel soamente a dinámica xeral de aumento dos fluxos migratorios de entrada que se teñen producido nos últimos anos no Reino de España.83 2006 29. nos últimos anos en relación a poboación total. As porcentaxes vénse alteradas sen seguiren tendencia clara e significativa. isto é entendido dentro dun contexto especialmente rural e de cambio social no que a estrutura produtiva.2: Táboa 2. a rexión de destino na investigación pasa de ser unha rexión.2. INE.16 2009 24.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Bandeira.03 2008 26.03 Fonte: Elaboración propia a partir do padrón municipal de habitantes. na que en poucas décadas. Porcentaxe poboación portuguesa sobre total inmigrantes 2004 27.81 2010 23.58 2005 26. entendo que isto é asumido por o maior aumento do resto de poboación estranxeira en relación portuguesa. parece que nos últimos anos a representatividade da poboación portuguesa sobre o total dos migrantes se reduce. 1996). se pasa dunha sociedade campesiña a unha sociedade moderna ou en proceso de modernización (Ettema. esta mudanza leva a unha transformación nas estratexias migratorias. pois nunhas poucas décadas. mais non dun xeito especialmente significativo.3 represéntase o número porcentual de estranxeiros nas comarcas de Lemos e Courel-Quiroga.

88 Fonte: Padrón municipal de habitantes.33 2007 2. INE. os traballadores do sector forestal trasladábanse a diario desde a fronteira propia até o lugar de destino.44 2008 3. aínda que catro dos entrevistados ían todos os día a Portugal e tiñan a súa residencia legal en Verín.4. os dous grupos de discusión que entrevistei incorrían nesta característica. aínda así facían a maior parte da súa vida en Bóveda onde traballaban. No segundo grupo de discusión os seus membros tiñan residencia legal en Lugo e Tui.3. Elaboración propia. INE.4 representada a continuación: Táboa 2.70 2007 0. neste caso o destino tamén era itinerante traballando por toda a provincia de Ourense e o sur de Lugo. un exemplo é o número de portugueses que censados en localidades fronteirizas que traballan aquí. en relación ao total representa menos dun 1% da poboación total.81 2009 0. Porcentaxe poboación portuguesa sobre o total 2004 0.76 2008 0.40 2010 3.65 2006 0.41 2006 2. inmigración máis consolidade e antiga.04 2005 2.11 2009 3. como se pode ver na táboa 2. 15 .56 2005 0.84 2010 0. No que se refire a poboación portuguesa. A este 0.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Táboa 2. mais aínda así o incremento da poboación inmigrante nestes últimos anos e considerábel e representa toda unha novidade nestes territorios. En ningún dos casos nin a poboación estranxeira total nin a poboación portuguesa con respecto ao total son significativas en canto a números relativos en comparación con outros territorios.88 por cento de poboación portuguesa residente nas comarcas de estudo habería que lle sumar outras moitas persoas que sen estar censadas nas comarcas fan parte da vida nelas.83 Fonte: Elaboración propia a partir do padrón municipal de habitantes. Porcentaxe poboación estranxeira sobre o total 2004 2.

tanto nos propios portugueses como. Os sectores produtivos e o desenvolvemento económico son relativamente baixo. retornan ao seu lugar de nacemento ou residencia. Esta condición de rexións con grande tradición emigratoria tanto Portugal como Lemos e Courel-Quiroga tamén terán unha representación considerábel no contexto xeral do traballo. Con todo isto. Montserrat. ante a falta de expectativas laborais que tiña a poboación autóctona na altura. Os medios produtivos máis importantes son o agroalimentario en especial o vitivinícola e o sector forestal. outro dos grandes motores da economía local son as canteiras de lousa. que xa xubilados. non se entende como unha cuestión de masas. sobre todo no que se refire a inmigración de primeira man e de carácter internacional. Villarino . na cal existe unha grande colonia de portugueses traballando nas minas de lousa e teñen unha relación directa con a comarca. tamén as inmigrantes brasileira que teñen pasado primeiro por Portugal. aventúrome a pensar. Andrés. ademais de por unha característica propia galega. pois entendo que a realidade da inmigración está marcada pola influencia portuguesa. Outra característica da representatividade dos portugueses nestas comarcas son os camións con condutores portugueses que fan paradas para comeren ou durmiren no traslado de mercadorías do norte de Portugal para Europa. esta característica acontece en toda Galiza (Precedo. a construción civil e a os 16 .. tamén fan parte do tecido produtivo como elementos considerábeis. estando marcadas as comarcas por seren moi ruralizadas e nunha dinámica demográfica caracterizada pola perda de poboación de xeito acusado. este tipo de migracións de retorno acho que teñen un grande peso encanto ao que se refire a migracións internas. 1994).Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández desprazándose todas as fins de semana a rexión do Minho de onde viñan. ou a conexión con a comarca de Valdeorras. que é o retorno de emigrantes retornados. pois sobre todo Cataluña foi un destino prioritario nos anos 60 e 70. e a pesar da forte presenza de cidadáns portugueses a inmigración nestas comarcas obxecto de estudo é unha cuestión bastante residual. reitero.

Taxas de feminidade (2010). . que representaba a aquel individuo que traballaba en labores agropecuarias unicamente pola alimentación e a residencia. en valores similares aos autóctonos. neste caso a hostalaría. Elaboración propia. que leva aquí 15 anos. noutrora na poboación de Monforte de Lemos o ferrocarril foi o grande pulo económico da vila mais agora está totalmente esmorecido.38 98. en canto a figuras simbólicas na posición laboral de portugueses. “ Eu viem para aquí por causa do marido. tempo atrás esta figura tiña unha representatividade moi alta.31 anos) 17 . Taxa de feminidade Total Estranxeira Portugal 106. o que é un grande contraste co espazo de estudo xa que na comarca de Courel-Quiroga onde a lousa presenta o principal sector produtivo mais segundo informacións aproximadas non hai ningún portugués realizando estes traballos. Táboa 2.29 56. Dentro do marco de recollida de datos. INE. Estes sectores alén de seren os máis representativos da economía comarcal tamén representan os nichos de mercado nos que se inseriren a poboación inmigrante en especial a poboación portuguesa.en canto a taxa de feminidade.05 Homes 19114 762 223 Mulleres 20334 749 125 Fonte: Padrón municipal de habitantes. e contiña unhas connotacións moi negativas.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández sector servizos. agás a hostalaría son sectores laborais tradicionalmente ocupados pola poboación masculina. atopamos no discurso de varios dos entrevistados referencias aos traballadores portugueses da lousa na veciña comarca de Valdeorras.5. e estuvo traballando nas vacas e así e gustoule isto e ficou aquí”(Maria.non así ocorre co resto de inmigración. Monforte.5. poboación altamente masculinizada como se observa na táboa 2. veu solo com 11 anos. que se sitúa. Aliás si apareceu outra figura especialmente presente no imaxinario popular da zona como é o “criado portugués”.

18 . Para min estas declaracións recollidas son verdadeiramente sobrecolledoras e representan unha figura migratoria que acreditaba desaparecida.. mais polo recollido aínda estaba presente no século XX. O Saviñao. así como as raíces duns fluxos migratorios tradicionais existentes en ambas direccións desde hai século e cun compoñente de subdesenvolvemento grande. Esta figura migrante preséntanos moi graficamente esa poboación rural e en proceso de desenvolvemento a que me refiro até aquí.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández “andaba un señor a busca dun rapaz. 44 anos) As anteriores declaracións preséntannos os testemuños de dous dos migrentes que dentro do estudo teñen traballado como criados no campo. e traballei coas vacas e así…aínda así estiven dous ou tres sen papeis” (Heitor.

Alén da orografía. económicos e culturais etc. distanciándose máis dos propios lisboetas e situándose máis próximo aos galego que levan en Lisboa toda a vida e Antonio coñece. 4 Censo de 1890. o Minho continua a Galiza tanto na orografia e no clima como nas formas de exploração do solo.” (Antonio. Transnacionalismo e alteridade.4 3 Con estas palabras o escritor Portugués Oliveira Marques comeza a súa obra sobre a historia de Portugal. As relacións na historia son intensas e a pesar do peso da fronteira. por galegos que coñecera e vivirán en Portugal fálanos dun escapado da guerra civil. existen unha serie de preceptos. nomeadamente a parte norte e Galiza. 2002) 19 . por exemplo no Porto os galegos representaban en 1890 o 97% dos emigrantes españois (Fernandes Alves. som galegos. 1995)3. así como noutras areas de Portugal. no meu parecer. Presença de espanhois em Portugal en (Fernandes Alves. sempre teñen existido fluxos e conexións de diversa índole. “Não faz hoje sentido falar de uma unidade do território português baseada em condições naturais ou de uma individualidade geográfica de Portugal dentro do conjunto da Península Ibérica. 81 anos) Cando nos está a falar destes galegos que ten coñecido en Lisboa.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández 3. fala deles como persoas nada distantes incluso atribuíndolles coa expresión valores polos que non os podería diferenciar dos portugueses . Na verdade. Os Galegos en Lisboa teñen sido unha grande comunidade. 2002) segundo este censo de 1890 vivían no Porto 4049 españois. Em Lisboa conheço alí a tres ou quatro. que configuran unha unidade territorial e un continuo cultural levemente alterado pola fronteira entre as dúas comunidades administrativas.” (de Oliveira Marques. migratorios. entre Portugal. e de estaren en dous estados diversos. cando se lle pregunta a Antonio que naceu no 1930. O Courel. mais tamén nos di: “não conheço galegos em portugal. têem comercios mas levam alí toda a vida.

2006) e tradición oral biográfica. o Galo de Barcelos onde se lle atribúe a uns galego en peregrinación para Compostela. no dramaturgo máis importante das letra Lusas Gil Vicente ou no propio Camões que se supón galego de nacemento ou de orixe6. mas também os da outra margem do Minho. está aclaración de Fernando Alves incide no plantexamento polo cal poderíamos insistir na idea de considerar aos galegos e aos portugueses do norte como unha comunidade non moi heteroxénea. así como noutros moitas personaxes públicas da historia de Portugal. desde o primeiro conde de Portugal. o propio José Saramago5. facendo referencia a isto os grandes ideólogos do nacionalismo Galego. así como a busca de similitudes con o país veciño. iberista convencido nunha das súas novelas relátanos a súa vida no seu barrio de Lisboa onde vivían moitos galegos. como Castelao.. Vímara Peres até o actual líder do CDS-PP. 6 Referencias recollidas en (Castelao. a milagre de que o Galo de Barcelos cantase e lles salvase a vida a estes dous galegos peregrinos. 2001) (Navas Sanchez-Elez). 20 . Risco ou Carvalho 5 1Galo de Barcelos En “O ano da morte de Ricardo Reis” redime aos galegos que Pessoa e Gil vicente dalgún xeito desprezaron.. Tamén se atopan abondosas referencias aos galegos no grande historiador portugués Oliveira Martíns. aínda así “os galegos de Lisboa não sejam só os originários da Galiza.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Na literatura. incluso na historia do grande símbolo de Portugal. Nas letras Galegas tamén é moi común as referencia a Portugal. A representación dos galegos na literatura portuguesa e viceversa é un recurso moi recorrente. que tamén entende que os galegos de Lisboa son de ambas as marxes do Minho. (Medeiros. Paolo Portas. de nacionalidade portuguesa” (Fernandes Alves. na mesma dirección tamén apunta o tradutor ao español de Saramago. 2002).

no meu parecer que Galiza e Norte de Portugal son unha comunidade transnacional. só atinxindo cuestións dialectais e de diferenzas no desenvolvemento económico. historia e os relatos recollidos no traballo de campo. Cuida-se que haberá sido feita pul artesano Rodrigo Fernandes. está repleto de referencias a estas relacións Galiza – Portugal. con intereses comúns de natureza cultural. (Castels. Gaita-de-fuôlhe stramuntana de la coleçon de l Museu de la Música de Bruxelas (de antes de 1982). polo que entendo. na miña opinión de ter observado esta realidade nun concello do sur de Ourense as súas anotación serían diferentes. podendo existir unha pequena diferenciación relativa a alteridade entre estados. e se desprazaban desde a comarca raiana 21 .Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Calero. No capítulo 6 da obra editada polo CIS. pois existe unha concordancia de “certos grupos vivindo en espazos transfronteirizos. a a na literatura. Este espazo transnacional é especialmente presente nas zonas rurais. 2005). lévame a considerar que existe un continuo lingüístico e cultural relativamente alterado polo peso da fronteira. de Miranda de l Douro. a alteración levada a cabo polo peso da fronteira foi mínima. No traballo de campo. que estaban a realizar o seu traballo no Concello de Ribas de Sil. Gaita de foles trasmontana do solo. no grupo de discusión participaron seis traballadores do sector forestal. realmente clarificante encanto a esta realidade. “Los dos lados de un río” de Antonio Medeiro. mais desde unha perspectiva ampla. recollín o testemuño dun grupo de discusión. política ou doutro tipo. A unión das formas de exploración tradición 2. poden verse a si propios como comunidades”. entendida desde unha xénese acumulativa de características e reforzada polas propias migración. deportiva. mais nalgunhas comunidades rurais concretas. e tomando como referencia en Galicia a cidade de Santiago de Compostela.

o que existía era unha forte xerarquización en canto ao estatus laboral. a gente na aldea falam uns da vida dos outros e assim. pois o capataz da cuadrilla. não muita difereça não ha!.(Maria. non atopa diferenzas que se puidera recoñecer a grande escala. iso si galego.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández da Limia/Lima todos os días. ou Santiago. Continuando traballo podemos de campo. como nos considerar testemuños en ningún caso se resalta unha diferenza marcada a nivel cultural ou de construción de estereotipos. os traballadores eran dos dous lados da raia. dous galegos e catro portugueses. 22 . aquí não. que aquí tamén se oi. isto é um pueblo pequenino. Este tipo de testemuños son recorrentes en todas as gravacións. tiña unha posición extremadamente dominante sobre o resto do grupo. por exemplo no testemuño de Maria de Monção recóllese o seguinte: “Não muita diferença não hai. co recollido no nas entrevistas. alí a xente não fala tanto não é tam simpática”. onde fai a diferenciación e cando se refire a parte urbana de Galicia apuntando que na xente da cidade vexa maiores diferenzas. 31 anos) Cando se refire Maria as diferenzas entre as persoas de Monção e as persoas de Monforte. tampouco constrúe estereotipos entre ambas as poboacións. todos os migrantes concordan en que a similitude entre Galiza e Portugal en todos os aspectos e moi elevada. se cadra máis cara lá cara A Corunha algo máis diferença haverá. mantiñan unha relación forte e con afinidade entre os integrantes. e a adaptación foi moi positiva. não é o mesmo que ir cara A Corunha ou Vigo. Monforte. non apreciando apenas disicitudes de alteridade.

isto reafirma a miña percepción segundo a que considero que estes migrantes de teren feito a súa migración para cidades Portuguesas especialmente para a capital de Portugal. 23 anos) A posición de Heitor continua na mesma liña as anteriores. de onde eu veño xa veño falando gallego” (Heitor. O Galego é igual ao português. porque uma cadeira é uma cadeira. “todas as palabra que se oen embaixo son todas iguais. o que passa é que depois. todo é monte sen praias nin nada igual todo igual. E ao igual que Antonio incide en facer unha descrición nas similitudes remarcando o feito rural e interior das dúas comunidades. isto devia ser a mesma fala todo. “Eu non notei muitas diferencias.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Cando temos entrevistado a Antonio ao comezar a falar sobre as diferenzas que nota entre Galiza e Portugal. 44 anos) Ao referirse Heitor a que xa falaba galego de onde el viña. ou para outras cidades máis pequenas situadas tamén no sur. ela que ten vido de seis anos para Galiza se cabe describe as semellanzas culturais con máis ímpeto. as vezes a María dizme que não me entende qualquer palabra. fainos un discurso filolóxico no que acaba por concluír que o Galego e o Portugués é igual. de cultura tamén igual” (Isabel.(Antonio. Monforte. 23 . non deixa de remarcar as semellanzas culturais. “a min Portugal paréceme igual que Galicia polo menos por onde somos nos todo igual. Quiroga. e considerando o portugués transmontano que falaba antes de chegar a Galiza como propio galego. O courel 81 anos) Tamén Isabel insiste na mesma tónica. eiquí chamanlle silla mas tambem lle chamam cadeira. mas para mim é igual ”. nun plano non administrativo as dificultades serían maiores do que teñen sido vindo para o interior de Galiza.

conjuntamente com os Açores e a Madeira. esta realidade está presente practicamente en todos os 2. Francia ou países latinoamericanos. as sociedades campesiñas están a desaparecer en Europa. sobre todo no que se refire ao ámbito urbano. são os grandes centros de abastecimento da emigração portuguesa” (Baganha. trátase ao igual que no caso do Norte de Portugal de potencias emigratoria Tras os Montes e o Minho até à “Segunda Guerra Mundial. recorde-se que há estimativas de retorno de 70% para a Galiza. Portugueses no Brasil Norte de Portugal son comunidades receptoras de inmigrantes. 1994)7 aínda así na actualidade tanto Galiza como o 3. 24 . con grandes fluxos migratorios para cidades como Barcelona. as poboacións rural tende cara poboacións máis urbanas.Emigración Galega estados. Nas comarcas de Courel-Quiroga e Lemos esta tendencia foise conformando principalmente nas décadas centrais do século XX. Madrid ou Vigo así como a emigración exterior sendo os principais destino Suíza. Alemaña. uma região com muitas homologias com o Norte 7 Nesta cita reflíctese outro elemento máis de características comúns entre ambos territorios. a distribución poboacional no mundo segue a directriz pola cal. cando tempo atrás tiñan sido comunidades comparadas pola súa similitude en canto a cuestións migratorias.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Dunha sociedade emigrante para outra sociedade emigrante. para convertérense en sociedades máis urbanas ou sociedades rurais con modos de produción diferentes aos tradicionais do campesiñado. pois a tendencia é sempre de despoboamento do rural e superpoboación do urbano. Desde o comezo do século pasado.

entendendo transnacional como describo arriba. desde unha perspectiva comparativa. entendendo Galiza e o Norte de Portugal como unha comunidade transnacional. o de Europeos para as ex-colonias Americanas nos principios do século XX. polo que para os portugueses fixar a súa residencia en Galiza ou desprazarse pola semana para traballar a Galiza é entendido como unha migración interior. as persoas que realizan esta migración enténdena como unha migración interior. pois desde logo. a pesar de seren migracións exteriores e debido a grande tradición emigratoria da rexión norte portuguesa. As migracións a Francia. Luxemburgo. as migracións que se observan neste campo de estudo. Reino Unido. Dentro da Actas do colóquio realizado no Museu Bernardino Machado/ C. Neste caso penso que tamén se poderían comparar as dúas rexións encanto a estes parámetros. 25 . de Famalicão. Francia etc. sobre todo cando a migración se produce dunha parte rural para outra parte rural. Brasil ou Venezuela están moi presentes no imaxinario destas poboacións. N. pois tómanse as dúas rexións obxecto de estudo como un conxunto. Jorge Fernandes En “Os brasileiros da emigração no Norte de Portugal”. así como os discursos dos emigrantes que teñen realizado estes procesos migratorios. 1999.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Litoral português (Alves. dentro dun proceso migratorio. a unha migración a Galiza. e o que me permite crear unha nova hipótese que me permitiría describir con nitidez certas posicións e certos adxectivos na migración Portuguesa en Galiza e particularmente en QuirogaCourel e o Val de Lemos. 1999)8. Alemaña. Jorge Fernandes. A hipótese versa sobre o seguinte. para nada é comparábel unha migración a Latinoamérica ou Alemaña.Compara o retorno na emigración galega ao Brasil con o retorno minhoto. Tamén se atopa algún caso no que o asentamento en Galiza é 8 Alves. tamén reafirma na miña teima por considerar as dúas rexións como unha rexión transnacional. e a posibilidade levar a cabo un progreso nun ámbito salarial sen a necesidade de facer unha migración lonxana tanto no espazo como no cultural. e extrapólanse datos de unha rexión para a outra. M. de V.

pola creación de lazos forte maioritariamente fora da Península Ibérica. Monforte 31 anos) Neste testemuño obsérvase como Maria se sinte completamente parte da sociedade. rumanos e así” (Maria. mais e polo menos entre os migrantes entrevistadosno florece especialmente momento este tipo de produción psicolóxicas. 59 anos) A alteridade No relativo a alteridade o que marca especialmente que reparase nesta cuestión e sobre as miñas experiencias biográficas.” (João. de feito pódense recoñecer testemuños entre as persoas parte da migración como o seguinte: “ Ten que estar nas alturas e a xente de aquí non os queren. polo que entendo que o propio feito da migración é un grande punto a favor da unidade e da fraternidade entre as fronteiras.. aínda que en ningunha outra entrevista se pode recoñecer con tanta claridade esta concepción. escapei a guerra colonial… e sendo emigrante conhecí á mulher que a mulher é espanhola. na análise da creación de alteridades entre as dúas comunidades destacamos que si existe unha diferenciación constante entre os habitantes dos dous territorios. 41 anos) “Fui emigrante em Francia. e xente desa d´afora. e casamos em espanha. estou 26 . un calor que non se aguantaba e dixemos aquí non…despois empezamos en Portugal a buscar casa…e en internet saíunos a foto desta casa. traballan quase todos portugueses.”(José. Poboa do Brollón. incluso referíndose a outros inmigrantes como elementos estraños dentro da sociedade a que ela pertence. “Nos últimos anos que estivemos en Inglaterra estivemos a buscar casas en todo o que é Portugal e España… xa tiñamos suficiente de Londres e queriamos algo para estar máis tranquilos…miramos no sur máis uno que baixamos collemos 42 graos.. pois en moitos caso na rúa se escoitan comentarios despectivos contra os portugueses feitos por galegos.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández entendido como parte dun proceso de retorno. Poboa do Brollón.

Existen tres puntos clave para entendermos a relación no proceso desta migración. aliás a alteridade con os galegos é en todos os casos pouco importante e os movementos migrantes entre as comunidades mitigan en grande medida estes construtos psicolóxicos. diferenciándose en maior medida no entorno urbano onde as condicións culturais se senten máis influenciadas polos centros de poder existentes nos dous estados. as semellanzas entre as dúas comunidades a estudo aumentan canto máis rural é o entorno. A condición rural tanto de partida como especialmente no destino. nas entrevistas non se 27 . O que reforza aínda máis a concepción dunha migración dentro nun espazo transnacional. desde unha posición de diferenza respecto deles. De seguro que de terse producido a migración para outro país non consideraría aos outros migrantes como de afora. pois ao seren territorios fronteirizos o traspaso da fronteira é unha constante. alén de seren as cidades espazos de maior independencia entre os seus habitantes. Dentro do pouco habitual que comprende realizar unha migración dun entorno rural para continuar noutro entorno rural. comporta unha caracterización moi peculiar da migración e é un elemento de moita importancia para entender o proceso migratorio entre os dous lado da fronteira administrativa. que serían proximidade a todos os niveis. Dunha sociedade rural para outra sociedade rural. pois como teño avanzado anteriormente. máis o interesante sería a observación da propia consideración como parte da sociedade. a concepción da migración dentro de dous espazos de tradición emigrante e o entorno rural no que se produce a migración. entendo que de facer unha investigación máis ampla na mesma dirección a este análise exploratorio sería moi importante profundar máis nas alteridades.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández seguro de que se repetiría en todos os casos. e a visión dos migrantes portugueses con respecto aos outros migrantes e con respecto aos galegos. destacarmos que estes fluxos foron unha constante entre os dous territorios.

O Courel. Sector Forestal) “en Portugal aínda traballan os burros e os bois. por unha parte o tractor representa a procedencia e o destino rural da migración. menos. bueno agora xa hai máis tractores mas penso que se traballa muito tamén coas vacas” (Heitor. O Saviñao. “alí traballouse. tamén representa a modernidade o paso dunha sociedade campesiña a unha sociedade moderna. e por último representa as diferenzas entre Galiza e Portugal.Disc. é a súa forma de simbolizar o desenvolvemento económico. No discurso sempre que calquera entrevistado se refería a esta ferramenta de traballo.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández recolleu ningunha testemuña que fora dun entorno diferente ao rural. porque comezaron a vir os tractores”(Antonio. 28 . A ruralidade da migración está marcada por un elemento simbólico no discurso que representa moi ben a conceptualización da migración. está presente en moitos dos discursos das persoas. O tractor. atopan unha carencia económica en Portugal que se representa con os tractores. 81 anos) Entendo que estas persoas migrantes. e está cargado de valores. O tractor O tractor na migración representa o simbolismo do proceso migratorio que estamos a estudar. 44 anos) “agora xa é todo igual xa se botan batatas con tractores” ( Grupo. o que é obvio que axuda nas condicións subxectivas da migración sexa dentro dunha comunidade esaxeradamente desigual ou sexa nunha comunidade semellante. aportáballe un simbolismo e unha categoría polo que o tractor ten que ser digno de análise.

No grupo de discusión feito entre traballadores transfronteirizos. de adquirir valores e aspectos dinámicos. a pesar do grande debate académico e filosófico que rodea o termo pódese entender. Cidadanía. Pois a creación de espazos supraestatais como a Unión Europea. ao meu parece. da cal participan activamente. Por cidadán. fronteira e construción supra estatal. coñecer onde está a diferenza identitaria. 29 . conciben outras posicións individuais en canto a organización comunitaria e adscrición ou o sentimento de pertenza a maior número de grupos identitarios. aliás até a actualidade e desde a paz de Westfalia no 1648 a composición da cidadanía era atribuída ao espazo territorial do estado-nación. e existía unha predeterminación de pertenza a unha comunidade. resaltadas especialmente por aqueles colectivos que teñen feito unha migración dentro das fronteiras supraestatais. o que nos marca unha perspectiva de cidadán baseada nunha concepción máis relativa a igualdade ante o dereito. civís. pois a mutabilidade das sociedades así como dos propios habitantes das sociedades outórganlle. adscritos a unha comunidade. como as persoas que vén recoñecidos os seus dereitos. na actualidade o termo cidadán ten perdido moito do seu valor (Lapierre. A construción de cidadanías. a posibilidade ao termo cidadán. desde unha descrición básica. Recollendo as concepcións máis liberais e máis afastadas da pertenza e das características comúns do grupo. a resposta e clara. de feito ante a pregunta de sé se senten medios galegos ou españois. Neste comezo do século XXI a cidadanía non ten porque ser entendida como unha situación estática. é difícil. como a que separa o antigo réxime da sociedade democrática. 2003). así como a de identidades culturais non ten porque responder a un feito inequivocamente cultural.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández 4. poren entendemos que os cidadáns europeos poden posuír diferente adscricións identitarias. políticos e sociais.

a migración dentro dun contexto cultural verdadeiramente próximo. Schengen e Eurorrexión-Eurorregião. políticos e sociais. e nas súas capacidades como cidadáns. dos inmigrantes portugueses nas comarcas que Courel-Quiroga e Lemos. recoñecen a mobilidade total das persoas e das mercadorías. desde unha perspectiva crítica. o que a priori facilita en grande medida a vida dos habitantes europeos. a identidade europea é algo moi lonxano e a resposta en todos os caso por esta cualidade é a indiferenza. as percepcións propias do acceso a cidadanía. 2001) 30 . 2000) e (Maiz & Aguila. Esta investigación. (Grupo de discusión sector forestal) a resposta é moi rotunda deixando claro a situación e a pregunta de porqué isto non saben porque responder. cumprir as leis) relativos a unha colectividade política. e deberes (pagar impostos. votar. o que pretende e situar a posición como cidadáns dentro dunha concepción liberal referente a consecución dun status xurídico e político mediante o cal o cidadán adquire dereitos civís. 1979) (Peña. dentro da concepción de cidadán aplicada até este momento. alén da posibilidade de participar na vida colectiva do Estado9. Polo que neste punto trataremos de describir. como apuntamos no epígrafe anterior. e no conxunto dunha sociedade transnacional e rexida por unha serie de mecanismos enfocados para a integración interestatal. Sen esquecérmonos que estamos situando. calquera traballador de calquera dos países participantes no espazo Schengen dispón da posibilidade de desprazarse a outro país membro. durante anos atrás entorno ao 9 Concepto apoiado en (Rawls. desde perspectiva cualitativa e particulariza. Así como describir. A formación da Unión Europea e sobre todo o Espazo Schengen.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández “galegos sim. mas espanhois não”. logo da análise do discurso e da consulta bibliográfica as posibilidades que producen instrumentos de integración interestatal como a eurorrexión na vida dos migrantes.

así como as novas portagens. neste caso e relativo especialmente ao proceso migratorio que estamos a radiografar. do XX para o XXI moitos teóricos profundaban na construción dunha cidadanía europea10 mais sen chegaren a demasiado bo porto. pois parece que neste 2011 a crise económica leva a un debilitación da Unión Europea e do Espazo Schengen. Catherine 1999) 31 . Na actualidade os medios de comunicación están a tratar unha realidade claramente palpábel a cerca da debilitación da Unión.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández cambio de século. se ven sumamente reducidos por mor a priori da crise económica. Mapa espazo Schengen e U.2001) (Wihtol de Wenden. Borja. Jordi. (Borja. dentro do proxecto político da Eurorrexión estaba previsto a construción dunha liña de tren de alta velocidade entre Galiza e Portugal. Ilustración 4. e de cómo outrora consideracións indispensábeis na concreción dun proxecto común. & Peugeot. a cal está paralizada e aínda máis a antiga liña de tren normal está en visos de pechar. está a influenciar nas relacións entre os dous espazos. 2001).E Para entendermos está realidade dinámica marcada pola perda de poder do estado-nación en relación a outros organismos e como a gobernanza se 10 Observase en (Dourthe.

O voto 32 . neste caso representados por unha comunidade tan característica como a que estamos a estudar. “Hai moitos intereses económicos galegos tanto nas illas como no país e despois ao norte de Portugal. e a creación de sinerxías empresariais entre rexións segue en marcha máis o proxecto de cidadanía común entre os estados membros da Unión Europea. lévanme a pensar que a realidade do Unión Europea e organismos como a Eurorrexión teñen unha clara vocación económica creando grandes e diversos niveis de actuación e con unha grande capacidade nas súas funcións como elemento de desenvolvemento económico e vehículo para a superación das fronteiras das organizacións empresariais. claro canto máis o norte máis influencia hai por proximidade…hai moito máis con Galicia que co resto de España ademais eles identifícanse e teñen moita máis relación.. pero xeran un grande déficit democrático e aínda que son o medio para a creación de procesos migratorios intraeuropeos. compre entendermos cal é a posición primeiro da Unión e segundo e neste caso en especial a función da Eurorrexión. gobernanza multinivel. participantes no estudo. “La Unión Europea es el intento de combinar de manera general la liberalización de los mercados y la eliminación de barreras estatales con el establecimiento de normas e instituciones comunes…En Europa la concentración regional de los intercambios económicos es elevadísimo. non reparan en demasía na creación de garantes institucionais para os suxeitos que realizan as migracións. está aínda sen concretar e polo que parece non ten moitas trazas de se levar a cabo.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández comeza a conferir mediante diversos niveis. Galiza Norte de Portugal e os órganos que a compoñen.” (Cónsul Honorario de Portugal na Coruña) Os intereses económicos son moi elevados.” (Tsoukalis. 2003) este tipo de reflexións xunto ao recollido no discursos das persoas.

sobre este tipo de comportamento ante a nacionalidade. votas normalmente?: “Non. nunca votei nin en Portugal nin eiquí” Mostrando unha desinterese total polo asunto. só nas municipais”. unha das realidades comúns a todos os participantes na investigación. a participación cidadá e a concesión de dereitos. pero despois non aparecía no censo electoral. tes outro valor” (Heitor.“pois eu non sei porque non aparecía no censo” ( Grupo de discusión transfronteirizo. que é a desinterese incluso reacción e negación de poderen acadar a nacionalidade española. teren a nacionalidade española é renunciar a súa nacionalidade. solo podo votar eilí. (Isabel. Aínda así un dereito básico de calquera cidadán que habite nunha sociedade democrática non o teñen cuberto. pois aínda sen seren nacionais do estado no que viven teñen unha serie de garantes que lles aseguran unha concorrencia vantaxosa ante o acceso aos servizos públicos. e non pode votar nas municipais” . e despois vin a policía fixéronme o carne de identida. 44 anos) 5Passaporte Isabel que veu con 6 anos para Galicia ante a pregunta de se podía votar nas elección respondeu: “Non. pois para eles. sector forestal. Quiroga 23 anos) De feito pódese observar claramente que a non participación da vida política leva a que haxa un afastamento das institucións. considero mais sen refutar o meu posicionamento. nin terán de non se nacionalizar. que se trata. o dereito ao voto neste caso opera como elemento simbólico e práctico. trapalladas desas. E ante a pregunta de se votaba normalmente. para votar para as europeas. das persoas con 33 . “tal como aquel estaba empadroado no meu pueblo.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Extrapolando o traballo de campo a realidade total da poboación portuguesa nas comarcas de Courel-Quiroga e Lemos. Monforte. nunha posición propia dos cidadáns europeos.) “ eu a miña nacionalidade non a nego…estiven tres anos sin papeles. que ahora quería facer o de aquí…porque dios queira e a virgem que não tenho outras posibilidades se me faz falta para calquera cousa. aínda hoxe o teño.

en persoas que levan 20. O voto é un elemento simbólico e representativo dunha serie de perdas a nivel administrativo que os non españois teñen.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández nacionalidade portuguesa. non ocorrendo o mesmo nos sectores estratéxicos como os médicos ou os promotores de negocios empresariais. e por outro os traballadores transfronteirizos. aínda que sexan comunitarios e leven os anos que leven vivindo no Reino de España. 30 e 40 anos e non pretenden nacionalizarse españois. que ían a sega a Castela ou os vendimadores que ía vendimar de Galiza ao Douro portugués ou os portugueses que viñan vendimar ao Ribeiro. estes son os que sofren a maior grao de descapitalización no emprego. son comparábeis ao antigos segadores galego. Analizando as condicións laborais no que se refire ao mercado de traballo. supón unha desmobilización e unha non inclusión na sociedade. Trátase do desprazamento de 34 . facendo así máis difícil un proceso migratorio que a simples vista e sen profundarmos na situación semella un proceso migratorio sen trabas nin dificultades. por unha banda os traballadores que están asentados en Galiza. encontramos dous grupos con características propias. deste xeito existe un desinterese palpábel sobre a vida política. este afastamento incide na alteridade é na baixa consideración propia como cidadáns. para se estabeleceren alí ou para traballar vendimando ou facendo outras labores. na actualidade as persoas que realizan traballos de máis baixa cualificación seguen a sentir está descapitalización do seu traballo. isto tamén supón unha non participación dun elemento social con tanto pulo na sociedade como é a política. O mercado de traballo A condición de diferenciación no mercado de traballo tamén está presente e é unha realidade que ven sendo marcada desde tempos anteriores a Unión Europea a fronteira para os migrantes sempre ten sido unha barreira de descapitalización laboral. outrora eran os criados e os xornaleiros galegos que se desprazaban a Portugal.

Os pretogueses No tocante a está descapitalización laboral dos traballadores portugueses levouse a cabo un grupo de discusión con traballadores na construción civil. venres. facían a viaxe contraria. nos estarmos 16horas e os espanhois se marcham cedo e nos estamos até mais tarde. e a súa migración era levada a cabo cada semana. principalmente sitúanse no sector da construcción. no simbólico do termo “preto”. aos domingos partían do Minho cara a Galiza e as sextas feiras. em questões de trabalho me senti discriminado. “tenhem aí o pessoal asegurando a vasoira a beira da estrada e ganha tanto como nós…e fazem menos que nós. por exemplo. pois segundo as súas palabras eran tratados como “pretos”. agora. eles mesmos fixéronse chamar como os pretogueses. estes traballadores. moi presente en Portugal pola relación con as antigas colonias.” “estamos empadroados porque a empresa para a que traballamos nos obriga a fazer escontos aquí…temos o NIE e tudo…tudo legal” “trabalha-se mais horas aquí do que em Portugal.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández man de obra barata e necesaria para levar a cabo un traballo cun custo menor.. facendo un simil con os “pretos” negros.…eles aquí não trabalham a chuva e nos trabalhamos..(arremedando) são portugueses déixaos traballar.” “Eu já trabalhei numa empresa espanhola e mais cobrava como numa empresa portuguesa” (Grupo discusión sector construción) 35 . os traballadores eran transfronteirizos. do grupo desprendese a idea de que eles por seren portugueses traballan máis horas en peores condicións e gañan menos do que os demais. que resultou totalmente clarividente.

Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández En todas as referencia que saen no grupo ao traballo pódese percibir como estes traballadores se sente altamente discriminados. que segundo o experimentado nun dos grupo de discusión se senten gravemente prexudicados respecto aos traballadores autóctonos. e non existen instrumento que garantan a igualdade entre habitantes e que non se constrúa unha cidadanía real e efectiva capaz de atinxir a todos os estados membros. O dumping laboral. 2006). polo que podemos extraer que onde se acusa máis fortemente a discriminación laboral nos traballadores portugueses e nos traballadores transfronteirizos pois aqueles que deciden cruzar todos os días ou todas as semana a fronteira para traballaren aínda que estean en condición legais residindo na Galiza sofren unha forte discriminación no ámbito laboral. 2007) neste caso non nos referimos aos traballadores do leste se non aos traballadores portugueses. para dar a entender que la disponibilidad de mano de obra barata procede de la Europa del este ejercerá una presión a la baja sobre los salarios de los países más ricos” (Giddens. “Hay quien utiliza el termino para . é a concepción da fronteira que presenta con a libre circulación de persoas entre fronteiras. non sendo isto un garante para a igual retribución e consideración dos traballadores. isto é una característica da Unión Europea. por ejemplo. pois en relación a estas diferenzas salariais entre estados “el neoliberalismo a hecho suyo el lema de a igual trabajo igual salario ¡pero al nivel más bajo!” (Beck & Grande. pois acaba por considerarse que é unha institución e un xeito de organización política pensado por e para as elites empresariais e corporativas. este tipo de sensación e de métodos de contratación laboral afondan nas diferenzas entre comunidades e na non construción armonizada da Unión Europea. 36 . isto non ocorre con as demais persoas que están a vivir definitivamente en Galiza. e na que as corporación poden campar a súas largas mais os cidadáns non teñen competencia total para teren mobilidade real e igual entre os territorios.

e son de etnia cigana. por motivos de alleos a min non puiden entrevistalos aínda que sería imprescindíbel contactar con eles de facer un estudo de maior relevancia. sae con asiduidade o estereotipo de: “pensam que nós viemos para sarcar-lhes o trabalho aos galegos”. que son os habitantes dun poboado nas aforas de Monforte.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández No discursos de todas as persoas que fan parte deste estudo. o feito de que os salarios sexan máis altos en Galiza do que en Portugal. e de grande importancia para eles. os cales polo indagado até este punto veñen da poboación transmontana de Chaves e instaláronse aquí aínda durante este século. pois é unha poboación con moita visibilidade na zona e con unhas características moi peculiares. Sobre todo en contextos tan propicios para tal como son un espazo como Galiza e o norte de Portugal. isto é un facto que aparece en todos os discursos. 37 . incluso nalgúns casos cando se intenta buscar a reprodución de estereotipos no discurso sobre a súa imaxe para a sociedade galega. Neste punto e antes de chegar as consecuencias quérome referir a un grupo social que non aparecen na investigación mais teño presente para estudos vindeiros. (Grupos de dicusión) Esta situación non deixa de desnaturalizar o feito tradicional de traspasar certas fronteira con o fin de mellorar a situación.

cando en Galiza se ten estabilizado máis o facto emigratorio e en Portugal se mantén. e nas areas máis alonxadas da fronteira. tamén as capacidades produtivas son similares. diferenciándose soamente nos destinos. Outra das grandes características común e o réxime migratorio que segue unha mesma tónica até hai poucos anos. Galiza. neste punto. cun substrato cultural común. así como a ocupación do territorio. O caso que recolle esta memoria fin de mestrado. Nos últimos anos en Galiza a poboación rural ten sufrido un desprazamento interior cara as propias cidades galegas máis no Norte de Portugal alén de continua unha migración intraeuropea. e na lóxica migratoria que se ten seguido nestas últimas décadas. existe unha alteración lóxica na homoxeneidade cultural e de réxime produtivo. marcada pola diferenciación entre estados e as condicións económicas diferentes. Na actualidade os portugueses son a comunidade estranxeira máis presente na Autonomía. as características comúns son moi elevadas desde o propio vehículo comunicacional a lingua que mantén unha mesma raíz e a diferenciación é difusa. esta diferenza vense marcada con maior intensidade nas areas urbanas. En lugares rurais e fronteirizos. A emigración en ambos territorios é unha constante tanto de carácter ultramarino como de carácter intraeuropeo. sendo en areas fronteirizas onde máis se pode apreciar esta homoxeneidade. aínda que o que pretende é extrapolar e conducir a unha realidade ampla esta centrada nas comarcas de Courel-Quiroga e Terra de Lemos. caracterizada por escoller como destino migratoria a propia comunidade veciña. entendemos este movemento migratorio como un movemento moi marcado pola proximidade e 38 . aínda que en menor mediada. especialmente nas provincias do sur. Conclusións Galiza e o Norte de Portugal teñen unha serie de características históricas e antropolóxicas que as converten nunha comunidade transnacional.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández 5.

o que incide na visión deste proceso migratorio como algo menor. equiparábel como menos a unha migración interior. mais aínda así e a pesar da Unión Europea. as cidadanías están claramente diferenciadas. non teñen dereito ao voto. existindo numerosos matrimonios mixtos. Os portugueses que viven en Galiza. por un lado o dereito ao voto. Como temos apuntado con anterioridade outra das observacións máis destacadas que eu considero é que a migración se produce dentro de dúas sociedade con grande tradición emigratoria. co que poden levar vivindo en Galiza toda unha vida pero sempre van ter tolleito o maior dereito político en democracia. resúltame especialmente curioso a ruralidade da migración tanto na orixe como no destino. pois aínda sen demasiados datos de carácter cuantitativo logo da observación realizada todo apunta a que no terreo no que se sitúa o estudo a poboación portuguesa procede na inmensa maioría de zonas rurais. de grandísima potencia. e por outro o acceso ao mercado laboral. non exterior. sentíndose especialmente discriminados pola súa condición de traballadores en desigualdade. O que no meu punto de vista mitiga as condicións subxectivas do proceso migratorio. xa que entenden que as súas condicións laborais están moi por debaixo das condicións dos propios galegos. da Eurorrexión e as Eurocidades. nin nas eleccións estatais nin nas eleccións autonómicas. esta diferenza estivo observada mediante dous grandes indicadores. pois todo apunta segundo o observado a que o grado de integración no que se refire a condicións sobre todo de carácter relacional é moi positiva. e logo do observado podemos concluír que a relación entre ambos os dous territorios é elevadísima. e alén disto ao seren dun país membro da Unión Europea non teñen intención de nacionalizarse. tamén outra das peculiaridades das persoas con nacionalidade portugueses que viven en Galiza é como as participación laborais están marcadas en grande medida pola diferenciación. No referido a o aportado na hipótese de partida.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández pola propia situación de achegamento. esta condición ou está 39 . de non nacionalizarse españois. manténdose así nun destino rural. os traballadores transfronteirizos.

xa que aínda que viaxan para Portugal todos os días ou todas as semanas. aínda que sexa xusto nun lugar fronteirizo. non teñen un status igual nin no obxectivo.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández discriminación a persoas que teñen residencia legal en España. e considero de grande interese para investigación maior na que se debería analizar está realidade sobre todo con apoio de metodoloxía cuantitativa para así termos resultados fidedignos. nin no subxectivo. dunha comunidade transnacional. e as persoas nacidas ao sur da Raia. En conclusión o que se observou durante está investigación e se refutou foi a hipótese de partida pois. na miña opinión. 40 . e aínda sendo “cidadáns” da Unión Europea e parte. a cidadanía está claramente diferenciada entre os autóctonos que temos recoñecidos un número moito maior de dereitos básicos. é sendo esta unha análise exploratoria un dos puntos fortes que se extraen das percepción dos propios migrantes. dentro desta comunidade transnacional polo menos no que se refire ao entorno rural.

Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Cunha. J. de Oliveira Marques. Baganha Análise Social. Fernandes Alves. d. Paidos. vol. Lisboa: Graus editora. (1996). (2001). A poboación Galega no século XX. E. (2002). J. Paidos. A. (2001). Quiroga y Courel.. A. La Europa cosmopolita. Nocionalismo y etnografías en Portugal y en Galicia. L. & Peugeot. Lapierre..-W. La voz de Galicia. & Grande. X. Laiovento. (2001). (2006). Inmigración estranxeira e territorio en Galicia.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Bibliografía Baganha. (2007). W. Emigración y cambio territorial en Galicia. Cunha. Ediciones peninsula. Medeiros. (2002). Borja. (2006). Teorías políticas contemporáneas. Valencia: Tirant lo Blanch. (2007). M. Mobilidade interna e migrações intraeuropeias na península Ibérica. 41 . (1995). & López. Demografia e Modernidade. Castelao. Impresa nacional casa de moeda . Análise Social. XXIX (128As correntes emigratórias portuguesas no século xx e o seu impacto na economia nacional.. V. A. R.. D. Intersecções ibéricas. Los casos de los municipios de lucenses de Ribas de Sil. Barcelona: Paidos. M. A. (2008).. Beiras. Madrid: CIS. La ciudadania europea. Maria Ioannis B. G. U. González Pérez. (1999). M. Giddens. Qué es ser ciudadano. & Aguila. Presença. Ciudadanía multicultural. (2003).. Breve história de Portugal. A. Dourthe. Cambio e innovación en Europa. & (organizadores). Ettema. J. Maiz. (1994). (1996). m. Sempre en Galiza. Los dos lados de un rio. R. I. J. W. M. Leston Bandeira. Kymlicka. Universidade de Santiago de Compostela.. Beck. Biblioteca nueva. .

(1994). I. Galiza. Galego de Ourense que veio a Portugal ganhar a vida. La vida en la frontera. Barcelona.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Moré. (1979).. Visión de Galicia en escritores portugueses: El caso de Fernando Assis Pacheco (1937-1995) En trabalhos e paixões de Benito Prada. Euro-região Galiza Norte de Portugal. M. L. (2000). Peña. J. Navas Sanchez-Elez. Critica. Rawls. ¿Que Europa queremos? Los retos políticos y económicos de la Unión Europea. Universidad complutense de Madrid. Villarino . Teoria de la justicia. V. Tsoukalis. A poboación de Galicia. Madrid: Marcial Pons. J. Buenos Aires. A. La ciudadania hoy : Problemas y propuestas. varios. Norte de Portugal: duas regiões. Montserrat. Precedo. 42 . uma euro-região construindo a Europa dos cidadãos. Méjico: Paidos. (2003). (2004). Colección monografias. Andrés. Universidad de Valladilid. (2007).

non se pode entender a cidadanía nin a inmigración portuguesa en Galiza. O acceso as persoa dos grupos de discusión. non se pretende producir teoría. que coñecía persoalmente. Gerardo Gándara Moure non existiu ningún tipo de problema para realizala. A elección da bibliografía foi un pouco errática e foi escollida mediante referencias de profesores e a miña indagación particular un tanto desleixada.e non feita toda ela ao principio da investigación. Aprovéitanse coñecemento biográficos en moitas partes da investigación. foi autónomo aos entrevistados. o que fai que as dúas preguntas perdan potencia e claridade. A falta de aporte cuantitativo débese precisamente a esta condición do traballo.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Notas metodolóxicas O carácter do traballo é exploratorio o que se pretende é recoñecer unha percepción. tamén as persoas de etnia cigana se negaron a participar no estudo. partindo de Antonio. Durante o traballo de campo resultoume imposíbel entrevistar as persoas de nacionalidade portugueses cun status económico máis elevado pois ningún dos catro medianos empresarios que cheguei a coñecer a súa existencia aceptou para participar no traballo. No estudo preténdense describir nunha soa hipótese dúas preguntas sobre o tema de estudo. - - - - - 43 . así como á propia limitación temporal que existía para realizalo e a unha serie de inconvenientes de carácter persoal acontecidos durante a elaboración do mesmo O traballo de campo foi realizado durante a primeira quincena de xuño. aínda así se a concepción reproducida de transnacionalismo neste caso. accedendo a eles mediante persoas do meu entorno que traballaban cerca de eles. e o método para contactar con os entrevistados foi unha cadea. Pola contra na entrevisto con o cónsul honorario na cidade da Coruña.

A comunicação social na imagem do outro. 44 .. A sua visão do português.As tradições dentro de um marco comum. -Imagem e que te evoca a fronteira. As criações da alteridade deslocam a Percepção de Comunidade entre os dois lados da raia A ocupação do espaço. A visão do migrante em os dois lados para o outro. . .A imagem que transmitem da política e da economia. . O galego e o espanhol. as toalhas -Viagens para ir comprar. -Casais na fronteira. -O espaço na fronteira.a . . O Rural.Relações comerciais na fronteira. A imagem da população para o outro.Guión entrevistas e grupos de discusión. A imagem que transmitem os políticos.Como entendem os políticos a União Europeia e a Eurorregião. O português e o minhoto transmontano e O Porto. . A comunicação social e mass media . a uma eurorregião. . - - -Visão da pertença a uma comunidade europeia. Estereótipos.O que acontece na fronteira para o outro lado. As relações na fronteira. Imagem da UE e da Eurorregião no nível cultural. --Qual é a imagem que transmitem os políticos sob o outro lado. A figura da cidadania a nível cultural.Na imagem do território. o urbano e o industrial. -Nível de ocupação urbanístico. Nível cultural O português para o galego. . -A alteridade e a comunicação.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Anexos Anexo 1.A gasolina e o Tabaco. O galego para o português.

Participação política. A ideia de ficar sempre em Galiza Ocupação do território e motivações A inclusão no mercado laboral e as percepções.Voto. Acessibilidade aos médios do estado. 45 . . ----------------------------------Cidadania -----------------------------------------------------------------------------------Visão geral cidadão europeu.Funcionários públicos. Hipótese: A harmonização do suposto duma hipotética cidadania europeia. cidadão português. não é tal pois os cidadãos portugueses sofrem uma descapitalização por serem extrangeiros.Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández A comunicação entre os indivíduos de ambos estados. . A liberdade de movimentos para as pessoas. Sobre as relações de comunicação entre dois indivíduos. Criação de laços entre pessoas. . cidadão galego e cidadão espanhol.

Experiência e a eurorregião no seu trabalho. . O Galego para os negócios. Relações entre trabalhadores. *Na entrevista ao Cónsul Honorario añadimos unha apartado de preguntas sobre os negocios. 46 .Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández .Bolsas de estudo. As estruturas políticas como a Eurorregião são de grande importância em um nível económico.Participação cidadã.Utilização dos serviços públicos. Como afeitam as infraestruturas de comunicação nos negócios. Estes cadros só son un guión para fixar como referencia cando se fixeron as entrevistas pois en ningún momento se pretendeu seguir claramente como guión fixo. A universidade. . Negócios A fronteira nas relações econômicas. corporações e fronteira. a igreja e o exercito as relações.

Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández 47 .

Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Mercurín do Courel. no 18 de Xullo de 2011. José Daniel Arias Fernández DNI:·34268416 Mestrado oficial en Migración Ineternacionais Universidade da Coruña 48 .