Vous êtes sur la page 1sur 6

ANÁLISE POSTO

DE TRABALLO
NOSA ENERXÍA
Administrativo
Aprobación do posto

■ Asemblea extrordinaria de 17 decembro 2016


■ Dilucídase entre subcontratar tarefas ou contratar persoal. Decídese contratar.
■ Na asemblea faise unha análise de cales son as tarefas a desenvolver, pois ese traballo, previo a
asemblea, estaba sen facer. É Ángel quen identifica esas tarefas
■ Na asemblea faise unha análise do tempo que leva realizar esas tarefas, pois tampouco se chega a
asemblea con este traballo técnico feito. A estimación do tempo faino Ángel, en función do tempo
que lle viñan levando a el realizar esas tarefas.
■ Propoño que se contrate a persoa que ven realizando esas tarefas. A resposta
é que se quere facer un concurso entre todos os socios interesados.
■ Propoño un horario de traballo, como forma de controlar a un traballador a distancia. Cumpre
supervisar asistencia e traballo efectivo. Establécese un horario de 11 a 13 h. e att. Ao cliente de 10
a 14.
■ Pablo propón a posibilidade de contratar a alguén con discapacidade, si aparece a oportunidade,
para aforrar custos laborais á cooperativa.
■ Nada disto aparece na acta que recolle Ángel.
Oferta de emprego
■ Faise pública a principios de marzo, case tres meses despois de
aprobarse pola Asemblea Xeral
■ Non recolle características do posto aprobadas na Asemblea, como o
horario. Si as tarefas a realizar, que non son as propias dun
Administrativo, oficial de primeira.
■ A oferta é ADMINISTRATIVO, sen especificar categoría. Si salario.
■ Non se require ningún tipo de formación mínima, relacionada co posto
a desenvolver.
Proceso de selección

■ Engordase artificial e discrecionalmente os CV en base a un criterio altamente subxectivo:


compromiso, que vale o 50% dos puntos .
■ O resto, malia ser criterios obxectivos, semellan ser interpretados de xeito pouco claro.
Exemplo: Ángel ten 5 puntos en formación, sen ter unha carreira da rama
administrativa. Os mesmos que teño eu, por exemplo, con dúas carreiras desta
rama.
■ A discapacidade deixa de ser unha prioridade a representar o 5% do total da puntuación. Na
oferta dise, simplemente, teráse en conta.
■ Na entrevista si se informa do horario e Susana pregunta pola dispoñibilidade aos candidatos,
polo menos a min. Sorprende a contratación de alguén sen esa dispoñibilidade horaria.
■ O proceso conta con outras irregularidades, como outorgar maior puntuación en
“compromiso” a persoas que sequera son socias ou se fixeron logo da oferta de emprego,
confundindo interese con compromiso, ca outras que o son case dende o inicio… E por
partida triple.
Desenvolvemento do posto de
traballo
■ Imcumprimento do horario
■ Incumprimento das tarefas encomendadas. Altas e facturación van saindo
adiante grazas ao traballo voluntario de Adrián, Raquel, Telma máis eu. Pablo
sigue enviando as facturas e Geni facendo as remesas.
■ As incidencias aumentan pola mala resolución de outras ou polo aprazamento
indefinido de queixas que se perden nas caixas de correo.
■ Falta de disposición cara os seus superiores, o consello reitor, faltando a CR nos
que súa presenza era imprescindible, non como conselleiro, senon como
profesional de Nosa Enerxía
■ Nunca presentou informes do seu traballo, malia a seren requeridos por este CR
■ Sensación de que fai o que quere, cando quere
■ Descoñecemento, malia estar no CR, do que fai e cando o fai.
Contrato
■ Oficial administrativo de primeira. Esta categoría non se corresponde coas
tarefas que desenvolve, pois as propias desta categoría son levar a
contabilidade da empresa, libros, balances, etc.
■ Categoría de titulado universitario. Non se corresponde cos seus estudos na
rama administratrativa, pois ser Enxeñeiro Ínformático, Licenciado en
Medicina ou Arquitecto, isto é, titulado superior noutras ramas do
coñecemento, non serve para ser recoñecido como tal na área
administrativa.
■ Caducidade do contrato. Pode comprenderse, que non desculparse, poñer
este asunto en tempo e forma por riba da mesa. Non pode sequera
desculparse que o propio interesado, e membro do CR, gardase silencio
sobre este asunto.
■ Sensación de que se pretende unha conversión do contrato temporal en
indefinido sen a avaliación, valoración e decisión do CR.

Vous aimerez peut-être aussi