Vous êtes sur la page 1sur 44

A Gran Guerra

(1914-1918)
AS ORIXES: A Europa da
paz armada (1890-1914)
O agravamento da tensión internacional
entre as grandes potencias europeas
As rivalidades económicas
• A competencia na procura de novos
mercados, que contribuiu a enrarecer as
relacións entre as potencias
industrializadas, veuse intensificada
por:
• A emerxencia dos países de recente
industrialización (EE.UU., Alemaña)
que ameazaban a tradicional hexemonía
comercial británica.
• A configuración de áreas de influencia
económica exclusiva: as grandes
potencias interveñen para protexer os
intereses económicos das súas empresas
e bancos e aproveitan para reforzar a sú
influencia política (exs.: Francia en
Rusia, Alemaña no Imperio otomano)
• O papel económico e político cada vez
máis importante da industria pesada e
das empresas armamentísticas (KRUPP,
SCHNEIDER, VICKERS, PUTILOV,
SKODA…). Imaxe dunha planta de canóns da
empresa Krupp en Essen
Os cambios na política exterior
alemana: da Realpolitik á Weltpolitick
Os sistemas
bismarckianos (1871-
1890)
• Obxectivos: establecer una
posición arbitral de Alemaña A política exterior de
no concerto internacional, Guillerme II (1890-
illar a Francia, manter boas 1914):
relacións con Gran Bretaña, • Obxectivo: elevar a
apoio a Austria-Hungría. Alemaña á condición de
• Alianzas: Liga dos Tres potencia mundial.
Emperadores (Alemaña, • Renovación da Triple
Rusia, Austria-Hungría, Alianza e reforzamento
1873), Triple Alianza dos compromisos co
(Alemaña, Austria-Hungría, Imperio austro-húngaro.
Italia, 1882).
• Rearme naval (Plan
• Tratados bilaterais: tratado Tirpitz)
de reaseguro con Rusia
(1887). • Ampliación do imperio
• colonial alemán.
Conferencias internacionais
celebradas en Berlín: 1878
sobre os Balcáns, 1884-85
sobre o reparto colonial de
África.

O novo capitán (Guillerme


II) despide ao vello temonel
(Bismarck). Caricatura de
1890
A carreira de armamentos:
“si vis pacem para bellum”
• A posta en marcha do Plan Tirpitz
(1898) sinalou o comezo dunha carreira
de construcción de armamentos navais
entre Alemaña e Gran Bretaña. A
aparición do Dreadnought (1906)
acelerouna.
• Competencia entre os estados
continentais (Alemaña e Austria-
Hungría vs. Francia e Rusia) para
incrementar os efectivos humanos e o O Dreadnought
material bélico dos seus exércitos.
• Posta a punto dos plans de guerra: plan
Schlieffen alemán (1905) e plan XVII
francés.
• Incremento espectacular dos
orzamentos militares.

Movementos de forzas previstos nos plans


Schlieffen e XVII
A formación e consolidación de dous
bloques de potencias enfrontados
TRIPLE ALIANZA: TRIPLE ENTENTE:
Alemaña, Austria- Rusia, Francia, Gran
Hungría, Italia.
• Herdanza da política Bretaña.
bismarckiana. Firmouse • Acordo militar franco-
en 1882 e renovouse en ruso (1893).
1891 e 1912.
• Compromiso de apoio • Entente cordiale entre
militar entre os aliados Francia e Gran Bretaña
en caso de agresión (1904) para resolver
externa. pacíficamente as súas
• Debilidade derivada das diverxencias en materia
reivindicacións
nacionalistas italianas colonial.
sobre os territorios • Achegamento ruso-
irredentos (Trentino, británico (1907).
Alto Adigio, Istria,
Dalmacia) baixo dominio • Acordos militares de
austríaco. colaboración técnica
entre oos 3 países (1912-
1914).

Caricatura alemana sobre a


Triple Entente
A exaltación dos sentimentos
nacionalistas
• Os discursos nacionalistas confrontados
contribuíron a aumentar a desconfianza
e agresividade entre as potencias Cartel propagandistico
europeas: revanchismo francés, francés reivindicando
panxermanismo alemán, irredentismo Alsacia e Lorena.
italiano, paneslavismo ruso…
• Os imperios ruso e austro-húngaro,
cuha poboación étnica e culturalmente
moi complexa, as reinvindicacións
nacionalistas de carácter centrífugo
multiplicábanse. O nacionalismo
iugoslavo, alentado por Serbia,
convertiuse nunha seria ameaza para a
Mapa sobre a
monarquía dual. composición
étnico-cultural
do Imperio
austro-húngaro
en 1914
Os conflitos prebélicos
Os conflitos diplomáticos e militares
xerados nos primeiros anos do século Guillerme II
XX evidenciaron a confrontación de en Tánxer
(1905)
intereses entre as potencias e puxeron a
proba o funcionamento dos sistemas de
alianzas en dúas áreas:
• O Norte de África, onde chocaron os
intereses imperialistas de Alemaña,
Italia, Francia, España e Gran Bretaña:
crises marroquinas (1905, 1911), guerra
tripolitana (1911).
• Os Balcáns: o debilitamento do Imperio
otomano alentou as intencións
hexemónicas de Austria-Hungría e
Rusia e as pretensións territoriais de
Serbia, Grecia e Bulgaria: cuestión
bosnia (1908), guerras balcánicas (1912,
1913). Cambios
territoriais
nos Balcáns
1911-14)
O fracaso das tendencias pacifistas

• As Conferencias da Paz (A Haia, 1899 e Cartaz da CGT


1907), promovidas por sectores francesa contra
antibelicistas, non acadaron ningún a guerra
compromiso firme dos gobernos sobre a
renuncia ao armamentismo ou o recurso
á arbitraxe e non á forza para a
resolución dos conflitos internacionais.
• As mornas declaracións da II
Internacional en contra da guerra
(Congreso de Sttutgart, 1907) foron
insuficientes. O asasinato Jean Jaurés,
lider socialista francés e firme valedor
da paz, o 31 de xullo de 1914, eliminou a
última barreira para o aliñamento
patriótico da maioría dos partidos
socialistas e sindicatos obreiros cos seus
gobernos ao comezar a guerra.
Portada do xornal
socialista L’Humanité
coa nova do asasinato
de Jaurés
AS DIMENSIÓNS DO
CONFLITO
O comezo da guerra
O casus belli:
o incidente de Saraievo
• O 28 de xuño de 1914, o arquiduque O arquiduque Francisco
Francisco Fernando, herdeiro do
trono austro-húngaro, e a súa Fernando e a sùa
esposa foron asasinados en esposa á chegada a
Saraievo, capital da provincia Saraievo
austriaca de Bosnia-Hercegovina,
por Gavrilo Princip, estudante
membro da organización
nacionalista serbia Nova Bosnia.
• Nova Bosnia contaba co apoio da
sociedade secreta Man Negra, da
que formaban parte numerosos
axentes do servizo secreto e oficiais
do exército real serbio.
• As autoridades austriacas desoiran
as informacións do goberno serbio
sobre a posibilidade dun magnicidio
e, cando este se produciu, viron
chegada a ocasión de rematar coa
ameaza que Serbia e o nacionalismo
yugoslavo representaban nas
provincias meridionais do imperio. Ilustración da
época que
reproduce o
momento do
asasinato
A cadea de declaracións de guerra do
verán de 1914
 28 de xuño: Incidente de Saraievo.
 28 de xullo: Ultimátum de Austria-Hungría a Serbia. Resposta
negativa serbia.
 30 de xullo: Austria-Hungría declara a guerra a Serbia. Rusia
decreta a mobilización xeral.
 1 de agosto: Alemaña declara a guerra a Rusia para apoiar a
Austria-Hungría. Francia decreta a mobilización xeral.
 3 de agosto: Alemaña declara guerra a Francia.
 4 de agosto: as tropas alemanas invaden a neutral Bélxica. O
Reino Unido declara a guera a Alemaña e os seus aliados.
Duración e evolución
A guerra de movementos
(1914)

 Segundo as previsións do Plan Schlieffen, os exércitos


alemáns atacan Francia a través de Bélxica e avanzan cara
París.
 A reacción francesa permite deter o ataque xermano sobre
o río Marne (milagre do Marne, setembro de 1914).
 A ofensiva rusa sobre Prusia oriental foi detida polas tropas
alemanas.
 Os austrohúngaros fracasan en Serbia e retroceden en
Galitzia fronte aos rusos.
A guerra de posicións (1915-1917)

 Dende finais de 1914, as frontes de A fronte


combate (nomedamente a occidental) occidental
quedan estabilizadas.
 As tropas buscan protección cavando
trincheiras, artelladas nun sistema cada
vez máis complexo: aramiados, niños de
ametralladoras, fortificacións,
bunkers…
 As tácticas de combate adaptáronse á Contando mortos
nova realidade: bombardeos
sistemáticos de artillería, ataques
frontais de infantería…
 Resultado: avances moi limitados a
costa de enormes perdas (Batallas de
Verdún, Somme, Caporetto)
1917: o ano decisivo
Nenos
dunha
 Crise interna en moitos dos países escola
belixerantes derivada das penalidades francesa
ollan a
da guerra: protestas populares, folgas chegada
obreiras, amotinamentos de soldados, … das tropas
 Movementos revolucionarios en Rusia. dos EE.UU.
En febreiro, as protestas contra a
guerra e a fame desencadean a caída do
réxime zarista. En outubro, os
bolxeviques derruban o Goberno
Provisional e fanse co poder. Armisticio
coas potencias centrais (decembro).
 Os incidentes derivados da extensión da
guerra submariña alemana aos buques
de países neutrais, provocarán a
entrada de EE.UU. na guerra (abril de
1917). Tropas
bolxeviques
asaltan o
Pazo de
Inverno.
1918: a derrota das potencias
centrais
Tanques
 Paz de Brest-Litovsk entre Rusia e as e
soldados
potencias centrais (marzo). británicos
 Situación prerrevolucionaria en nunha
Alemaña e Austria-Hungría. das
últimas
 Ofensivas aliadas en tódolas frontes de ofensivas
combate (Francia, Italia, Balcáns, aliadas.
Oriente Medio)
 Peticións sucesivas de armisticio polas
potencias centrais: Imperio otomano,
Bulgaria, Austria-Hungría e Alemaña.
 Desintegración do Imperio austro-
húngaro.
 Abdicación do kaiser Guillerme II (8-
XI-1918).
 Sinatura do armisticio na fronte
occidental (bosque de Compiègne, 11-
XI-1918). Fin das hostilidades.
Asinantes do armisticio
entre Alemaña e os
aliados en Compiègne.
A extensión xeográfica
¿Guerra europea …

 Europeas foron as causas do conflito.


 Europeas, as principais potencias
enfrontadas.
 Europeas, as principais frontes de
guerra.

As frontes de combate europeas entre


1914 e 1918
…ou guerra mundial?
 Na guerra participaron potencias
extraeuropeas: Imperio otomano, Xapón,
EE.UU.
 Houbo frontes de combate extraeuropeas:
Atlántico, Pacífico, Próximo Oriente, África…
 As potencias imperialistas usaron os recursos
humanos e materiais das súas colonias.

Soldados indios do exército británico

Soldados senegaleses do exército


Estados, territorios e áreas de combate da IGM francés
Unha guerra total
Novas armas, novas tácticas
 A Gran Guerra significou a
aplicación de numerosos
avances armamentísticos
derivados da 2ª revolución
industrial.
 Empregáronse novas armas
(ametralladora, gases tóxicos,
tanque, avión, submariño),
outras cobraron nova
importancia (artillería pesada,
granadas de man) e outras
perderon todo valor
(caballería).
 Cambios tácticos: fin da clásica
guerra de movementos e triunfo
da guerra de posicións.
 Incompetencia dos mandos
militares para manexar as
posibilidades do novo
armamento e rachar coa mortal
guerra de trincheiras.
Economías de guerra
 A duración e intensidade da guerra obrigou
a pór todolos recursos humanos e
económicos dos países belixerantes ao
servizo das necesidades bélicas e,
conseguintemente, a incrementar a
intervención do Estado na vida económica:
reconversión da producción industrial,
organización dos transportes, regulación do Cartaces
mercado interior, racionamento das norteamericanos
subsistencias. sobre o esforzo
 Aumento espectacular do gasto público, de guerra
endebedamento interior e exterior,
inflación…
 Para debilitar a capacidade de resistencia
do adversario recurriuse á sabotaxe, o
bloqueo naval (aliados sobre as potencias
centrais), a guerra submariña (Alemaña
sobre Gran Bretaña e Francia)…
Guerra ideolóxica

 Os gobernos dos países belixerantes


utilizaron da propaganda para
conquerir, malia as penalidades, o apoio
da poboación civil ao esforzo bélico.
 Prestaron, ademáis, apoio aos
movementos de oposición interna do
adversario. Exemplos: as potencias
centrais apoiaron aos nacionalistas
irlandeses contra o Reino Unido e aos
bolxeviques e nacionalistas polacos
contra o Imperio ruso; os aliados
promoveron a insurrección das tribos
árabes contra o Imperio otomano, aos
nacionalistas checos contra a Austria-
Hungría…
Cartaces britanicos de propaganda bélica
A ORGANIZACIÓN DA PAZ
A Conferencia de París
(1919-1920)

 Participaron 32 delegacións en representación


dos países vencedores.
 Os catro grandes (Francia, Gran Bretaña,
EE.UU. e Italia) asumiron un papel decisivo
no proceso de negociación e toma de decisións.
 Os Estados derrotados foron completamente
marxinados das negociacións e os seus
delegados sometidos, sobre todo no caso dos
alemáns, a un tratamento humillante.
Os “catro grandes” e os seus
obxectivos
George CLEMNECEAU:
“Le boche doit payer ”

 Recuperar Alsacia e Lorena.


 Acadar recursos para a reconstrucción
material e cononómica do país.
 Obter garantías de seguridade para
Francia en caso dun novo conflito bélico
con Alemaña.
 Evitar que Alemaña recuperase
protagonismo na política europea.
David LLOYD GEORGE:
“defence of British Empire”

 Ampliación do imperio colonial


británico en África e Oriente Próximo a
costa de Alemaña e o Imperio otomano.
 Preservar a hexemonía naval do Reino
Unido.
 Asegurar mercados exteriores para os
seus productos.
 Impedir calquera situación hexemónica
no continente europeo.
 Interese limitado no debilitamento
alemán.
Vittorio Emanuele ORLANDO:
“il ingrandimento italiano”

 Recuperar as terras irredentas


(Trentino, Alto Adigio, Istria,
Dalmacia).
 Adquirir unha posición dominante no
Adriático e no Mediterráneo oriental.
 Garantirse un importante papel
económico na área danubiana dende o
porto de Trieste.
Thomas Woodrow WILSON:
“the Fourteen Points”

 Impulsar o desarme.
 Fomentar da diplomacia pública.
 Defender dunhas relacións económicas
libres.
 Afirmar o principio das nacionalidades.
 Impulsar a creación dun organismo
supranacional (Sociedade ou Liga das
Nacións) que velase pola paz e
seguridade internacionais consonte aos
principios do dereito internacional.
Os tratados de paz
Versalles (1919): os aliados con Alemaña.
Saint-Germain (1919): os aliados con Austria.
Trianon (1920): os aliados con Hungría.
Neuilly (1920): os aliados con Bulgaria.
Sèvres (1920): os aliados con Turquía.
O Tratado de Versalles
Cláusulas morais

 Declaración da responsabilidade
exclusiva de Alemaña e os seus aliados
no estourido da guerra.

Caricatura xermana que representa ao pobo


alemán ante os verdugos aliados.
Cláusulas territoriais

 Entrega de Alsacia e Lorena a Francia,


dos distritos de Eupen e Malmedy a
Bélxica, Posnania e o “corredor polaco”
ao novo Estado polaco.
 Celebración de plebiscitos para decidir
o futuro de Schleswig e Alta Silesia.
 Conversión dos portos alemáns de
Dantzig e Memel en cidades libres baixo
a tutela da Sociedade de Nacions.
 Perda de tódalas colonias, convertidas
en mandatos da Sociedade de Nacións
repartidos entre as potencias
vencedoras.

Cambios territoriais sufridos por Alemaña a


raíz do Tratado de Versalles
Cláusulas militares

 Reducción do Exército (Reichswehr) a


100.000 homes.
 Supresión do Estado Maior.
 Prohibición de dispoñer de aviación e
artillería pesada.
 Supresión do servizo militar
obrigatorio.
 Entrega da flota de guerra aos aliados.
 Ocupación militar aliada da ribeira
esquerda do Rhin, dividida en 3 sectores
que serían evacuados cada 5 anos.
Buque de guerra alemán afundido pola súa
 Desmilitarización da ribeira dereita do
tripulación na base británica de Scapa Flow
Rhin.
Cláusulas políticas

 Prohibición da unión con Austria.


 Creación da Sociedade de Nacións.

Caricatura estadounidense sobre o Tratado


de Versalles
Cláusulas económicas

 Explotación das minas de carbón do


Sarre a favor de Francia.
 Internacionalización das vías fluviais
alemanas e do canal de Kiel.
 Imposición dunhas reparacións de
guerra. O seu montante debería ser
fixado por unha Comisión interaliada. A
contía foi cifrada en 1921 nuns 6.500
millóns de libras.

Caricatura alemana sobre as


reparacións de guerra
CONSECUENCIAS DA
GUERRA
Consecuencias demográficas

 As cifra de mortos derivados


directamente da guerra superou
os 9 millóns, a inmensa maioría
deles militares. A elas hai que
engadir uns 6 millóns de eivados.
 As penalidades e a epidemia de
gripe de 1918 provocaron unha
cifra de baixas semellante.
Consecuencias económicas
 As destruccións materiais (vivendas, fábricas,
minas, redes de transporte...) foron notables, se
ben se circunscrimiron maiormente as zonas de
combate (Bélxica, N. de Francia, NE de Italia,
Balcáns; Polonia).
 Os custos financeiros da guerra provocaron un
enorme endebedamento público e alimentaron
unha problemática espiral inflacionista.
 A cuestión das reparacións de guerra alemanas,
fixadas en 1921, e a das débedas interaliadas,
contraídas sobre todo cos EE.UU., seguiron
pesando nas relacións económicas internacionais
durante máis de un decenio.
 Europa perdeu definitivamente a súa hexemoníe
económica muncial a favor dos EE.UU. Nova
York e Wall Street substituiron a Londres e á
súa City como capitais financeiras do mundo.
Outros Estados (Xapón, Canadá, Australia,
España, os países nórdicos...) experimentaron un
forte desenvolvemento.
 A revolución bolxevique en Rusa comezou a
Ruinas da cidade francesa de Vaux
construcción dun sistema económico alternativo
ao capitalista.
Consecuencias sociais
Unha ferroviaria británica
 A guerra incrementou as desigualdades sociais:
unha minoría beneficiouse dos negocios
derivados da guerra (industriais, banqueiros,
grandes comerciantes, terratenentes...) mentres
a inflación empobrecía á maioría (pequenos
campesiños, obreiros asalariados, clases medias
con rendas fixas...).
 A conflitividade social agudizouse. O exemplo
da revolución rusa contribuiu a crear un clima
revolucionario concretado en diversas
insurreccións fracasadas noutros países
europeos (Alemaña, Austria, Hungría, Italia...)
 A mobilización masiva dos varóns facilitou a
incorporación das mulleres ao mercado de
traballo. A autonomía económica acadada
facilitou cambios moi significativos na súa
presenza social e favoreceu o recoñecemento
dos seus dereitos civís e políticos.

Espartaquistas alemáns loitando


nas rúas de Berlín
Consecuencias territoriais e políticas
 O mapa político europeo mudou radicalmente. Os
imperios autoritarios foron derrubados (Alemaña)
e mesmo desintegráronse (Rusia, Austria- Hungría,
Turquía). Sobre o seu territorio fundáronse novos
Estados (Finlandia, Lituania, Letonia, Estonia,
Polonia, Austria, Hungría, Checoslovaquia,
Iugoslavia). Os tratados de paz redeseñaron as
fronteiras entre os belixerantes. Non tódolos vellos
contenciosos territoriais se solucionaron e
apareceron moitos outros novos.
 As colonias ultramariñas alemanas e os dominios
otomanos do Próximo Oriente foron repartidos
entre os vencedores baixo a fórmula de mandatos
da Sociedade de Nacións.
 A democracia avanzou efemeramente en Europa.
Moitos Estados convertíronse en repúblicas
democráticas. As constitucións ampliaron dereitos
civís e políticos e recoñeceron novos dereitos
sociais, económicos e culturais. O sufraxio universal
masculino xeralizouse e o voto feminino foi
recoñecido en bo número de países.
 Os partidos obreiros e campesiños adquiriron un
crecente protagonismo. Emerxeron novas forzas:
partidos comunistas, grupos ultranacionalistas...

Vous aimerez peut-être aussi